Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

SI429A - Programa EMEGA.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 05/08/2017 - 04/09/2017.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De acordo co disposto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co disposto no artigo 31 dous da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, considérase que o colectivo ao cal vai dirixido estas axudas, empresarias individuais e empresas societarias constituídas por mulleres, teñen acceso e dispoñibilidade aos medios electrónicos necesarios.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II: relación das promotoras e das traballadoras por conta allea, así como dos postos de traballo por conta allea para mulleres que se comprometen a crear, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

b) Anexo II bis: comprobación de datos das promotoras.

c) Anexo III: declaración e compromiso expreso de realización dun investimento en inmobilizado material ou intanxible superior ao mínimo exixido.

d) Anexo VI: para o caso das sociedades civís e comunidades de bens, ademais da declaración de axudas referida á empresa no anexo I, deberán presentar unha declaración de axudas por cada unha das promotoras no modelo anexo VI.

e) Documento de constitución da comunidade de bens, sociedade civil ou da sociedade mercantil, así como a documentación acreditativa de representación suficiente para actuar en nome da entidade.

f) Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria relativa á situación da alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria en que necesariamente debe figurar, entre outros, a data de alta, o domicilio fiscal e social e a localización do establecemento comercial ou de produción.

g) Documentos de alta das promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social (resolución sobre recoñecemento de alta) ou en mutualidade de colexio profesional.

h) Informe da vida laboral actualizado das promotoras emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou, de ser o caso, certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela e sinalando se presupón ou non exercicio da actividade.

i) Para o caso de promotoras vítimas de violencia de xénero, documentación acreditativa desta situación segundo o previsto no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

k) Para o caso de persoas solicitantes ou promotoras cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, certificación acreditativa desta situación no caso de que esta non fose emitida pola Xunta de Galicia.

l) Liña Innova: memoria descritiva das funcións e tarefas que se van desenvolver en cada un dos novos postos de traballo para mulleres vinculados ao proxecto (máximo unha folla por posto de traballo) e, de estar xa contratada ou seleccionada, un breve currículo da persoa que ocupe o posto obrigatorio.

m) Liña Activa: informe de vida laboral de todos os códigos de cotización da empresa que abrangue o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 ata a actualidade.

n) Liña ITEF: un breve currículo das promotoras e das persoas traballadoras por conta allea, de estaren xa contratadas ou seleccionadas, con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía en que se basea a iniciativa empresarial.

ñ) Plan de negocio empresarial, que se deberá presentar obrigatoriamente no modelo correspondente á liña de axuda solicitada publicado na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.

o) Axuda complementaria Concilia-promotoras: copia do libro de familia.

p) Axuda complementaria Concilia-persoas traballadoras por conta allea, para o suposto previsto na letra a) do artigo 11.3 desta resolución: copia do acordo ou pacto de conciliación ou, para o caso de non estar aínda formalizado na data da presentación da solicitude, unha memoria asinada pola solicitante que recolla a proposta das medidas de conciliación que se pretenden implantar na empresa, con indicación do número de persoas traballadoras a que vai dirixido.

q) Axuda complementaria Concilia-persoas traballadoras por conta allea, para o suposto previsto na letra b) do artigo 11.3 desta resolución: copia dos acordos de teletraballo ou, para o caso de non estar aínda formalizados na data da presentación da solicitude, unha memoria asinada pola solicitante que recolla a proposta dos termos e contidos do teletraballo, con indicación do número de acordos que van formalizar.

r) Calquera outra documentación que a solicitante entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude ou para un maior detalle na descrición do proxecto empresarial (máximo seis follas).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificacións de estar ao día nas súas obrigas coa AEAT, coa Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes á entidade ou á persoa física solicitante.

e) Certificado do grao de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia correspondente á persoa física solicitante.

f) Certificacións de estar ao día nas súas obrigas coa AEAT, coa Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ás promotoras das sociedades civís e comunidades de bens solicitantes.

g) Certificado do grao de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia correspondente ás promotoras das sociedades civís, comunidades de bens e sociedades mercantís solicitantes.

h) Certificado do grao de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia correspondente ás traballadoras por conta allea.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

San Lazaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981545351 Fax: 981957690
Email: promocion.igualdade@xunta.es
Información web: http://www.mulleresengalicia.es

1. Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras das axudas do programa Emega para fomentar o emprendemento feminino en Galicia e proceder á súa convocatoria no ano 2017 (procedemento SI429A).

