Guía de procedementos e servizos

SI451B

Subvencións mobilidade xeográfica mulleres vítimas de violencia de xénero.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 19/05/2021 00:00 - 30/11/2021 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión de subvencións destinadas a facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se viran obrigadas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.

2. A finalidade das axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sufriron violencia machista e apoialas no comezo dunha nova vida ou situación libre de violencia.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2021.

3. Considerarase que existe mobilidade xeográfica cando, como consecuencia da contratación por conta allea ou polo establecemento por conta propia, se produza un traslado efectivo da residencia habitual na Comunidade Autónoma de Galicia a outra localidade de destino que se atope a máis de 50 quilómetros da localidade de orixe.

Subvencionarase a mobilidade xeográfica dentro da Comunidade Autónoma de Galicia ou ben desde a Comunidade Autónoma de Galicia a outras localidades situadas dentro do territorio español.

4. As axudas recollidas na presente resolución recoñeceranse cando o traslado se producira con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.

5. O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI451B.

6. O procedemento de concesión destas subvencións tramítase mediante o réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo a cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación cando, polo obxecto e pola finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da mesma lei.

Tipos e contía das subvencións.

Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:

1. Gastos de desprazamento.

Esta subvención destinarase a cubrir os gastos de desprazamento da beneficiaria, así como os dos familiares ao seu cargo que convivan con ela, desde a localidade de orixe ao da nova residencia. Cando o desprazamento se realice en liña regular de transporte público, a contía máxima da axuda será o importe do billete ou pasaxe dentro da tarifa correspondente á clase segunda, turista ou equivalente. Se se utiliza para o desprazamento o vehículo particular, a contía máxima da axuda será a establecida para o efecto nas administracións públicas como indemnización por uso de vehículo particular a que se engadirá o importe das peaxes que se xustifiquen.

2. Gastos de transporte de mobiliario e enseres.

Esta subvención destinarase a cubrir os gastos polo traslado de mobiliario e enseres desde a localidade de orixe á do novo destino na contía do custo do dito traslado, ata un máximo de 4 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) mensual vixente.

3. Gastos de aloxamento.

Esta subvención destinarase a cubrir os gastos xerados polo aloxamento, incluíndo o alugueiro ou adquisición de vivenda, ou outros gastos de hospedaxe da beneficiaria e dos familiares ao seu cargo que convivan con ela, na localidade de novo destino durante os doce primeiros meses de vixencia do contrato de traballo ou das súas modificacións e polo traballo realizado por conta propia. A contía máxima da axuda será de 10 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) mensual vixente. Para o cálculo da contía que se vai aboar multiplicarase o número de días en que a muller permanecese traballando por conta allea ou propia na nova localidade polo indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario.

4. Gastos de gardaría e de atención a persoas dependentes.

Esta subvención destinarase a cubrir os gastos por asistencia a gardarías ou centros de ensino durante o primeiro ciclo de educación infantil dos/das fillos/as das beneficiarias que dependan economicamente dela ou por atención das persoas dependentes ao seu cargo, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, xerados durante os doce primeiros meses de vixencia do contrato, ou das súas modificacións, e polo traballo realizado por conta propia na nova localidade. A contía máxima da axuda será de 4 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) mensual vixente con independencia do número de fillos ou persoas dependentes ao seu cargo. Para o cálculo da contía que se vai aboar multiplicarase o número de días en que a muller permanecese contratada por conta allea ou propia polo indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) diario.

Mulleres vítimas de violencia de xénero.

Obrigas das persoas beneficiarias.

Son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial as seguintes:

1. Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

2. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

3. Así mesmo, teñen a obriga de comunicar calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias que fundamentan o dereito a percibir estas axudas, de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Secretaría Xeral da Igualdade e de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Edificio Advo San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545361, 981957268

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

19/05/2021 00:00 - 30/11/2021 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2021.

De acordo co disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o prazo de presentación de solicitudes de subvencións establecidas nas correspondentes convocatorias en ningún caso será inferior a un mes.

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta resolución as mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran os seguintes requisitos:

1. Que acrediten a súa situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

En todo caso, a documentación acreditativa da situación de violencia de xénero debe estar emitida no prazo dos 24 meses anteriores ao cambio de residencia.

Para os efectos desta resolución tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.

2. Que teñan cesado a relación de convivencia co seu agresor.

3. Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o IPREM vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude.

Unicamente se terán en conta as rendas ou ingresos de que dispoña ou poida dispoñer a solicitante da axuda, sen que se computen para estes efectos as rendas ou ingresos doutros membros da unidade familiar que convivan coa vítima.

Solicitude.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, asinado pola persoa solicitante ou pola persoa representante legal, de ser o caso.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

1. Documentación común para todas as subvencións:

a) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

b) Documentación que acredite os ingresos declarados no anexo I da persoa solicitante (nóminas, recibos ou calquera outro documento acreditativo).

c) Copia do libro de familia, certificación expedida polo Rexistro Civil ou calquera outro documento que acredite fidedignamente a relación materno filial e de parentesco coa persoa familiar dependente, se é o caso.

d) Certificado histórico de empadroamento.

e) Contrato de traballo ou documento acreditativo da contratación onde se indique a data de inicio e data fin.

f) Documento de alta no réxime especial de traballadores autónomos (modelo 036 ou 037).

2. Documentación específica para cada tipo de subvención:

2.1. Documentación para a axuda de gastos de desprazamento:

a) Billete/s, pasaxe/s e peaxes, se é o caso, e xustificante/s do seu pagamento.

2.2. Documentación para a axuda de gastos de transporte de mobiliario e enseres.

a) Facturas acreditativas do gasto realizado no transporte de mobiliario e enseres e documentos acreditativos do seu pagamento.

2.3. Documentación para a axuda de gastos de aloxamento.

a) Facturas ou recibos correspondentes aos gastos derivados da hospedaxe así como a documentación acreditativa do seu pagamento, se é o caso.

b) Contrato de alugueiro e documentos acreditativos do seu pagamento, se é o caso.

c) Contrato de compravenda de vivenda, se é o caso.

2.4. Documentación para a axuda de gastos de gardaría e de atención a persoas dependentes.

a) Facturas correspondentes a garderías e centros de ensino e documentación acreditativa do seu pagamento, se é o caso.

b) Facturas correspondentes aos gastos derivados do coidado de persoas dependentes e documentación acreditativa do seu pagamento, se é o caso.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. As solicitantes deberán comunicar á Secretaría Xeral da Igualdade calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza co fin de axilizar a instrución do procedemento.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de residencia legal da persoa solicitante estranxeira.

d) Certificado de datos de residencia con data de última variación.

e) Informe de vida laboral dos últimos 12 meses.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 91 do 18 de maio de 2021).

    • Extracto da Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 91 do 18 de maio de 2021).

Outros procedementos relacionados

SI429A

Programa EMEGA

Tramitar en liña

Prazo pechado: 28/08/2024 00:00 - 27/09/2024 23:59

SI450A

Renovación das vogalías correspondentes ás entidades no Consello Galego das Mulleres.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/10/2018 00:00 - 18/10/2018 23:59

SI451A

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e acccións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 11/03/2025 00:00 - 10/04/2025 23:59

SI452A

Programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 21/09/2023 00:00 - 20/10/2023 23:59