Guía de procedementos e servizos

SA655B

Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento
O obxecto desta orde é establecer o procedemento para a tramitación e xestión das solicitudes de formación práctica de alumnos/as de universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia en centros asistenciais adscritos ao Servizo Galego de Saúde.
Estudantes das titulacións universitarias correspondentes as profesións definidas na Lei 44/2003, do 21 novembro, de ordenación das profesións sanitarias, que no momento da solicitude superasen o 50% dos créditos da súa titulación nos plans renovados ou se encontren nos dous últimos cursos dos plans non renovados.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Área de Xestión do Coñecemento e Talento

Servizo de Docencia (ACIS)

Avda. Fernando de Casas Novoa, 37 - Ed. CNL. Portal A 1º (San Lázaro)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542887

Fax: 981554824

Email: acis@sergas.es

Servizo de Docencia (ACIS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.

A presente orde será de aplicación cando a solicitude de colaboración emitida por un centro universitario teña un carácter ocasional, non sendo previsible que dita colaboración perdure no tempo.

  • Solicitude segundo anexo I.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    • Orde do 13 de novembro de 2007 pola que se establece o procedemento para tramitación e xestión das solicitudes de formación práctica de alumnos/as de universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia en centros asistenciais adscritos ao Servizo Galego de Saúde (DOG nº 238, do 11 de decembro de 2007)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE609E

Bolsas de formación en materia de investigación mariña de persoas con titulación superior.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/10/2025 00:00 - 10/11/2025 23:59

SA653A

Autorización das industrias transformadoras da especie acanthocardia tuberculatum.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA659D

Inscrición no rexistro oficial de establecementos e servizos biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA659E

Libro oficial de movemento de biocidas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano