Guía de procedementos e servizos

TR307A

Certificación persoal para a manipulación de gases fluorados.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Aprobar o modelo de solicitude de certificación persoal para a manipulación de gases fluorados, que figura como anexo I a esta resolución.

Só poderán solicitarse, ante esta consellería, aqueles certificados acreditativos cando a persoa estea en posesión dun certificado de profesionalidade, ou ben como consecuencia da realización da formación prevista no anexo II do R.D. 795/2010, do 16 de xuño, cando esta se realizase nun centro autorizado pola Consellería de Traballo e Benestar.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546841/ 981546806

Fax: 981544604

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Se poderá presentar a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no DOG.

As persoas solicitantes deberán cumprir os requisitos establecidos no anexo I do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.

1. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS CON SISTEMAS FRIGORÍFICOS DE CALQUERA CARGA DE REFRIXERANTES FLUORADOS:

Poderase obter por algunha das seguintes vías:

a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + posesión de:

  • Certificado de profesionalidade de Frigorista (R.D. 942/1997).

  • Certificado de profesionalidade de Mantedor de Aire Acondicionado e Fluídos (R.D. 335/1997).

  • Certificado de profesionalidade de Mantemento de Electrodomésticos (R.D. 616/2013).

  • Carné profesional de instalacións térmicas en edificios (R.D. 1027/2007) ou carné profesional de instalador/a mantedor/a de climatización (R.D. 1751/1998).

  • Técnico en Montaxe e mantemento de frío, climatización e produción de calor (R.D. 2046/1995).

  • Técnico superior en Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso (R.D. 2044/1995).

b) Curso de formación cos contidos dos Programas Formativos 1 e 2 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en empresas habilitadas polo RSIF ou RITE.

c) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 2 + experiencia de polo menos de 5 anos en empresas habilitadas polo RSIF ou RITE.

d) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade:

  • Certificado de profesionalidade de Montaxe e Mantemento de Instalacións Frigoríficas ( R.D. 1375/2009).

  • Certificado de profesionalidade de Montaxe e Mantemento de Instalacións de Climatización, Ventilación-Extracción (R.D.1375/2009).

2. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS CON SISTEMAS FRIGORÍFICOS DE CARGA DE REFRIXERANTE INFERIOR A 3 KG DE GASES FLUORADOS

Poderase obter por algunha das seguintes vías:

a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en materia de instalacións de refrixeración e aire acondicionado.

b) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3.A + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 3.B + experiencia de polo menos de 5 anos en materia de instalacións de refrixeración e aire acondicionado.

c) Curso de formación co contido do Programa Formativo 4.

d) Estar en posesión dun dos seguintes certificados de profesionalidade:

  • Certificado de profesionalidade de Frigorista (R.D. 942/1997).

  • Certificado de profesionalidade de Mantedor de Aire Acondicionado e Fluídos (R.D. 335/1997).

  • Certificado de profesionalidade de Mantemento de Electrodomésticos (R.D. 616/2013).

3. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TRANSPORTE REFRIXERADO DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CARGA DE REFRIXERANTES FLUORADOS.

Poderase obter por algunha das seguintes vías:

a) Cursos de formación cos contidos dos Programas Formativos 1 e 2 + experiencia anterior de polo menos 2 anos en empresas dedicadas ao mantemento e reparación de aplicacións non fixas de vehículos dedicados ao transporte refrixerado.

b) Curso de formación co contido do Programa Formativo 1 + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 2 + experiencia anterior de polo menos 5 anos en empresas dedicadas ao mantemento e reparación de aplicacións non fixas de vehículos dedicados ao transporte refrixerado.

4. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPAMENTOS DE TRANSPORTE REFRIXERADO DE MERCADORÍAS QUE EMPREGUEN MENOS DE 3 KG DE REFRIXERANTES FLUORADOS.

a) Curso de formación co contido do Programa Formativo 3.A + proba teórico-práctica de coñecementos sobre os contidos do Programa Formativo 3.B relativo a aplicacións non fixas de vehículos de transporte refrixerado de mercancías.

5. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE SISTEMAS FRIGORÍFICOS QUE EMPREGUEN REFRIXERANTES FLUORADOS DESTINADOS A CONFORT TÉRMICO DE PERSOAS INSTALADOS EN VEHÍCULOS.

a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 5.

6. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS QUE EMPREGUEN GASES FLUORADOS COMO AXENTE EXTINTOR.

a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 6.

7. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE DISOLVENTES QUE CONTEÑAN GASES FLUORADOS E EQUIPAMENTOS QUE OS EMPREGAN.

a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 7.

8. CERTIFICADO ACREDITATIVO DA COMPETENCIA PARA A MANIPULACIÓN DE CONMUTADORES ELÉCTRICOS FIXOS QUE CONTEÑAN GASES FLUORADOS DE EFECTO INVERNADOIRO.

a) Acreditación de ter superado un curso de formación co contido do Programa Formativo 8.

NOTAS:

*A xustificación da experiencia debe realizarse presentando a vida laboral acompañada de contratos de traballo ou unha certificación da empresa/s onde traballase, certificando dita experiencia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Certificado de profesionalidad.

  • Certificado, emitido por unha entidade de formación acreditada, de ter superado o curso específico do:

MARCAR NO RECADRO DO ANEXO I:

  • Programa de Formación 1

  • Programa de Formación 2

  • Programa de Formación 3

  • Programa de Formación 3A

  • Programa de Formación 3B

  • Programa de Formación 4

  • Programa de Formación 5

  • Programa de Formación 6

  • Programa de Formación 7

  • Programa de Formación 8

  • Acreditación de experiencia previa (vida laboral) * anos.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos

documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles (DOG nº 105 do 1 de xuño de 2011).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE nº 42 de 18 de febreiro de 2017).

    • Orde PRA/905/2017, de 21 de setembro, pola que se modifican os anexos I e II do Real Decreto 115/2017, de 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipos baseados nos mesmos, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados (BOE nº 233 de 27 de setembro de 2017).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN225A

Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano