Guía de procedementos e servizos

SI434C

Axudas económicas para mulleres,nenas e nenos vítimas de violencias sexuais

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 24/08/2026 09:00 - 30/10/2026 20:00

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A concesión da axuda prevista no artigo 41 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual e a súa convocatoria para o ano 2026 para proporcionarles apoio económico ás mulleres vítimas de violencias sexuais.

Mulleres, nena ou neno vítimas de violencias sexuais.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Prevención e Atención ás Vítimas

Edificio Administrativo San Lázaro

15770  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957784

Email: vx.igualdade@xunta.gal

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

24/08/2026 09:00 - 30/10/2026 20:00

O prazo para a presentación de solicitudes comezará transcorridos cinco días hábiles desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de outubro de 2026. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte, cunha hora de inicio non antes das 9.00 horas e a hora fin de prazo ata as 20.00 horas.


1. Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante deberá reunir, na data de solicitude da axuda, os seguintes requisitos:

a) Ser muller, nena ou neno vítima de violencia sexual segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, en España, con independencia da súa nacionalidade e da súa situación administrativa, ou no estranxeiro, sempre que sexan de nacionalidade española. Esta condición acreditarase mediante algún dos documentos establecidos no artigo 9.1.a).

b) Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. No caso de vítimas menores de idade ou economicamente dependentes da unidade familiar, o cómputo mensual das rendas da unidade familiar non poderá exceder dúas veces o salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias, ou de tres veces o salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias no caso de familias integradas por catro ou máis membros, ou que teñan recoñecida a súa condición de familia numerosa de acordo coa normativa vixente.

d) Ter acreditada a condición de vítima de violencia sexual conforme se establece no artigo 9.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia sexual. As situacións de violencias sexuais que dan lugar ao recoñecemento do dereito a esta axuda económica acreditaranse mediante algún dos seguintes documentos:

1º. Orde de protección ou calquera outra resolución xudicial que acorde unha medida cautelar a favor da vítima.

2º. Sentenza condenatoria por calquera das manifestacións de violencia sexual previstas no artigo 3.1 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro.

3º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a solicitante é vítima de violencias sexuais.

4º. Informe dos servizos sociais, dos servizos especializados en igualdade e contra a violencia de xénero, ou dos servizos de acollida destinados a vítimas de violencias sexuais da Administración pública competente.

No caso de que a vítima sufrise violencias diferenciadas, no informe deberá facerse constar, e explicar de xeito claro e conciso, os distintos feitos que deron lugar ás violencias diferenciadas e que se acreditan de forma separada.

Estas acreditacións administrativas serán expedidas polas entidades e organismos habilitados polas administracións públicas competentes e de conformidade co procedemento acordado na Resolución do 10 de decembro de 2025, da Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Igualdade, do 17 de novembro de 2025, relativo á acreditación das situacións de violencias sexuais.

5º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social, nos casos obxecto de actuación inspectora ou sentenza recaída na orde xurisdicional social.

6º. Informe emitido polos servizos públicos encargados da atención integral a estas vítimas ou por entidades sociais especializadas debidamente recoñecidas polas administracións públicas competentes na materia, no caso de vítimas de violencia sexual derivada da situación de vítima de trata con fins de explotación sexual.

Para ese efecto, resultará de aplicación o disposto no artigo 47 do Real decreto lei 6/2022, do 29 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, no Acordo da Conferencia Sectorial de Igualdade do 27 de maio de 2022, relativo á acreditación administrativa da condición de vítima de trata de seres humanos e/ou explotación sexual, e noutras normas e acordos específicos sobre trata que puidesen aprobarse no futuro.

7º. Documentos sanitarios oficiais de comunicación á Fiscalía ou ao órgano xudicial, no caso de vítimas menores de idade.

b) No caso de que a solicitante teña ao seu cargo, polo menos, un familiar por consanguinidade ou afinidade, deberá achegar a seguinte documentación:

1º. Documentación para acreditar o vínculo familiar: libro de familia ou outro documento que acredite os vínculos familiares da solicitante coas persoas ao seu cargo.

