Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA462B
Axudas en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados/as en unidades asistenciais con especialización en drogodependencias.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Sanidade
Axudas en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados/as en unidades asistenciais con especialización en drogodependencias
Entidades privadas sen ánimo de lucro.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental
Edificio Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881540024
Email: saude.mental@sergas.es
Prazo de presentación: PECHADO
17/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O dito prazo deberá computarse de conformidade co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
1. Para ser beneficiaria das axudas publicadas nesta orde deberán acreditarse os seguintes requisitos:
a) Ser unha entidade sen ánimo de lucro inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas, creado polo Decreto 74/2002, do 28 de febreiro.
b) Ser titular ou responsable dunha vivenda de apoio á incorporación social de pacientes estabilizados/as nas unidades asistenciais de drogodependencias.
Este recurso deberá estar aberto todos os días do ano, sen excepción.
c) Acreditar o desenvolvemento de programas de incorporación social dirixidos ao colectivo de persoas drogodependentes durante o ano anterior á anualidade desta convocatoria, para o que se achegará a memoria de actividade do ano. A dita memoria deberá axustarse ao indicado no artigo 8, punto c), do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.
d) Axustarse ao establecido pola Orde do 25 de xaneiro de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, para os centros de acollida e inclusión que desenvolven programas de apoio social a procesos terapéuticos e estar inscrita a entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), regulado na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
e) Estar autorizada, desde un ano antes á presente convocatoria, polo servizo correspondente da Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, como centro de acollida-apoio social a procesos terapéuticos.
f) Dispor dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou, de ser o caso, contar con domicilio social nela e comprometerse a desenvolver as actividades subvencionadas en vivendas próximas á poboación onde exista unidade asistencial de drogodependencias.
2. As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que lles sexan exixibles de acordo co artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Todos os requisitos deberán acreditarse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras da presente orde.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) A documentación que acredite a representación legal da entidade asinada electronicamente.
b) A copia da escritura de constitución.
c) Os estatutos da entidade solicitante.
d) A documentación acreditativa da capacidade técnica da entidade solicitante asinada electronicamente.
e) O balance ou xustificación dos ingresos e gastos da entidade referidos ao exercicio económico do ano 2024, asinados electronicamente.
f) O certificado ou calquera outra documentación oficial acreditativa da implantación e mantemento de sistemas de calidade normalizados, no caso de que o posúan.
g) A copia do regulamento de réxime interno do centro visado polo Servizo de Inspección de Servizos Comunitarios e Inclusión Social da Consellería de Política Social e Igualdade.
h) A acreditación de tratarse dunha entidade de utilidade pública, no caso de que así sexa.
i) O anexo IV de comprobación de datos das persoas responsables ou colaboradoras do programa debidamente cuberto e asinado.
j) A información técnica do programa segundo o anexo II.
k) A memoria técnica do programa segundo o anexo III.
l) A documentación acreditativa de formación específica en terapias de rehabilitación en substancias adictivas do responsable do proxecto e do resto do persoal que participe no programa.
m) Protocolo de actuación en caso de intoxicación por substancias psicotrópicas asinado electronicamente.
n) Protocolo de prevención do suicidio asinado electronicamente.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recompilados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á entidade interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Calquera cambio que se produza nos datos contidos na documentación que se achegue coa solicitude deberá comunicárselle á Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, que poderá demandar da entidade solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) O NIF da entidade solicitante.
b) O DNI/NIE da persoa representante da entidade que solicita a subvención.
c) A titulación oficial universitaria e/ou oficial non universitaria da persoa titular da dirección responsable e das persoas profesionais que desenvolven o programa social de apoio aos procesos terapéuticos de rehabilitación de distintas adiccións.
d) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria do Estado.
f) O certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
g) A consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
h) A consulta de concesións de subvencións e axudas.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo nos recadros correspondentes habilitados no formulario (anexo I e anexo IV) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos (Anexo IV)
- Memoria técnica do programa (Anexo III)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para as entidades privadas sen ánimo de lucro co fin de realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2025 (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2025).
-
Extracto da Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para as entidades privadas sen ánimo de lucro co fin de realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2025 (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2025).
-
Resolución do 9 de setembro de 2025 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro co fin de realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (DOG nº 190 do 02 de outubro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais
Aberto todo o ano
Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
Aberto todo o ano
Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.
Aberto todo o ano
Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.
Aberto todo o ano