Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
SA304C - Axudas do programa Traslaciona Covid-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia.
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria extraordinaria das axudas do programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, convocatoria que ten como finalidade apoiar a investigación sanitaria na súa vertente translacional, co financiamento de proxectos, iniciativas ou ideas xurdidas dentro do Sistema público de saúde de Galicia no eido da investigación sanitaria, orientadas á prevención, diagnóstico ou tratamento da enfermidade da COVID-19 (código de procedemento SA304C), e realizar a convocatoria para o ano 2020.
Actividades subvencionables
1. Serán obxecto de subvención ao abeiro desta convocatoria os proxectos que se relacionen coas actividades de prevención, diagnóstico ou tratamento (ou complementarias delas) da COVID-19, que poderán estar incluídos nalgunha das seguintes liñas a título enunciativo e non limitativo:
• Técnicas de diagnóstico virolóxico rápido e aplicables á asistencia sanitaria.
• Detección e destrución do virus, sistemas de desinfección masivos, etc.
• Desenvolvemento de terapias innovadoras, novas moléculas antivirais, antisépticos e desinfectantes fronte ao SARS-CoV-2019 (SARS-2) .
• Caracterización do virus SARS-CoV-2019 (SARS-2), coñecemento da variación xenética e antixénica do SARS-CoV-2019 (SARS-2), así como da resposta inmunolóxica ao virus SARS-CoV-2019 (SARS-2) e da interacción virus-hóspede.
• Impacto socioeconómico da enfermidade COVID-19.
• Análise das consecuencias clínicas da enfermidade COVID-19.
• Intelixencia artificial e análise masiva de datos integrados orientados ao control epidemiolóxico da enfermidade COVID-19, a coñecer en tempo real a dispoñibilidade de recursos sanitarios ou diagnósticos por imaxe e a mellorar a resposta cidadá ante a crise sanitaria.
2. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nesta orde. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
2.1. Só serán subvencionables os custos directos asociados á realización das actividades. Consideraranse custos directos os seguintes:
a) Gastos directamente relacionados coa execución das actividades, tales como os custos de utilización dalgúns servizos centrais e xerais de apoio á investigación da entidade beneficiaria, colaboracións externas, asistencia técnica, gastos externos de consultoría e servizos relacionados cos proxectos; todos debidamente xustificados e necesarios para o bo fin do proxecto.
b) Gastos de adquisición de material inventariable e equipamento científico-técnico indispensable para a realización do proxecto; as adquisicións de material funxible e demais gastos complementarios directamente relacionados coa execución do proxecto.
c) Gastos de publicación e difusión de resultados. Inclúense: gastos de revisión de manuscritos; gastos de publicación en revistas científicas, incluídos os relacionados coa publicación en revistas de acceso aberto; e os gastos derivados da incorporación a repositorios de libre acceso.
Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 2 % do orzamento e deberán estar exclusiva e unicamente dirixidos á difusión dos resultados do proxecto.
d) Gastos de contratación de persoal técnico ou co grao necesario para a realización do proxecto, e que poderán incorporarse a este durante todo ou parte do tempo de duración previsto.
Os custos máximos de contratación imputables á subvención serano unicamente para o aboamento da retribución bruta salarial.
O persoal poderá ser contratado baixo calquera modalidade de contratación acorde coa lexislación vixente e coas normas a que estea sometida a entidade ou persoa beneficiaria, sen que iso implique ningún compromiso en canto á súa posterior incorporación ao dito organismo ou entidade.
e) Serán subvencionables os gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa exixida para a comprobación da presente subvención.
Non se subvencionarán aquelas subcontratacións nas cales non se motive con precisión o obxecto, alcance e necesidade delas para a realización das actividades do proxecto de investigación presentado.
Serán beneficiarios os institutos de investigación sanitaria de Galicia, que poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través das súas entidades de xestión de acordo co disposto no artigo 4.c) do Real decreto 279/2016, do 24 de xuño, sobre acreditación de institutos de investigación biomédica ou sanitaria.
A través destes institutos poderá presentar proxectos de investigación calquera profesional sanitario, investigador ou grupo de investigación vinculado ao Sistema público de saúde de Galicia na súa respectiva área sanitaria.
Son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións:
a) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. En todo caso, os organismos de investigación sanitaria beneficiarios quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados coas actividades non económicas relativas a actuacións de I+D+i e de que así quede reflectido na súa contabilidade, conforme o establecido no número 2.1.1 do Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/01).
b) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará a ACIS, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
f) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas.
De acordo con esta obriga, a persoa beneficiaria deberá anunciar que está sendo subvencionada pola ACIS. Para isto incorporarán un cartel informativo dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible durante o período mínimo dun ano desde o pagamento da subvención. O dito cartel estará dispoñible no portal de ACIS http://acis.sergas.es
g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria
Avda. Fernando de Casas Novoa nº 37 1º
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981568061/ 981568054
Email: investigacion.acis@sergas.es
Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras, se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria translacional, programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 135 do 8 de xullo de 2020).
Extracto da Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras, se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria translacional, programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 135 do 8 de xullo de 2020).
Resolución do 23 de outubro de 2020 pola que se conceden as axudas da Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria traslacional, programa Traslaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 223 do 4 de novembro de 2020).
Resolución do 21 de xuño de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras, se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a proxectos de investigación sanitaria translacional, programa Translaciona COVID-19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, e se dá publicidade da encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a tramitación e xestión das citadas axudas (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
09/07/2020 00:00 - 29/07/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes deste procedemento en que a concesión é en réxime de concorrencia competitiva será de 15 días, e comezará o seu cómputo o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Só serán admitidas as solicitudes que fosen gravadas na sede electrónica da Xunta antes das 24.00 horas do último día de prazo de presentación.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://xunta.gal/chave365).
Documentación que se deberá presentar para tramitar o procedemento
1. Deberase presentar o formulario de solicitude normalizado onde se recolle un resumo do proxecto de investigación, descrición das líñas de investigación principais do proxecto e cronograma, calidade e capacidade investigadora dos solicitantes e orzamento solicitado segundo o modelo recollido no anexo I, que se considerará parte integrante e contido mínimo da solicitude, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e, só para os efectos informativos, na páxina web da ACIS http://acis.sergas.es.
A ausencia de descrición detallada do contido da memoria ou do orzamento do proxecto implicará, en función da súa natureza, unha menor puntuación na avaliación do proxecto, a redución do orzamento presentado ou, mesmo, a denegación da axuda solicitada.
2. A solicitude comprenderá a declaración responsable relativa ao cumprimento por parte do solicitante dos requisitos a que se refire o artigo 4 das bases reguladoras. A presentación da declaración responsable faculta a Administración para verificar en calquera momento a veracidade dos datos declarados.
3. O formulario de solicitude incluirá unha declaración expresa de aceptación, por parte da entidade solicitante, das condicións e obrigas do programa recollidas nesta orde.
Comprobación de datos
1. Para tramitar o procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade.
c) Certificado de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento da Axencia Tributaria de Galicia.
e) Certificado de estar ao día no pagamento da Seguridade Social.
f) Poder da persoa representante que presente a solicitude inscrito no rexistro correspondente.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Autorización de modificación substancial dos estudos observacionais con medicamentos de uso humano de seguimento prospectivo que se realicen nos centros sanitarios do Sistema de Saúde de Galicia.
Participación no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.