No caso de menores acollidas/os a cargo, resolución administrativa ou xudicial de acollemento, nos supostos en que esta fose expedida por unha Administración distinta da Administración autonómica de Galicia.

2º. Documentación para acreditar que está/n ao seu cargo: se houbese convivencia cos/cas familiares a cargo, presentarase a resolución xudicial de custodia, informe dos servizos sociais, certificado de empadroamento colectivo onde consten todos os membros da unidade familiar e/ou calquera outra documentación que acredite suficientemente as responsabilidades familiares e a convivencia.

De non existir convivencia, presentarase o convenio regulador ou resolución xudicial en virtude dos cales exista obriga de alimentos.

c) Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso, nómina, recibo ou xustificantes de rendementos do traballo ou de actividades económicas por conta propia ou allea. No caso de opoñerse á consulta de datos, deberá achegar tamén as resolucións ou recibos de calquera pensión, prestación ou subsidio que estivesen a percibir a solicitante ou demais membros da unidade familiar.

d) Acreditación da discapacidade da solicitante e/ou das/dos familiares a seu cargo ou menores acollidas/os, nos supostos en que fose expedida por unha Administración distinta da Administración autonómica de Galicia, de ser o caso.

e) Anexo II de comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, de ser o caso.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. As solicitantes deberán comunicar á Consellería de Política Social e Igualdade calquera modificación que se produza nos datos indicados na súa solicitude ou en calquera dos documentos que a acompañan. Esta variación comunicarase no momento en que se produza, co fin de axilizar a instrución do procedemento.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a da persoa representante.

c) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante, cando a representación se faga a través dunha entidade xurídica.

d) Certificado ou volante de empadroamento, onde conste o domicilio da solicitante, con data da última variación padroal.

e) Certificado ou resolución do Servizo Público de Emprego Estatal en que consten os importes da prestación de desemprego percibidos na data actual da solicitante e/ou dos/das familiares a cargo.

f) Certificado ou resolución do Servizo Público de Emprego Estatal en que consten os importes da prestación de desemprego percibidos nun período da solicitante e/ou dos/das familiares a cargo.

g) Certificado de titularidade de bens catastrais da persoa solicitante e/ou dos/das familiares a cargo.

h) Certificado de datos catastrais dos inmobles integrantes do patrimonio da persoa solicitante e/ou dos/das familiares a cargo.

i) Certificado de valor de referencia dun inmoble da persoa solicitante e/ou dos/das familiares a cargo.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Resolución administrativa de acollemento familiar emitida pola Administración autonómica de Galicia.

b) Certificado de discapacidade emitido pola Administración autonómica de Galicia da solicitante e/ou dos/das familiares ou menores acollidos/as.

c) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da solicitante e/ou dos/das familiares a cargo a data concreta.

d) Consulta de prestacións e datos económicos da tarxeta social dixital da solicitante e/ou dos/das familiares a cargo.

e) Certificado da renda (IRPF).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Ley orgánica 10/2022, del 6 de septiembre, de garantía integral de la libertad sexual

    • Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (BOE nº 313 do 29 de decembro de 2004).

    • Real Decreto 664/2024, de 9 de julio, por el que se regulan las ayudas económicas a víctimas de violencias sexuales, y por el que se modifica el Real Decreto 1452/2005, de 2 de diciembre, por el que se regula la ayuda económica establecida en el artículo 27 de la Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de medidas de protección integral contra la violencia de género (BOE nº166 do 10 de xullo de 2024)

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de agosto de 2026 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas económicas a vítimas de violencias sexuais establecidas no artigo 41 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 153 do 14 de Agosto de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS215A

Axudas dirixidas a persoas con esclerose lateral amiotrófica ou dos seus fenotipos

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/08/2026 00:00 - 03/11/2026 23:59

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano