Guía de procedementos e servizos

SA304E

Premios de Investigación en Saúde (PISGa).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 12/11/2024 00:00 - 11/12/2024 23:59

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

Promover e premiar o coñecemento e a investigación sanitaria traslacional desenvolvida polos profesionais do sector público da saúde de Galicia a través dun dobre obxectivo, por unha parte, apoiando proxectos e liñas de investigación sanitaria en atención primaria e, por outra parte, impulsando e recoñecendo as traxectorias científicas emerxentes dos investigadores de máximo de corenta anos.

1. Poderá ser candidato aos PISGa na modalidade de premio a proxectos de investigación sanitaria en atención primaria calquera profesional sanitario clínico e/o de enfermaría do Sistema público de saúde de Galicia cunha proposta de proxecto de investigación que realizase unha parte significativa no Servizo Galego de Saúde e nas súas entidades instrumentais de investigación sanitaria de Galicia.

2. Poderán ser candidatas aos PISGa na modalidade de premio a traxectorias emerxentes de investigación en saúde as persoas investigadoras que estean realizando traballos científicos e de investigación de calidade demostrada nun grupo de investigación emerxente e cunha proxección de futuro nas súas respectivas áreas de investigación recoñecida nunha institución de investigación do Servizo Galego de Saúde a que no momento da presentación das candidaturas estean vinculados laboralmente. Para seren persoas candidatas deberán posuír o título de doutoramento (PhD ou equivalente) nunha disciplina relacionada co obxecto da investigación e ter máximo de corenta anos na data de finalización do prazo para a presentación de candidaturas.

O límite de idade máxima establecido no parágrafo anterior poderá ampliarse cando, durante a traxectoria profesional e ata a data de finalización do prazo de presentación de candidaturas, concorran situacións de incapacidade temporal e/ou períodos de tempo relativos a permisos, licenzas, flexibilidade horaria e excedencias.

No caso de que a persoa candidata sexa unha persoa con discapacidade, a idade máxima será de 42 anos, e poderán aplicarse tamén as ampliacións recollidas nesta epígrafe cando concorran as situacións citadas.

3. Non poderán optar ao premio os membros do xurado, nin as persoas vinculadas a eles por parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao ou por afinidade ata o segundo grao.

4. Non poderán resultar premiadas as persoas participantes, nas cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Ningunha persoa candidata poderá ser premiada en máis dunha modalidade dos PISGa.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37 - 1º andar (Edificio CNL)

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981580633

Email: op.transfiresaude@sergas.es

https://www.transfiresaude.eu/

https://acis.sergas.es/

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

12/11/2024 00:00 - 11/12/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes e comezará a contar o seu cómputo o día seguinte ao da publicación destas bases e convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Só se admitirán aquelas solicitudes que estean debidamente asinadas. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación destas bases reguladoras.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación, segundo a modalidade de premio indicada no artigo 4 para a cal se presentan, que deberá incluír:

a) Para a modalidade de premios a proxectos de investigación sanitaria en atención primaria:

1º. Debe achegarse o formulario de descrición do equipo de traballo (anexo II) no caso de proxectos que representen un equipo, cos datos de cada membro. Pode anexarse, de forma opcional, unha memoria en formato libre que achegue máis información sobre a candidatura e un breve currículo (CV) dos membros do equipo.

2º. Documentación específica dos proxectos que deberá figurar no anexo III da memoria técnica, onde se incluirá:

• Título do proxecto/liña de investigación.

• Centro onde se leva a cabo o proxecto.

• Resumo onde se recollan:

– Antecedentes: ámbito do proxecto e xustificación do interese práctico e/ou científico deste.

– Obxectivos do proxecto.

– Metodoloxía (deseño, suxeitos de estudo, variables, recollida e análise de datos, e limitacións do estudo).

– Resultados máis relevantes (impacto do proxecto, valoración do beneficio obtido desde a implantación do proxecto, número de pacientes incluídos, resultados en saúde, etc.).

– Bibliografía.

b) Para a modalidade de premios a traxectorias emerxentes de investigación en saúde:

1º. Debe achegarse a seguinte documentación:

• Título de doutor/a.

• Currículum vítae da persoa candidata, que inclúa os seus datos persoais e profesionais completos e a súa situación profesional actual, con indicación do grupo de investigación emerxente a que pertenza e institución de investigación a que está adscrito.

• Memoria descritiva de méritos e resumo da traxectoria profesional, que especificará a situación profesional da persoa candidata no momento de presentación da candidatura, e as actividades de carácter científico ou investigador que estea desenvolvendo na actualidade.

• Breve resumo en formato PDF do traballo/tese presentado, non superior a 8 páxinas (300 palabras como máximo)

• Publicacións científicas en revistas indexadas como mínimo no primeiro cuartil (Q1), indicando se é de primeiro autor ou non. No caso de que estas fosen demasiado extensas, presentarase un resumo ou índice delas indicando unha ligazón para poder acceder ao seu contido.

• Relatorios, artigos ou pósters en congresos científicos.

• Certificado de discapacidade non emitido pola Xunta de Galicia, se é o caso.

2º. Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante, de ser o caso.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.

h) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 6 de novembro de 2024 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras dos Premios de investigación en saúde (PISGa) para o ámbito de Galicia, no marco do proxecto Transfiresaúde do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 217 do 11 de novembro de 2024).

    • Extracto da Resolución do 6 de novembro de 2024 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras dos Premios de investigación en saúde (PISGa) para o ámbito de Galicia, no marco do proxecto Transfiresaúde do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 217 do 11 de novembro de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR516C

Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR560A

Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA301A

Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA680A

Inscrición de laboratorios que realicen ensaios de control de produtos alimenticios relacionados co consumo humano.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano