Guía de procedementos e servizos

SA463F

Subvencións para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 16/09/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

Este procedemento ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de cofinanciamento e concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades privadas sen ánimo de lucro (código de procedemento SA463F).

Contidos dos proxectos.

De acordo co establecido na carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas:

1. Serán programas básicos os seguintes:

a) Ámbito escolar: Saúde na escola e Non pasa nada ¿pasa algo?

b) Ámbito familiar: Máis que un teitoEn familia todos contan e Entre todos.

c) Ámbito xuvenil: Activa.

2. Serán programas complementarios:

a) Os seguintes programas da carteira de servizos: Ao alcanceCine e saúdeOdiseaCambio de sentidoCreative (sempre que se leve a cabo con medios propios da entidade), AcaisInformación-sensibilización e Formación de mediadores.

b) Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.

Poderanse presentar ata un máximo de 3 programas complementarios. Neste caso terán unha especial valoración os programas «Construindo saúde», «EmPeCemos», e «Protego», así como aqueles outros que inclúan actividades relacionadas coa prevención do consumo de cannabis, o xogo patolóxico e os problemas relacionados co uso da internet e as TIC.

Os programas da carteira de servizos AlternativaItínere e Penélope non serán valorados nesta convocatoria de axudas. O programa Sísifo soamente será valorado para as entidades que opten á clase 3.

3. Serán programas de intervención precoz dirixidos a persoas con trastornos por consumo de substancias en situación de emerxencia social (programa Sísifo), os seguintes:

a) Programa de captación activa e intervención en medio aberto.

b) Programa de centro de encontro e acollida.

c) Programa de intercambio de material de inxección, dispensación e distribución de kits hixiénicos, preservativos etc.

d) Programa de información-formación ás persoas destinatarias do proxecto.

4. Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.

Poderán concorrer á concesión destas subvencións todas as entidades privadas sen ánimo de lucro de Galicia que desenvolvan o seu labor no eido da prevención das condutas adictivas e que reúnan os requisitos sinalados no artigo 4 .

A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada entidade privada, agás no caso das agrupacións de entidades, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, a entidade solicitante actuará como representante do proxecto e interlocutora ante a Consellería de Sanidade.

Ningunha entidade privada poderá figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual. De darse o caso, prevalecerá a solicitude realizada de forma conxunta.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables

Servizo de Prevención de Condutas Aditivas

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881541859/ 881541862

Fax: 881546571

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

16/09/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

1. Estar inscrita, no momento da solicitude da subvención, no Rexistro de Entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas regulado no Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese

. No caso das solicitudes de agrupacións de entidades será suficiente con que este requisito sexa cumprido por unha das entidades privadas.

2. A existencia, ou creación, de ser o caso, dunha unidade de prevención de condutas adictivas, que contará coa infraestrutura física e de medios axeitada para o desenvolvemento dos programas e as actividades que deberá levar a cabo.

3. A unidade a que fai referencia o punto 2 estará constituída, polo menos, por unha persoa con titulación universitaria e formación específica en condutas adictivas, que actuará como representante técnica do proxecto ante a Consellería de Sanidade, e que deberá estar dispoñible durante todo o período subvencionable.

4. En cumprimento da prohibición establecida no punto 5 do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, as entidades beneficiarias de subvención garantirán que as persoas traballadoras que vaian participar en programas cuxo desenvolvemento implique contacto directo con persoas menores de idade non posúan antecedentes penais por delitos sexuais. A Consellería de Sanidade reserva para si o dereito de requirir durante a fase de resolución os certificados que acrediten esta situación.

5. Presentar un proxecto de actuación para os anos 2025, 2026, 2027 e 2028 orientado á prevención das condutas adictivas, que incluirá os seguintes programas:

a) Clase 1: ata 2 dos programas definidos nos puntos 1 e 2 do artigo 6.

b) Clases 2 e 4: entre 4 e 8 dos programas definidos nos puntos 1 e 2 do artigo 6, que abranguerán, cando menos, 2 dos 3 ámbitos de intervención principais: escolar, familiar e xuvenil.

c) Clase 3: os 4 programas enumerados no punto 3 do artigo 6.

6. A entidade solicitante deberá manifestar de xeito expreso a clase a que opta, segundo o indicado no artigo 10.

7. Se a Consellería de Sanidade actualiza a carteira de servizos en materia de prevención do Plan de Galicia sobre drogas, o compromiso de realización de programas a que se refire o punto 5 estenderíase aos programas equivalentes incluídos na nova carteira. De ser o caso e co fin de facilitar a transición, a Consellería establecería unha táboa de equivalencias entre programas antigos e novos, de xeito que se garantiría a continuidade das actividades programadas.

8. O proxecto presentado polas entidades pertencentes á clase 4 deberá abranguer unha área de actuación mínima de 10.001 habitantes, podendo ser de carácter comunitario, municipal ou abranguer varios concellos para os cales se presente un proxecto común. A poboación destinataria do proxecto comprobarase no último padrón municipal publicado polo Instituto Galego de Estatística na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. As entidades que pretendan desenvolver plans comunitarios acreditarán a poboación destinataria mediante un certificado municipal que indique a poboación da zona en que se desenvolve o proxecto.

9. As intervencións que se desenvolvan neste proxecto preventivo non poderán dirixirse á poboación que xa sexa beneficiaria de intervencións similares realizadas por outras institucións ou entidades, de carácter público ou privado, ao mesmo tempo.

10. Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No caso das solicitudes presentadas por agrupacións de entidades privadas sen ánimo de lucro, este requisito deberá ser cumprido por cada unha das entidades integrantes.

Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as declaracións incluídas nos anexos I e II serán suficientes para acreditar que a entidade está ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non é debedora por resolución de procedemento de reintegro.

11. Os materiais e publicacións, xa sexa en formatos impresos ou electrónicos, que se elaboren no contexto das axudas reguladas por esta orde deberán incorporar de forma visible o seu financiamento público, ser previamente revisados e aprobados pola Consellería de Sanidade e axustarse aos criterios oficiais de identidade corporativa da Xunta de Galicia. Ademais procurarán, en todo caso, a transmisión dunha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada das mulleres e dos homes, así como o emprego dunha linguaxe inclusiva.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar, xunto co formulario de solicitude (anexo I), a seguinte documentación:

a) No caso de que a solicitude sexa presentada por unha entidade de forma individual:

1º. Memoria explicativa do proxecto de prevención, que se axustará ás características definidas no anexo VII desta orde.

2º. Autorización da solicitude da subvención, a través do certificado emitido pola persoa representante da entidade, segundo o formulario normalizado do anexo III, en que se fará constar o acordo do órgano competente da entidade polo que se autoriza a solicitude da subvención para os gastos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e que se aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela. Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

3º. Certificado sobre criterios de baremación, segundo o formulario normalizado no anexo IV.

4º. Plan de Igualdade da entidade solicitante.

b) No caso de solicitudes conxuntas presentadas por unha agrupación de entidades privadas sen ánimo de lucro:

1º. Memoria explicativa do proxecto de prevención, que se axustará ás características definidas no anexo VIII desta orde.

2º. Autorización da solicitude da subvención, a través do certificado emitido pola persoa representante da entidade, segundo o formulario normalizado do anexo III, no cal se fará constar que, segundo os acordos adoptados polo órganos competentes de cada unha das entidades agrupadas e/ou os certificados emitidos polas persoas representantes de cada unha destas, as entidades integrantes da agrupación acordan:

– O compromiso solidario da execución e da aplicación solidaria da subvención.

– Solicitar a subvención para os gastos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

– Nomear a persoa representante da entidade solicitante como coordinadora, interlocutora, perceptora e xustificadora da axuda.

Os acordos orixinais emitidos polas entidades privadas sen ánimo de lucro integrantes da agrupación, así como as certificacións emitidas polas persoas representantes de cada unha destas deberán quedar en poder da entidade privada representante para achegalas no procedemento se fose requirida polo órgano tramitador.

3º. Certificado sobre criterios de baremación, segundo o formulario normalizado no anexo IV.

4º. Plans de igualdade de todas as entidades que integran a agrupación.

5º. Convenio de colaboración subscrito polas partes (potestativo no momento da solicitude).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas fronte á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores .

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros. Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Orde do 2 de setembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, que incorpora fondos procedentes do tramo autonómico da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 177 do 15 de setembro de 2025).

    • Extracto do 3 de setembro de 2025 da Orde do 2 de setembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, que incorpora fondos procedentes do tramo autonómico da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario, para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor no eido da prevención na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 177 do 15 de setembro de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).

    • Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

    • Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 270 do 11 de novembro de 2006).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR505A

Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR513A

Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR514A

Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE209B

Axudas a proxectos colectivos para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables

Tramitar en liña

Prazo aberto: 03/01/2026 00:00 - 02/02/2026 23:59