Guía de procedementos e servizos

SA645B

Premio de investigación de VIH e ITS.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 14/09/2016 00:00 - 13/10/2016 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar un premio á mellor investigación científica realizada na Comunidade Autónoma de Galicia no eido do VIH e doutras ITS publicada en 2015.

A través desta convocatoria preténdese fomentar e difundir a investigación galega sobre o VIH e outras ITS, así como recompensar publicamente o labor que as persoas investigadoras veñen realizando a prol da mellora da esperanza e calidade de vida das persoas afectadas.

A persoa destinataria deste premio é a primeira persoa asinante dun artigo científico publicado en 2015 (aínda que deberá pedir autorización do resto dos/das autores/as para presentarse a esta convocatoria) que describa unha investigación que verse sobre o VIH ou outra ITS no ámbito das ciencias da saúde, sociais, xurídicas, da educación ou da comunicación en Galicia, sen prexuízo de que todas as persoas autoras do artigo reciban cadanseu certificado acreditativo da concesión do premio ao artigo gañador.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades (Cegace)

Servizo de Prevención e Control de Enfermidades

Edificio Administrativo - San Lázaro s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542996

Fax: 881542996

Servizo de Prevención e Control de Enfermidades

Prazo de presentación: PECHADO

14/09/2016 00:00 - 13/10/2016 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Versarán sobre a investigación científica en calquera eido da infección polo VIH e/ou outras ITS como a prevención, asistencia sanitaria, asistencia social, investigación básica, comunicación, etc.

2. Soamente se aceptarán artigos publicados en revistas científicas en 2015.

  • Solicitude axustada ao modelo que se inclúe como anexo I nesta orde.

  • Artigo publicado no ano 2015.

  • Documento que acredite a autorización dos/das demais autores/as para presentarse a esta convocatoria.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Estatal de Administración Tributaria, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á Axencia Tributaria de Galicia, só no caso de que denegue expresamente a súa consulta.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. O enderezo de envío das solicitudes en papel e a Secretaría da Subdirección Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Dirección Xeral de Saúde Pública, Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela, A Coruña.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o Premio de investigación sobre o VIH e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2016).

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano