Guía de procedementos e servizos

SA463G

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, macomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 04/08/2026 00:00 - 03/09/2026 23:59

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

Este procedemento ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades locais galegas.

Contidos dos proxectos.

De acordo co establecido na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas:

1. Serán programas básicos os seguintes:

a) Ámbito escolar: «PPCDE/Saúde na escola» e «Non pasa nada ¿pasa algo?».

b) Ámbito familiar: «Máis que un teito», «En familia todos contan» e «Entre todos».

c) Ámbito xuvenil: «Activa» e «Cambio de sentido».

2. Serán programas complementarios:

a) Os seguintes programas da carteira de servizos: «Ao alcance», «Cine e saúde», «Odisea», «Creative» (sempre que sexa desenvolvido con medios propios da entidade), «Acais», «Información-sensibilización» e «Formación de mediadores».

b) Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.

Poderanse presentar ata un máximo de 3 programas complementarios. Neste caso terán unha especial valoración as actividades relacionadas coa prevención do consumo de cannabis, o xogo patolóxico e os problemas relacionados co uso de internet e as TIC.

Os programas da carteira de servizos «Alternativa», «Sísifo», «Itínere» e «Penélope» non serán valorados nesta convocatoria de axudas.

Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.

Conceptos subvencionables.

1. Consideraranse gastos subvencionables unicamente aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido no artigo 9.5.

As subvencións outorgadas nesta convocatoria dirixiranse a financiar gastos correntes, isto é, aqueles necesarios para o desenvolvemento das actividades programadas;quedando excluídos os gastos de capital.

2. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

3. En particular, subvencionaranse os seguintes conceptos de gasto:

a) Gastos de persoal. Ás retribucións en nómina sumaranse os gastos de seguridade social correspondentes á empresa e o seu total constituirá o gasto subvencionable por custos de persoal.

b) Axudas de custo, sempre que garden relación co proxecto e sexan debidamente xustificadas.

c) Gastos materiais. Neste sentido admitiranse gastos derivados da difusión e visualización do proxecto, así como gastos de material preventivo ou divulgativo.

d) Gastos xerais derivados do mantemento do servizo, tales como os correspondentes aos alugueiros dos locais, asesoría, electricidade, gas, auga, telefonía, lixo ou comunidade.

e) Custos indirectos, sempre que sexan imputados á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda.

f) Gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais e rexistrais e gastos periciais se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a súa preparación ou execución.

g) Os tributos consideraranse gastos subvencionables cando o/os concello/s beneficiario/s desta axuda os aboen efectivamente e sempre que, no caso dos impostos indirectos, non sexan pola súa parte susceptible de recuperación ou compensación.

h) En ningún caso terán a consideración de gastos subvencionables os xuros debedores de contas bancarias, así como os xuros, recargas ou sancións administrativas ou os gastos de procedementos xudiciais.

4. Considerarase gasto realizado o que fose recoñecido como obriga ou efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de xustificación correspondente. Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente) no que se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación, quedando obrigada a entidade subvencionada a presentar os documentos acreditativos da súa liquidez nos dez días seguintes ao remate dos prazos legalmente establecidos para o seu ingreso no período voluntario; en todo caso, esta presentación terá como data límite o derradeiro día do mes seguinte ao último trimestre do exercicio da convocatoria.

1. Poderán concorrer á concesión destas subvencións todos aqueles concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan desenvolver, individualmente ou agrupados, un proxecto de prevención de condutas adictivas e reúnan os requisitos sinalados no artigo 4.

2. A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada concello e mancomunidade, agás no caso das agrupacións de concellos, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, a entidade solicitante actuará como representante do proxecto e interlocutora ante a Consellería de Sanidade.

3. Ningunha entidade local poderá figurar nunha solicitude conxunta (agrupación ou mancomunidade) e subscribir outra individual. De darse o caso, prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables

Servizo de Prevención de Condutas Aditivas

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881541859

Fax: 881546571

Email: prevencion.condutas.adictivas@sergas.es

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

04/08/2026 00:00 - 03/09/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.


1. As entidades solicitantes deberán estar inscritas, no momento da solicitude da subvención, no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas regulado no Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese. No caso das solicitudes de agrupacións ou mancomunidades de concellos, será suficiente con que unha das entidades locais cumpra este requisito.

2. As entidades solicitantes deberán ter ou crear, de ser o caso, unha unidade de prevención de condutas adictivas, que contará coa infraestrutura física e de medios axeitada para o desenvolvemento dos programas e as actividades que deberá levar a cabo.

3. A unidade a que fai referencia o punto 2 estará constituída, polo menos, por unha persoa con titulación universitaria e formación específica en condutas adictivas, que actuará como representante técnica do proxecto ante a Consellería de Sanidade, e que deberá estar dispoñible durante todo o período subvencionable.

4. En cumprimento da prohibición establecida no punto 5 do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, as entidades beneficiarias de subvención garantirán que as persoas traballadoras que vaian participar en programas cuxo desenvolvemento implique contacto directo con persoas menores de idade non teñan antecedentes penais por delitos sexuais. A Consellería de Sanidade reserva para si o dereito de requirir durante a fase de resolución os certificados que acrediten esta situación.

5. As entidades solicitantes deberán presentar un proxecto de actuación para os anos 2025, 2026, 2027 e 2028 orientado á prevención das condutas adictivas, que incluirá entre 4 e 8 dos programas definidos no artigo 6, que abranguerán, cando menos, 2 dos 3 ámbitos de intervención principais: escolar, familiar e xuvenil.

6. As entidades solicitantes optarán necesariamente á clase que lles corresponda en función da poboación que abranga o seu proxecto.

7. Se a Consellería de Sanidade actualiza a carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas, o compromiso de realización de programas a que se refire o punto 5 estenderíase aos programas equivalentes incluídos na nova carteira. De ser o caso, e co fin de facilitar a transición, a consellería establecería unha táboa de equivalencias entre programas antigos e novos, de xeito que se garantiría a continuidade das actividades programadas.

8. O proxecto presentado deberá abranguer unha área de actuación mínima de 10.001 habitantes, que poderá ser de carácter municipal ou abarcar varios concellos para os cales se presente un proxecto común. A poboación destinataria do proxecto comprobarase no último padrón municipal publicado polo Instituto Galego de Estatística na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

9. As intervencións que se desenvolvan neste proxecto preventivo non poderán dirixirse a poboación que xa sexa beneficiaria de intervencións similares realizadas por outras institucións ou entidades, de carácter público ou privado, ao mesmo tempo.

10. As entidades solicitantes deberán ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que estean legalmente obrigadas, de acordo co disposto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas. Este requisito deberá cumprirse antes do final do prazo de presentación de solicitudes. No caso das solicitudes presentadas por agrupacións de concellos, este requisito deberá ser cumprido por cada un dos concellos integrantes.

11. As entidades solicitantes non poderán incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No caso das solicitudes presentadas por agrupacións de entidades locais, este requisito deberá ser cumprido por cada unha das entidades integrantes.

Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as declaracións incluídas nos anexos I e II serán suficientes para acreditar que a entidade está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedora por unha resolución de procedemento de reintegro.

12. As entidades solicitantes deberán procurar que os materiais e as publicacións, xa sexa en formatos impresos ou electrónicos, que se elaboren no contexto das axudas reguladas por esta orde incorporen de forma visible o seu financiamento público, sexan previamente revisados e aprobados pola Consellería de Sanidade e se axusten aos criterios oficiais de identidade corporativa da Xunta de Galicia. Ademais procurarán, en todo caso, a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada das mulleres e dos homes, así como o emprego dunha linguaxe inclusiva.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar, xunto co formulario de solicitude (anexo I), a seguinte documentación:

a) No caso de que a solicitude sexa presentada por un concello de forma individual ou por unha mancomunidade:

1º. Memoria explicativa do proxecto de prevención, que se axustará ás características definidas no anexo VIII desta orde.

2º. Autorización da solicitude da subvención, a través do certificado emitido pola persoa titular da secretaría da entidade local, segundo o formulario normalizado no anexo III, en que se faga constar:

– O acordo do órgano competente da entidade local polo que se solicita a subvención para os gastos que se pretenden executar ao abeiro desta orde.

Neste acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e os demais requisitos establecidos na orde, e deberá ser previo ao vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

– A remisión ao Consello de Contas das contas da entidade local do último exercicio a que está legalmente obrigada.

No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas en que non se faga constar a data de remisión.

3º. Certificado sobre criterios de baremación, segundo o formulario normalizado no anexo IV. Os datos deste anexo deben coincidir cos reflectidos no anexo VIII (memoria explicativa do proxecto). En caso de discrepancia, utilizaranse para a baremación os datos consignados no anexo IV.

4º. Plan de igualdade da entidade solicitante ou, de ser o caso, de todas as entidades que integran a agrupación ou mancomunidade.

b) No caso de solicitudes conxuntas presentadas por unha agrupación de entidades locais:

1º. Memoria explicativa do proxecto de prevención, que se axustará ás características definidas no anexo VIII desta orde.

2º. Autorización da solicitude da subvención, a través do certificado emitido pola persoa titular da secretaría da entidade local representante da agrupación, segundo o formulario normalizado no anexo III, en que se fará constar que, segundo os acordos adoptados polos órganos competentes de cada unha das entidades locais agrupadas e/ou os certificados emitidos polas persoas titulares da secretaría de cada unha delas, os integrantes da agrupación acordan:

– O compromiso solidario da execución e da aplicación solidaria da subvención.

– Solicitar a subvención para os gastos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e aceptar expresamente as condicións de financiamento e os demais requisitos establecidos nela.

– Nomear a persoa titular da alcaldía ou presidencia representante como coordinadora, interlocutora, perceptora e xustificadora da axuda.

– Que remitiron ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio a que están legalmente obrigados.

No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas en que non se faga constar a data de remisión.

Os acordos orixinais emitidos polas entidades locais integrantes da agrupación, así como as certificacións emitidas polas persoas titulares da secretaría de cada unha destas, deberán quedar en poder da entidade local representante para a súa achega se fose requirida polo órgano tramitador.

3º. Convenio de colaboración subscrito polas partes (potestativo no momento da solicitude).

4º. Certificado sobre criterios de baremación, segundo o formulario normalizado no anexo IV.

5º. Plans de igualdade de todas as entidades que integran a agrupación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Comprobación das subvencións e axudas públicas concedidas.

e) Consulta das inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

f) Consulta das subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.

g) NIF da entidade solicitante.

h) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 144 do 03 de Agosto de 2026).

    • Extracto da Orde do 22 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 144 do 03 de Agosto de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

SA301A

Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA434A

Informe sanitario para concesión de augas para abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA461D

Acreditación para desenvolvemento de actividades con agonistas opiáceos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA461E

Renovación da acreditación para desenvolvemento de actividades con agonistas opiáceos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano