Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR301K - Accións formativas para o emprego dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto as convocatorias públicas como a execución das accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras
desempregadas) xestionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Estas bases reguladoras terán vixencia temporal para o período 2023-2025. Coa publicación desta orde realízase a súa primeira convocatoria para o período 2023-2024.
1. Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións ás cales se refiren estas bases as entidades que, na data de entrada en vigor da correspondente convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados ou, de ser o caso, inscritos para impartiren formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.
De ser o caso, os centros presenciais vencellados a entidades acreditadas para impartiren especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria e situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas, para impartiren a especialidade formativa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, que a formación se imparta total ou parcialmente na modalidade de teleformación, no correspondente Rexistro estatal.
3. As entidades deberán dispor, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, das instalacións debidamente acreditadas ou inscritas que permitan a impartición das actividades presenciais das accións formativas solicitadas.
Os centros presenciais vencellados a entidades acreditadas para impartiren especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria e situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Os ditos centros non se poderán modificar durante o desenvolvemento da acción formativa.
O acordo ou convenio de vinculación entre entidades de formación deberá estar formalizado e dado de alta no Rexistro de Centros e Entidades da Comunidade Autónoma de Galicia, logo de resolución favorable da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
4. O incumprimento por parte da entidade solicitante do requisito de acreditación ou inscrición en prazo para algunha das especialidades formativas solicitadas dará lugar das exclusión de ditas accións formativas da solicitude.
5. As entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual, nos termos establecidos nesta orde e nas instrucións que ao respecto publique a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
6. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 7.6 da Orde EFP/942/2022, do 23 de setembro.
A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estaren incursas en ningunha das ditas circunstancias, realizarase mediante unha declaración responsable incluída no modelo de solicitude definido no anexo II de cada convocatoria, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, obradoiros e instalacións en xeral, para asumir a xestión da totalidade dos cursos que solicita, que dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que a porá á disposición da administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
7. As accións formativas incluídas nas solicitudes que presentarán as entidades e o número de accións formativas deberán aliñar a oferta formativa que se prevé impartir coa demanda de formación do mercado laboral e do potencial alumnado a que van dirixidas.
8. Será requisito para conceder subvencións a entidades locais titulares de entidades ou centros de formación que cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4 Espazo Amizar
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881564
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294887
Email: formacionecolocacion.emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación de Ourense
Avenida da Habana, nº 79, 6º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386104/ 988687325
Email: formacionecolocacion.emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación para O Emprego e Orientación de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817064
Email: servizo-formacion.ctb.vigo@xunta.gal
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (DOG nº 95 do 22 de maio de 2023).
Extracto da Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (DOG nº 95 do 22 de maio de 2023).
Resolución do 31 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2023-2024 (DOG nº 170 do 7 de setembro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
23/05/2023 00:00 - 22/06/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día da entrada en vigor da orde, de conformidade co disposto na disposición derradeira segunda.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo II, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude ou a documentación presencialmente, será requirida para que a emende mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou a correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
No caso de que o requirimento afecte só algunha das accións formativas da solicitude, entenderanse como desistidas unicamente tales accións, e continuarase a tramitación da solicitude.
Non se admitirán a trámite e, por conseguinte, non existirá a posibilidade de emenda, as solicitudes presentadas fóra de prazo.
2. As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial en cuxa provincia se imparta a correspondente acción formativa.
No suposto de que a formación se imparta na modalidade mixta ou de teleformación, a solicitude deberá dirixirse á xefatura territorial da provincia en que estea localizado o centro en que se impartirá a parte presencial da acción formativa.
Cada entidade de formación poderá presentar unha única solicitude por provincia, e incluirá nela, dentro da súa capacidade real de execución e con respecto aos límites e requisitos que se determinan nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria, todas e cada unha das accións formativas para as cales solicita subvención nos correspondentes centros de cada provincia.
Para os posibles efectos de desempate, as accións formativas para as cales se solicita subvención deberán ir ordenadas en función da prioridade de impartición que lles outorgue a entidade solicitante.
Non se poderán formular solicitudes de subvencións para impartir accións formativas que teñan previsto comezar nunha data anterior ao prazo ou data que, de ser o caso, se estableza para cada convocatoria.
3. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria relacionada no artigo 8 desta orde.
Declaración responsable que forma parte da solicitude .
1. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:
a) Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
• Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.
