Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA304D
Programa de Desenvolvemento Precomercial dos Resultados de Investigación do Sistema Público de Saúde Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (PRIS-T).
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Sanidade
Establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, do Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (PRIS-T), no marco do proxecto Transfiresaúde do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, para o financiamento de iniciativas xurdidas no ámbito do Sistema público de investigación e innovación en saúde de Galicia, e realizar a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2024.
Serán beneficiarios os institutos públicos de investigación sanitaria de Galicia, que poderán solicitar as axudas desta convocatoria a través das súas entidades de xestión, de acordo co disposto no artigo 4.c) do Real decreto 279/2016, do 24 de xuño, sobre acreditación de institutos de investigación biomédica ou sanitaria.
A través das fundacións públicas galegas de investigación biomédica dos respectivos institutos (Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela e Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur) poderá presentar proxectos de investigación calquera profesional sanitario do Sistema público de saúde de Galicia, investigador ou grupo de investigación do Sistema público de investigación e innovación de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria
Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 37 - 1º andar (Edificio CNL) - San Lázaro
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981555103/ 981568055
Email: op.transfiresaude@sergas.es
https://www.transfiresaude.eu/
https://acis.sergas.es/
Prazo de presentación: PECHADO
17/10/2024 00:00 - 18/11/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a contar o seu cómputo o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Establécense dúas liñas de actuación no marco do Programa PRIS-T:
1. Liña de apoio á Valorización dos resultados da investigación sanitaria (PRIST-VAL), orientada a proxectos de desenvolvemento precomercial baseados nuns resultados de investigación ou experiencias preliminares xa contrastados e que mostren potencial de transferencia. Estes proxectos deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos:
a) Os desenvolvementos do proxecto están en proceso de ser protexidos.
b) A investigación, xa sexa básica ou de desenvolvemento teórico, é susceptible de xerar modelos ou novidades dun proxecto de investigación translacional.
c) Os proxectos teñen como obxectivo demostrar a viabilidade dunha idea da cal aínda só se ten evidencia.
2. Liña de impulso á Transferencia dos resultados da investigación sanitaria (PRIST-TRANSF), dirixida a proxectos que requiran validación clínica dunha tecnoloxía sanitaria desenvolvida, entendida como o conxunto de dispositivos e procedementos médicos ou cirúrxicos usados na atención sanitaria, incluíndo os sistemas organizativos e de soporte. Estes proxectos deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos:
a) Proxectos cun avanzado estado de investigación, aínda que non dispoñan de socios investidores ou comerciais.
b) Proxectos que teñan potencial de licenciar os resultados da investigación.
c) Proxectos que estean en proceso de constituír unha spin-off ou empresa de base tecnolóxica.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirira para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Só se admitirán aquelas solicitudes que estean debidamente asinadas. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación, segundo a liña de actuación indicada no artigo 4 para a cal presentan o proxecto:
a)Anexo II. Memoria técnica do proxecto para a liña de apoio á valorización (PRIST-VAL) ou
b)Anexo III. Memoria técnica do proxecto para a liña de apoio á transferencia (PRIST-TRANSF).
2. A información que debe figurar no anexo II de memoria técnica do proxecto proposto para o caso de proxectos que opten á liña de Valorización dos resultados da investigación sanitaria (PRIST-VAL) é a seguinte:
1º. Mercado (necesidade identificada): problema que cómpre resolver e identificación do mercado.
2º. Tecnoloxía/resultados: descrición da tecnoloxía, nivel de desenvolvemento da tecnoloxía, e protección da tecnoloxía/resultados.
3º. Proba de valorización: obxecto da proba de valorización e impacto da proba de valorización.
4º. Plan de desenvolvemento: plan de traballo, orzamento e plan de continxencia.
3. A información que debe figurar no anexo III de memoria técnica do proxecto proposto para o caso de proxectos que opten á liña de impulso á Transferencia dos resultados da investigación sanitaria (PRIST-TRANSF) é a seguinte:
1º. Necesidade/solución: problema que cómpre resolver e descrición da tecnoloxía/resultados obtidos.
2º. Idea de negocio/explotación: resumo da idea de negocio/explotación dos resultados e posible impacto do Programa PRIS-T.
3º. Plan de difusión.
4º. Plan de desenvolvemento: plan de traballo, orzamento e plan de continxencia.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE persoa representante da entidade.
c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas de pagamento á Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 11 de outubro de 2024 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras do Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (PRIS-T) para o ámbito de Galicia, no marco do proxecto Transfiresaúde do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2024).
-
Extracto da Resolución do 11 de outubro de 2024 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras do Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación do Sistema público de saúde transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (PRIS-T) para o ámbito de Galicia, no marco do proxecto Transfiresaúde do Programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento de interese sanitario para actos de carácter científico.
Aberto todo o ano
Premios de Investigación en Saúde (PISGa)
Prazo aberto: 21/11/2025 00:00 - 22/12/2025 23:59
Axudas de apoio á etapa predoutoral.
Prazo pechado: 05/02/2025 00:00 - 04/03/2025 23:59
Axudas de apoio á etapa predoutoral.
Prazo pechado: 05/02/2025 00:00 - 04/03/2025 23:59