Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR301U - Subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
A presente convocatoria ten por obxecto promover na Comunidade Autónoma de Galicia a concorrencia competitiva para a realización de accións de formación profesional no marco do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020 establecendo os requisitos de participación e criterios de valoración das propostas das accións formativas presentadas polas entidades de formación para a obtención do cofinanciamento do Fondo Social Europeo.
Accións subvencionables.
As accións que se poden beneficiar do financiamento son aquelas referidas á formación para a obtención de certificados de profesionalidade previstos no anexo I.
Estas accións formativas deberán dirixirse ás persoas novas, que poderán beneficiarse da Iniciativa de garantía xuvenil e que, conforme o previsto no Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, ou norma que o substitúa, estarán inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
As accións formativas obxecto de subvención están enmarcadas no eixe 5 do programa operativo, dentro do obxectivo temático (OT8) destinado a promover a sustentabilidade e a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral, na prioridade de investimento (8.2) (Reforzar a integración sustentable no mercado de traballo das persoas novas, en particular daquelas sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así coma das persoas novas que corran riscos de sufrir exclusión social e das procedentes de comunidades marxinais, tamén a través da aplicación da garantía xuvenil).
Obxectivo específico 8.2.2 (Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación) para a mellora da empregabilidade.
A quen vai dirixido?
No marco do Programa operativo de emprego xuvenil do FSE 2014-2020, obteñen a condición de entidades beneficiarias das subvencións a que se refire a presente convocatoria as entidades que, na data de entrada en vigor desta orde, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos pola Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das entidades beneficiarias.
Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas con carácter xeral para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, as entidades beneficiarias das axudas deberán achegar, nos prazos sinalados, os documentos que se indican a seguir tendo en conta que os datos da xestión do curso deberán introducirse en liña a través da aplicación informática SIFO que a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral porá á disposición dos centros.
Deste modo, as entidades beneficiarias deberán:
1. Requirir de cada persoa alumna, no momento da súa incorporación ao curso, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada curso:
– DNI.
– Ficha individual.
– Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos de acceso, para os cursos de novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
– Documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, se é o caso.
– Diploma do módulo transversal ou obrigatorio, de ser o caso.
– Documentos asinados polo alumnado en que se informa da subvención.
2. Como mínimo quince días antes do inicio do curso:
Introducir na aplicación informática na ficha de SIFO de inicio os seguintes datos:
– Planificación temporal.
– Programa completo, agás naquelas especialidades que teñen programación.
– Enderezo completo.
– Programación didáctica de cada módulo formativo e, se é o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, elaborada segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
– Planificación didáctica, elaborada segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
– Planificación da avaliación, cuberta de acordo co anexo V da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.
– Instrumentos da avaliación válidos e fiables, cun sistema de corrección e puntuación obxectivo.
– A relación do persoal docente que vai impartir o curso. Farase constar a súa formación metodolóxica e relación dos módulos que impartirá cada un deles.
Cada módulo formativo do certificado de profesionalidade poderá ser impartido, como máximo, por dúas persoas formadoras, que deberán cumprir cos requisitos que se establezan para cada módulo formativo no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.
Neste sentido, aquelas persoas docentes que foron consideradas acreditadas durante o ano 2016 ou durante a execución desta convocatoria entenderase que compren cos requisitos, ao abeiro desta orde de convocatoria, agás que a normativa que regula o correspondente certificado de profesionalidade sexa modificada con posterioridade á acreditación, que non se cumpran os requisitos de experiencia ou que sobreveña algunha causa que o inhabilite como formador.
As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica deberán acreditar, en materia de xénero, 150 horas de formación, de experiencia profesional ou docente, e sonlles de aplicación os mesmos criterios de equiparación da acreditación que se establecen no parágrafo anterior para as persoas docentes que impartan módulos dos certificados de profesionalidade.
– A documentación acreditativa da formación e experiencia do profesorado, cando esta non estea en poder da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
– A identificación do persoal que realizará as titorías para o reforzo formativo, impartición da docencia e avaliación dos contidos formativos dos alumnos.
– O seguro de accidentes das persoas participantes.
3. Así mesmo:
a) No momento da solicitude por parte da entidade das persoas candidatas, a oficina de emprego e o persoal orientador de Garantía Xuvenil deberán facilitar as datas de inicio e de finalización do curso que se deberán introducir na aplicación informática SIFO.
b) O día de inicio de cada curso as entidades colaboradoras deberán emitir certificación xustificativa do comezo do curso e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados na alínea anterior.
Requisitos
Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas entidades en que concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén no formulario web do anexo IV (solicitude), cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos para asumir a xestión dos cursos que solicita.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545603
Fax: 981544604
Email: sx.promocionlaboral@xunta.gal
Órgano responsable
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 22 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para os exercicios de 2017 e 2018 (DOG nº 108 do 8 de xuño de 2017).
Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 22 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2017 e 2018 (DOG nº 245 do 28 de decembro de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
09/06/2017 00:00 - 10/07/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- As persoas interesadas deberán achegar xunto co formulario web do anexo IV (solicitude) a seguinte documentación:
- a) Ficha do curso de formación profesional para o emprego no formulario web do anexo V (ficha do curso de formación profesional).
- b) Se for o caso, acreditación documental de dispor dun sistema de calidade.
- c) Se for o caso, xustificación documental da contratación de forma permanente de persoas en risco de exclusión social.
- d) Se for o caso, documentación acreditativa dos investimentos para a innovación tecnolóxica realizados no ano anterior.
- e) Se for o caso, acreditación documental da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) Documento de identidade (DNI/NIE) da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante.
- b) NIF da entidade solicitante.
- c) Que a entidade está ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non ten pagamento pendente coa Administración da Comunidade Autónoma.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Forma parte da solicitude a declaración responsable que se atenderá a través do formulario web «declaración responsable» e na cal a entidade fai constar os aspectos seguintes:
- 1. A entidade solicitante a través do seu representante declara responsablemente:
- a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
- Non se solicitou nin se lle concederon outras axudas para o proxecto e conceptos para os cales solicita esta subvención.
- Se solicitou e/ou se lle concederon outras axudas para o mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, deberán indicarse.
- b) Que en relación con outras axudas de minimis:
- Non solicitou nin se lle concedeu ningunha axuda de minimis.
- Si solicitou e/ou se lle concederon outras axudas de minimis (neste caso deberán indicarse).
- a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro. A contía total das axudas de minimis concedidas a unha empresa non poderán exceder 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.
Este limiar aplicarase independentemente da forma da axuda ou do obxectivo perseguido. As axudas de minimis non se acumularán con ningunha axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables se a dita acumulación dá lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso pola normativa comunitaria.
- c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
- d) Que está ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- e) Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- f) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2 g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
- g) Que os lugares de impartición dos cursos serán aqueles que están acreditados ou inscritos para tal fin, e que cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa.
- h) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
- i) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir na súa totalidade a execución completa dos cursos que solicita. Para estes efectos considérase que a entidade ten capacidade suficiente cando o volume de negocio do último ano sexa superior á axuda solicitada.
- j) Compromiso da subscrición do convenio ou acordo coa empresa ou empresas nas cales realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídas no certificado de profesionalidade.
- En relación á xestión de fondos EIE a entidade beneficiaria a través do seu representante declara responsablemente que, en relación co financiamento con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil:
- a) Cumprirá as obrigas derivadas dos sistemas de xestión e control, sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na presente norma:
- a.1. Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de acordo co establecido no artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013.
- a.2. Manter e custodiar toda a documentación orixinal relativa ás actuacións cofinanciadas no marco do Programa operativo 2014-2020 ata que se produza o peche deste por parte da Comisión Europea, en todo caso, ata que transcorran 3 anos a partir do 31 de decembro do ano seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.
Os documentos conservaranse ben en forma de orixinais ou de copias compulsadas de orixinais, ben en soportes de datos comunmente aceptados, en especial versións electrónicas de documentos orixinais ou existentes unicamente en versión electrónica.
- a.3. Manter un sistema de contabilidade separado para todas as transaccións relacionadas coas operacións ou actuacións que sexan obxecto de cofinanciamento comunitario ou, polo menos, dispor dunha codificación contable axeitada que permita identificar claramente as ditas transaccións.
- a.4. Someterse ás actuacións de verificación e control que no ámbito do FSE teñen atribuídas as distintas entidades de ámbito autonómico (Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma), estatal (UAFSE) ou comunitaria (Comisión Europea e Tribunal de Contas Europeo).
- b) Cumprirá as medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
- c) Respectará as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE, reguladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 decembro de 2013, e o artigo 13 do Regulamento (UE) 1304/2013, do 17 de decembro de 2013, así como a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os custos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período 2014-2020.
- d) Realizará as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados previstos no artigo 5 do Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE. No seu cumprimento deberá respectarse o principio de integridade dos datos.
- e) Dispor dunha dotación orzamentaria suficiente que permita o desenvolvemento e a sustentabilidade das actuacións.
- A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria presentarase electronicamente, mediante a presentación do documento orixinal, de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por pulgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro como en cor ou escala de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
As imaxes electrónicas que xunten as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou a persoa que a represente deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, de se dispor del.
Para a presentación da documentación complementaria, así como de calquera outra que se exixa nesta orde, empregaranse unicamente os medios electrónicos e formatos a que se refire este artigo.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"