• De se solicitar e/ou conceder outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
c) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no número 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 7 da Orde EFP/942/2022, do 23 de setembro.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que coñece as estipulacións desta orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.
g) Que os lugares e as modalidades de impartición das accións formativas serán aqueles para os que están acreditadas ou inscritas para tal fin, e que son aptos e cumpren e manterán as condicións e os requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos e tecnolóxicos tidos en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.
h) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como, de ser o caso, de aulas, obradoiros e instalacións en xeral, para asumir na súa totalidade a execución completa das accións formativas que solicita.
i) Que, na modalidade presencial e na parte presencial da modalidade de teleformación ou mixta, no caso de que se solicite impartir máis dunha especialidade por aula física, esta dispón dos medios exixidos e cumpre cos requisitos establecidos para impartir as especialidades solicitadas.
j) Que a entidade dispón da documentación que acredita o cumprimento dos anteriores aspectos e que a porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
k) Que, de ser o caso e de acordo co disposto no artigo 21.10 desta orde, as pegadas dixitais do alumnado e persoal docente, rexistradas pola propia entidade formadora para o seguimento e control das actividades formativas presenciais ou daqueloutras actividades en que expresamente se estableza, se corresponden coas das persoas que din ser.
2. A presentación dunha declaración responsable que falsee ou oculte circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alteren a puntuación obtida na baremación, terá a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Coa finalidade de garantir o veracidade das declaracións responsables contidas neste artigo, poderán realizarse comprobacións durante calquera das fases do procedemento por parte do persoal técnico das xefaturas territoriais, das cales poderán derivar, de ser o caso, as consecuencias sinaladas neste punto para os supostos de falseamento do contido das declaracións responsables.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:
a) Ficha das accións formativas que se solicitan, anexo III.
b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
c) De ser o caso, acreditación documental vixente, emitida por entidade certificadora acreditada, de que a entidade dispón, en todos ou en parte dos centros de formación en que solicita impartir accións formativas, dun ou de varios dos sistemas de xestión de calidade, seguridade, xestión ambiental e/ou responsabilidade social, relativos á súa actividade de formación profesional para o emprego, de entre os recollidos no artigo 14.1.f) desta orde.
A norma ou certificado concreto acreditado para cada centro de formación especificarase na ficha da acción formativa.
d) De ser o caso, acreditación documental de que a entidade dispón dun plan de igualdade:
• Para as empresas que contratasen persoal na Comunidade Autónoma de Galicia nun número inferior a 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores á data de entrada en vigor desta orde, acreditación documental de que a empresa solicitante dispón, de ser o caso, dun plan de igualdade de xénero en vigor e inscrito no correspondente rexistro, ou acreditación de telo presentado, estando pendente de resolución, para a súa inscrición no rexistro na data límite de presentación da solicitude.
• Para as empresas que contratasen persoal na Comunidade Autónoma de Galicia nun número igual ou superior a 50 persoas traballadoras de media nos seis meses anteriores á data de entrada en vigor desta orde, acreditación de dispor dun plan de igualdade negociado, de acordo co previsto no artigo 5 do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e ter implantadas, cando menos, o 25 % das medidas previstas nel.
A acreditación do cumprimento da citada porcentaxe realizarase mediante a presentación dunha declaración responsable de ter implantadas un mínimo do 25 % das medidas previstas no plan de igualdade. A declaración estará asinada e deberá incluír unha memoria explicativa na cal se detallen as medidas do plan de igualdade xa implantadas e as pendentes de implantación, con indicación expresa da porcentaxe de medidas previstas implantadas en relación co total de medidas que inclúe o plan.
e) De ser o caso, cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a certificados de profesionalidade, as entidades deberán achegar no anexo III o compromiso da subscrición do convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluído no certificado de profesionalidade.
f) De ser o caso, naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite, de acordo co disposto no artigo 24.6 desta orde, a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos do programa formativo que estea previsto realizar utilizando este medio.
A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, así como o calendario de sesións presenciais e de exames que se van realizar.
g) De ser o caso, xustificación documental de ter cumprido co compromiso de inserción laboral na execución das accións formativas concedidas nas convocatorias correspondentes do procedemento TR301K.
O cumprimento do compromiso de inserción deberá acreditarse de maneira fidedigna por calquera medio válido xuridicamente, por exemplo a través dunha declaración responsable en que se indique o NIF da ou das empresas onde se inseriu o alumnado durante os 12 meses seguintes ao remate da acción formativa correspondente ou, cando proceda, a alta no réxime de persoas traballadoras autónomas.
No suposto de que o 100 % do alumnado que se propuxo inserir laboralmente sexan persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial recoñecida polo organismo competente, con esta documentación xuntarase unha declaración responsable asinada de que o 100 % das persoas inseridas son persoas con discapacidade.
h) Xustificación documental de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que estean obrigadas segundo o establecido no artigo 223 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no caso de tratarse de entidades locais.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. A documentación complementaria, tanto a presentada na solicitude como noutras fases do procedemento, achegarase electronicamente mediante a presentación do documento orixinal, de se tratar dun documento dixital, ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto no Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.
4. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou gradación de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figuren no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de cinco (5) anos desde a presentación da imaxe electrónica.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada neste artigo.
A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os correspondentes documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación da solicitude e documentación complementaria .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban efectuar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática SIFO, e deberá adecuarse a presentación da documentación derivada das notificacións efectuadas pola Administración ao disposto no artigo 11.6 desta orde.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"