Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA481B
Axudas destinadas ás zonas farmacéuticas especiais
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Sanidade
Axudas para as oficinas de farmacia que se localicen en zonas farmacéuticas especiais para compensar os gastos de funcionamento das oficinas de farmacia e apoiar as contratacións de farmacéuticos/as adxuntos/as para as quendas de garda ou suplencias para as épocas vacacionais.
Persoas titulares de oficinas de farmacia que se encontren localizadas en zonas farmacéuticas especiais e cuxo/a titular estea empadroado/a en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Teñen a consideración de zona farmacéutica especial as seguintes: A Gudiña, A Mezquita, A Peroxa, A Teixeira, As Nogais, A Veiga, Baleira, Baltar, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, Castrelo do Val, Cervantes, Chandrexa de Queixa, Folgoso do Courel, Larouco, Laza, Manzaneda, Montederramo, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Bolo, Ourol, Parada de Sil, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, San Xoán de Río e Vilariño de Conso,
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria
Complexo Administrativo de San Lázaro
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881548906
Email: planificacion.reforma.sanitaria@sergas.gal
Prazo de presentación: PECHADO
22/04/2026 09:00 - 22/05/2026 20:00
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes, e iniciarase ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo finalizará ás 20.00 horas do día en que se cumpra un mes desde a data de inicio do prazo. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Para resultar beneficiario/a destas axudas, a oficina de farmacia da que é titular deberá acreditar que compre algún/s dos seguintes criterios:
a) Tratarse dunha oficina de farmacia a que se lle aplique o índice corrector segundo os criterios do Real decreto 823/2008, do 16 de maio, polo que se establecen as marxes, deducións e descontos correspondentes á distribución e dispensación de medicamentos de uso humano.
b) Tratarse dunha oficina de farmacia que, malia non reunir o criterio sinalado na letra anterior, teña acreditada no ano 2025 unha facturación por receitas oficiais do Sistema nacional de saúde inferior a 235.000,00 € anuais.
c) Tratarse dunha oficina de farmacia que realizase no ano 2025 gardas 24h/365días, sempre e cando teña acreditada no ano 2025 unha facturación por receitas oficiais do Sistema nacional de saúde inferior a 500.000,00 € anuais.
d) Tratarse dunha oficina de farmacia que realizase no ano 2025 gardas diúrnas os 365 días do ano, sempre e cando teña acreditada no ano 2025 unha facturación por receitas oficiais do Sistema nacional de saúde inferior a 500.000,00 € anuais.
e) Tratarse dunha oficina de farmacia que realizase no ano 2025 gardas diúrnas de luns a sábados, sempre e cando teña acreditada no ano 2025 unha facturación por receitas oficiais do Sistema nacional de saúde inferior a 400.000,00 € anuais.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha persoa titular dunha oficina de farmacia interesada presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras desta orde de subvencións.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
• Documentación que acredite, de ser o caso, a representación da persoa titular da oficina de farmacia.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Calquera cambio que se produza nos datos contidos na documentación que se achegue coa solicitude deberá comunicarse á Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, que poderá requirir á persoa solicitante todos cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) O DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) O DNI ou NIE da persoa representante.
c) Os datos de residencia con data de última variación no padrón.
d) O certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria do Estado.
f) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
g) A consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.
h) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
i) Consulta de subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.
j) Certificación da oficina de farmacia de estar inscrita no rexistro administrativo correspondente.
k) Relación de gardas diúrnas e nocturnas realizadas no ano 2025.
l) Datos de facturación por receitas oficiais do Sistema nacional de saúde do ano 2025.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Declaración de variación da situación actual (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto Legislativo 1/1999, de 7 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Régimen Financiero y Presupuestario de Galicia
-
Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia
-
Decreto 11/2009, de 11 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley de subvenciones de Galicia
-
Lei 1/2016, de 18 de enero, de transparencia y buen gobierno
-
Orde do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas a oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma de Galicia que se localicen en zonas farmacéuticas especiais, para o ano 2026 (DOG nº 69 do 15 de abril de 2026).
-
Extracto da Orde do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas a oficinas de farmacia da Comunidade Autónoma de Galicia que se localicen en zonas farmacéuticas especiais, para o ano 2026 (DOG nº 69 do 15 de abril de 2026).
-
-
Ámbito Estatal
-
Ley 38/2003, de 17 de noviembre, General de Subvenciones
-
Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 30/11/2026 23:59
Autorización para a adquisición de medicamentos de uso humano de uso exclusivamente hospitalario a clínicas e hospitais veterinarios.
Aberto todo o ano
Integración das unidades de análise na rede integradada de laboratorios de diagnóstico de triquina da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano