Guía de procedementos e servizos

TR301T

Accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do programa de activación para o emprego.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 10/06/2015 00:00 - 09/07/2015 23:59
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, xestionadas pola Consellería de Traballo e Benestar, a través das súas xefaturas territoriais.

As accións formativas subvencionables serán aquelas en que se impartan:

- Especialidades formativas vinculadas a certificados de profesionalidade.

- Competencias clave de nivel 2 en lingua castelá (FCOV22), matemáticas (FCOV23), comunicación en lingua galega (FCOVXX01).

- Competencias clave de nivel 3 en lingua castelá (FCOV02), matemáticas (FCOV12), comunicación en lingua galega (FCOVXX02).

- Accións formativas vinculadas coa aprendizaxe de idiomas que figuran no anexo III.

- Accións formativas vinculadas ás competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC que figuran no anexo III.

A convocatoria das subvencións previstas nesta orde realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Todos aqueles centros e entidades de formación inscritos e acreditados no rexistro de centros e entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, naquelas especialidades formativas a que fai referencia o artigo anterior en que estean inscritas ou acreditados á data de publicación desta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Subdirección Xeral de Formación para o Emprego

Servizo de Planificación da Formación para o Emprego

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545640

Fax: 981544604

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881599

Fax: 881881576

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla, 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294261/ 982294257

Fax: 982294281

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, 79, 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386828/ 988386827

Fax: 988386829

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817685/ 986817632

Fax: 986817010

Servizo de Planificación da Formación para o Emprego

Prazo de presentación: PECHADO

10/06/2015 00:00 - 09/07/2015 23:59

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

- Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que resulte seleccionado para un curso non poderá asistir en ningún caso a outro simultaneamente. Tampouco poderá causar baixa nun curso para acceder a outro, salvo autorización expresa do respectivo/a xefe/a territorial, por causas excepcionais debidamente xustificadas.

- Terán a obriga de asistir e de seguir con aproveitamento os cursos e de facilitar a documentación que lles sexa solicitada polo centro ou entidade impartidora, segundo o artigo 9, dentro dos 10 primeiros días lectivos.

- Nos cursos de especialidades formativas correspondentes a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, terán a obriga de presentar copia da documentación acreditativa dos requisitos de acceso para poder participar no curso. Se é o caso, tamén deben presentar a documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais.

- Será causa de exclusión incorrer en máis de dúas faltas de asistencia non xustificadas nun mes ou non seguir o curso con aproveitamento segundo criterio do seu responsable.

A xustificación das faltas deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo da non asistencia. Os/as alumnos/as disporán dun prazo de 3 días hábiles para presentar no centro colaborador os xustificantes das súas faltas de asistencia. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presentasen, a falta será considerada como sen xustificar. As faltas de asistencia por actividade laboral, cun máximo de cinco ao mes, xustificaranse cunha copia do contrato de traballo.

Igualmente será causa de exclusión incorrer en cinco incumprimentos horarios nun mes, sen xustificación. Enténdese por incumprimento horario tanto o retraso na hora de entrada, como o adianto na saída ou as ausencias durante parte das horas lectivas.

Mediante resolución da persoa titular da xefatura territorial correspondente, os/as alumnos/as, logo de audiencia, poderán ser excluídos das accións formativas, por petición das entidades de formación, cando non sigan con suficiente aproveitamento a acción formativa ou dificulten o normal desenvolvemento desta. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada.

- O alumnado deberá acudir á súa oficina de emprego, unha vez rematado o curso, para cancelar a suspensión da demanda.

- Nas accións formativas de especialidades vinculadas a novos certificados de profesionalidade, os/as alumnos/as que teñan xa cursado con aproveitamento algún módulo formativo dos que integran a especialidade que estean cursando, non poderán volver a realizalo, sempre que esa formación sexa acreditable para os efectos da obtención dos certificados de profesionalidade.

  • A documentación que deberá acompañar a solicitude (Anexo I desta orde) e a seguinte:

    • a) Tarxeta de identificación fiscal da entidade, no suposto de que non autorice a súa verificación a traves do servizo de interoperabilidade correspondente.

    • b) Documento de identidade da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante, no suposto de que non autorice a súa verificación no Sistema de verificación de datos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

    • c) Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

    • d) Ficha do curso de formación profesional para o emprego (anexo II).

    • e) Compromiso de inserción de alumnos (anexo IV), se e o caso.

    • f) Declaración da experiencia do centro de formación na impartición de formación profesional (anexo V), se e o caso.

    • g) Cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a novos certificados de profesionalidade, entendendo por novo certificado de profesionalidade para os efectos desta orde, aqueles publicados a partir do ano 2008, as entidades deberán, ademais, achegar a seguinte documentación:

      • Programa formativo elaborado pola propia entidade, tomando como base para a súa elaboración o contido do correspondente certificado de profesionalidade e segundo a estrutura dun curso normalizado de formación profesional para o emprego.

      • Convenio ou acordo coa empresa ou empresas nas cales realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluída no certificado de profesionalidade.

    • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO accesible a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes , de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

      A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

      No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante, de forma electrónica, superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

      Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número do expediente e o número ou código único de rexistro.

      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas a persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015 (DOG nº 107 do 9 de xuño de 2015).

    • Corrección de erros. Orde do 29 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas beneficiarias do Programa de activación para o emprego regulado polo Real decreto lei 16/2014, do 19 de decembro, correspondente ao exercicio de 2015 (DOG nº 136 do 21 de xullo de 2015).

Outros procedementos relacionados

TR301L

Inscrición/acreditación de centros de formación para o emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301M

Mantemento da inscrición / acreditación por cambio de titularidade dun centro de formación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR301P

Accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas

Prazo aberto: 31/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR301R

Accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, non financiadas con fondos públicos.

Aberto todo o ano