Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR320A - Premios RSE Galicia.
Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (código de procedemento TR320A).
Tipoloxía dos premios .
Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos: Premio á Responsabilidade Social Empresarial, na cal haberá 3 categorías, pequena, mediana e grande empresa, e Mención á Conciliación, que non ten categorías independentemente do tamaño da empresa.
Valoración da empresa segundo a tipoloxía .
1. No Premio á Responsabilidade Social Empresarial, a valoración da empresa realizarase dun xeito integral nos tres ámbitos: laboral-económico, ambiental e de acción social. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:
1.1. No ámbito laboral-económico:
a) Creación de emprego de calidade e indefinido.
b) Implantación de medidas para a redución de taxas de absentismo inxustificado, enfermidades profesionais e de número de accidentes de traballo.
c) Promoción do desenvolvemento individual e profesional das persoas traballadoras mediante plans de formación, promoción e cualificación, así como desenvolvemento de actuacións e habilidades das persoas para mellorar a súa empregabilidade.
d) Políticas de dixitalización e automatización.
e) Contar con plan de igualdade ou con medidas positivas en materia de igualdade que vaian máis alá dos requerimentos legais ou convencionais.
f) Adopción de medidas para a prevención do acoso laboral, sexual e do acoso por razón de xénero.
g) Aplicar a igualdade retributiva.
h) Contar coa presenza de mulleres nos órganos de goberno e administración da empresa e outras similares.
i) Integrar un goberno responsable da empresa.
j) Sistematizar as canles de diálogo entre a empresa e os distintos grupos de interese.
k) Dispoñer dun código ético ou similar.
l) Dispoñer de órganos específicos responsables de velar pola adopción e aplicación de programas en materia de RSE e/ou de igualdade.
m) Reportar información financeira e/ou non financeira aos órganos de control.
n) Inexistencia de sancións firmes de carácter grave ou moi grave nos últimos tres anos, por incumprimento da normativa laboral.
ñ) Apoio explícito ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
o) Emprego de mulleres mozas.
p) Emprego de modelos de publicidade igualitaria e non sexista nas comunicacións comerciais.
q) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.
r) Outros criterios alegados pola empresa e que veñan fixados polos obxectivos de desenvolvemento sustentable e/ou Global Reporting Initiative (GRI), e/ou por outros esquemas ou estándares recoñecidos a nivel estatal ou internacional en materia de RSE.
1.2. No ámbito ambiental:
a) Innovacións en produtos e servizos, en sistemas ou procesos de produción, con fins ambientalmente sustentables.
b) Campañas de información, sensibilización ambiental e de economía circular entre os grupos de interese internos e/ou externos e a sociedade en xeral.
c) Plans ou actuacións de eco-eficiencia no consumo de enerxía, auga e recursos naturais.
d) Tratamento de residuos.
e) Establecemento de medidas de aforro de enerxía, reciclaxe e transportes alternativos para redución de custos.
f) Inexistencia de sancións firmes de carácter grave ou moi grave nos últimos tres anos, por incumprimento da normativa ambiental.
g) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polos obxectivos de desenvolvemento sustentable e/ou Global Reporting Initiative (GRI), e/ou por outros esquemas ou estándares recoñecidos a nivel estatal ou internacional en materia de RSE.
1.3. No ámbito de acción social:
a) Recoñecemento da diversidade.
b) Procura da igualdade de oportunidades e integración social.
c) Compromiso coa comunidade.
d) Actividades de voluntariado.
e) Inexistencia de sancións firmes de carácter grave ou moi grave nos últimos tres anos, por incumprimento da normativa social.
f) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polos obxectivos de desenvolvemento sustentable e/ou Global Reporting Initiative (GRI), e/ou por outros esquemas ou estándares recoñecidos a nivel estatal ou internacional en materia de RSE.
2. Na Mención á Conciliación distinguiranse iniciativas empresariais que de maneira significativa propicien a conciliación laboral, familiar e persoal e a corresponsabilidade. O xurado terá en conta os seguintes aspectos en que deberá destacar a empresa:
a) Medidas de usos de tempo que faciliten que o seu persoal poida organizarse mellor, á vez que se mellora a organización empresarial.
b) Promoción da igualdade efectiva entre homes e mulleres en todos os ámbitos relacionados coa actividade da empresa.
c) Dotación de salas de repouso e lactación nos centros de traballo para as traballadoras embarazadas e nais e pais nos casos de lactación.
d) Recursos e estruturas para o coidado doutras persoas.
e) Medidas que posibiliten o desenvolvemento persoal.
f) Promoción interna nos niveis en que as mulleres estean en menor proporción que os homes.
g) Modificación de roles entre mulleres e homes que posibiliten a implicación de ambos coa familia, co fogar ou co traballo.
h) Desenvolvemento de medidas innovadoras para a conciliación e a corresponsabilidade tales como: teletraballo, flexibilidade horaria, sistemas de compensación de días e horas, xornadas intensivas ou comprimidas, permisos especiais para situacións de emerxencia, xornadas especiais en períodos de vacacións escolares.
i) Incentivos a solicitude de permisos de paternidade.
j) Reducións de xornada ou excedencias para o coidado de fillos e fillas ou de persoas dependentes a cargo.
l) Outros aspectos alegados pola empresa e que veñan fixados polos obxectivos de desenvolvemento sustentable e/ou Global Reporting Initiative (GRI), e/ou por outros esquemas ou estándares recoñecidos a nivel estatal ou internacional en materia de RSE.
3. Os aspectos recollidos nos dous puntos anteriores serán reflectidos pola empresa candidata na memoria explicativa recollida no artigo 12.1.d).
Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957744
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2022 (Premios RSE Galicia 2022) (DOG nº 190 do 5 de outubro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
06/10/2022 00:00 - 05/12/2022 23:59
O prazo para a presentación das candidaturas será de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Forma de presentación das candidaturas .
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. Coa candidatura deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Criterios de valoración, segundo o establecido no anexo II.
b) No caso de ter un sitio web, deberá indicar a páxina ou páxinas que se dedican á responsabilidade social. Os sitios web deberán cumprir o disposto na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
c) Poderá achegarse o material adicional que se considere pertinente para a presentación da proposta, como fotografías ou vídeos.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes se entenderán cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electrónicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio: Non especificado
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"