2. O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Co dito fin, o programa Emega (procedemento SI429A) comprende as seguintes liñas e axudas complementarias:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.

c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas, en ningún caso, poderán supor destrución do emprego existente por conta propia e allea.

d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

e) Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

f) Dual: axuda complementaria para incentivar a participación no programa de titorización que estableza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria a través das liñas Emprende, Activa, Innova ou ITEF.

3. O procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A súa xestión realizarase de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fxados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Beneficiarios:

As empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta resolución, así como na normativa xeral de subvencións, en particular, as exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento.

Requisitos:

1. Requisitos comúns a todas as liñas de axuda:

a) Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequena empresa validamente constituída, baixo calquera forma xurídica segundo o sinalado no punto 2.b) deste artigo.

Para estes efectos, teñen a categoría de microempresas as unidades económicas que ocupan menos de dez persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supere os dous millóns de euros, e de pequena empresa as unidades económicas que ocupan menos de 50 traballadores e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supere os dez millóns de euros.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as empresas públicas ou participadas, agás que se trate de participacións minoritarias de carácter temporal ou préstamos participativos a través dalgún instrumento de apoio financeiro á iniciativa emprendedora, acordes coa previsión contida no capítulo IV, do título II, da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

b) A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

Nas empresas de tipo societario, a administración da empresa teñen que exercela mulleres e o capital social estar maioritariamente subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas e integramente subscrito por elas cando se trate de microempresas, agás que a participación proveña de instrumentos de apoio financeiro á actividade emprendedora consonte o sinalado no último parágrafo do punto anterior. Polo tanto, a participación destes instrumentos de apoio financeiro terase en conta, xunto coas achegas delas, para os efectos de verificar o cumprimento do requisito exixido neste artigo relativo á titularidade maioritaria ou, se é o caso, íntegra do capital social.

Excepcionalmente, no caso da liña ITEF, calquera que sexa o tamaño da empresa, admitirase a participación de persoas que colaboraron no desenvolvemento do proxecto de investigación base da iniciativa empresarial, sempre que a maioría do capital social sexa titularidade das mulleres emprendedoras e a administración da empresa a exerzan mulleres.

c) Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de produción ou comercial, en Galicia.

d) As promotoras das empresas beneficiarias das axudas deben estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e estar vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela.

Para os efectos deste programa non se terán en conta as autónomas colaboradoras.

e) Ter iniciado a actividade económica e a actividade laboral nos termos exixidos para cada tipo de axuda nesta resolución.

Para os ditos efectos, o inicio do exercicio efectivo da actividade económica acreditarase mediante a xustificación da alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e o inicio da actividade laboral mediante a acreditación da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, na mutualidade de colexio profesional, para o cal terase en conta a data de efectos da alta.

f) A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financeira, o que deberá quedar reflectido no plan de negocio empresarial.

g) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da interesada.

h) Non ter percibido axudas ao abeiro do programa Emega nos tres anos anteriores á data do inicio da actividade económica no caso das liñas Emprende e ITEF. No caso das liñas Activa e Innova, nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria.

De telas percibido, o dito prazo computarase desde a data da notificación da resolución de concesión da anterior axuda.

2. Os requisitos e condicións para seren beneficiarias deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período mínimo de permanencia da actividade e do mantemento dos postos de traballo (dous anos), de acordo co disposto no artigo 25 desta resolución.

3. Así mesmo, deberán acreditar a realización dun investimento mínimo en inmobilizado material ou intanxible non inferior aos límites establecidos para cada liña de axuda no artigo 6 desta resolución.

AUTONÓMICA

Resolución do 3 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Resolución do 31 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2017).

AUTONÓMICA

Resolución do 31 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2017 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2017).

Prazo de presentación pechado (05/08/2017 - 04/09/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional