Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
SA648A - Certificado técnico-sanitario de vehículos de transporte sanitario.
O obxecto do presente decreto é regular :
a) O transporte sanitario terrestre que transcorra integramente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As características técnicas, equipamento sanitario e dotación de persoal, dos vehículos de transporte sanitario por estrada.
c) As certificacións técnico-sanitarias dos vehículos de transporte sanitario por estrada.
d) Os requisitos mínimos de formación do persoal que preste servizos en vehículos de transporte sanitario.
e) O procedemento de expedición de certificacións nos supostos de habilitación por experiencia profesional acreditada.
f) O réxime xurídico do Rexistro de Transporte Sanitario.
Obrigatoriedade .
1. Os vehículos de transporte sanitario a que se refire o presente decreto deberán contar coa correspondente certificación técnico-sanitaria, expedida pola xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade, tendo en conta o lugar en que se domicilie a autorización de transporte sanitario na cal pretendan ampararse.
2. Para a expedición da citada certificación, os vehículos deberán reunir as características técnicas e as dotacións previstas neste decreto. As certificacións estarán referidas a un vehículo concreto, e deberán presentarse no momento da inspección do vehículo na entidade concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos (ITV).
3. A citada certificación non exime nin substitúe a obtención doutras autorizacións ou permisos, para cuxo outorgamento sexan competentes outras consellerías da Xunta de Galicia, ou outras administracións, segundo o previsto na normativa vixente en materia de transporte.
Expedición das certificacións técnico-sanitarias .
1. As certificacións outorgadas documentaranse mediante a expedición dun certificado en que conste:
a) Titularidade e domicilio indicado no permiso de circulación do vehículo.
b) Matrícula.
c) Número de bastidor.
d) Clase e antigüidade do vehículo.
e) Data de expedición e renovación da certificación técnico-sanitaria.
2. A certificación técnico-sanitaria deberá ir, en todo momento, xunto coa documentación do vehículo.
3. O órgano concedente remitirá copia das certificacións técnico-sanitarias expedidas ao Rexistro de Transporte Sanitario.
Vixencia e renovación .
1. As certificacións técnico-sanitarias outorgaranse por un prazo de duración de dous anos para vehículos novos e anual a partires do segundo ano de antigüidade, ata os 10 anos que fixa como antigüidade máxima o artigo 32.a) da Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, que desenvolve o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres en materia de transporte sanitario por estrada.
2. Con independencia da duración da certificación, o órgano competente para o seu outorgamento poderá, cando o considere oportuno, comprobar o cumprimento das condicións que o xustificaron e proceder ás inspeccións pertinentes.
3. Os/as titulares de vehículos de transporte sanitario deberán solicitar a renovación da certificación técnico-sanitaria correspondente a cada un destes con, polo menos, un mes de antelación ao remate do prazo de vixencia da anterior; para tal efecto presentará a documentación prevista para a solicitude de outorgamento da certificación.
A renovación poderase solicitar mentres o vehículo non cumpra o prazo de antigüidade máxima indicado no parágrafo 1 do artigo 12 deste decreto.
4. De non solicitarse a renovación en prazo, a certificación perderá a súa validez.
Os propietarios de vehículo destinado a realizar desprazamentos de persoas enfermas, accidentadas, ou por outra razón sanitaria.
Para a obtención da certificación técnico-sanitaria será necesario acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos :
a) O vehículo deberá estar matriculado e habilitado para circular e non poderá superar a antigüidade de 10 anos, contados desde a súa primeira matriculación.
b) Deberá estar vixente a última inspección técnica periódica que, segundo as normas vixentes en materia de industria, legalmente corresponda realizar en relación co vehículo.
c) O vehículo deberá cumprir as condicións técnico-sanitarias que para cada clase de vehículo se exixen no presente decreto e no Real decreto 836/2012, do 25 de maio.
d) A empresa certificará que dispón do persoal adecuado e coa cualificación ou habilitación que, segundo o especificado no Real decreto 836/2012, do 25 de maio, e no presente decreto ou normativa que o desenvolva, resulten necesarias para o servizo do tipo de vehículo de que se trate, para o cal presentará a documentación xustificativa destes requisitos.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de A Coruña
R/ Durán Loriga, 3
15003 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981155817/ 981155823
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Lugo
Montevideo, 9
27001 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982292107
Fax: 982292115
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Ourense
Avda. Zamora, 13
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988066321
Fax: 988386302
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra
Fernández Ladrera, nº 43, 1º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986885880
Fax: 986814186
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra
Sección de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria (Vigo)
Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817624
Fax: 986817627
Dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061
Orde PRE/1435/2013, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres en materia de transporte sanitario por estrada (BOE nº 180 do 29 de xullo de 2013).
Real Decreto 22/2014, do 17 de xaneiro, polo que se modifica o Real Decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada (BOE nº 22 do 25 de xaneiro de 2014).
Real Decreto 836/2012, do 25 de maio, polo que se establecen as características técnicas, o equipamento sanitario e a dotación de persoal dos vehículos de transporte sanitario por estrada (BOE nº 137 do 8 de xuño de 2012).
Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 69 do 14 de abril de 2015).
Corrección de erros. Decreto 52/2015, do 5 de marzo, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 73 do 20 de abril de 2015).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Solicitude segundo o Anexo III.
Documentación que se presenta [ou xa presentada con anterioridade].
- Escritura de constitución, no caso de persoas xurídicas
- Documento acreditativo da representación que ostente, no caso de persoas xurídicas
- Xustificación do pagamento da taxa
- Permiso de circulación do vehículo ao que se pretenda refirir a certificación, no que conste como destino do vehículo a actividade de transporte sanitario
- Ficha de inspección técnica do vehículo, na que figure atoparse vixente o recoñecemento periódico legalmente establecido.
- Memoria referida ao vehículo.
- No caso de dispor de humidificadores non desbotables, deberase acreditar o cumprimento das medidas de prevención da lexionelose.
- No caso de dispor de desfibrilador semiautomático externo, achegarase certificación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061 do cumprimento dos requisitos previstos.
- No caso de ambulancias asistenciais, achegarase a documentación acreditativa da adaptación á normativa vixente en materia de xestión de resíduos, da dispoñibilidade de dotación de fármacos para a subministrar únicamente cando dispoñan de persoal sanitario capacitado, así como o protocolo de esterilización do material sanitario que o precise.
Documentación de entidades titulares de vehiculos de transporte sanitario público.
- Licenza de apertura do local, se é o caso.
- Relación do parque móbil dispoñible.
- Xustificación da disposición dos medios que permitan a inmediata localización as 24 horas do día.
- Ter un local aberto ao público con nome ou título rexistrado, en poboacións de máis de 20.000 habitantes.
- Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- NIF da entidade solicitante.
- Alta no imposto de actividades económicas (IAE) que obran en poder da AEAT.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"