Guía de procedementos e servizos

SA304A

Premios de innovación en saúde.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 08/04/2026 00:00 - 08/06/2026 23:59

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A finalidade do premio é incentivar as ideas de innovación dos/das profesionais do sistema sanitario de Galicia no ámbito da Consellería de Sanidade e no seu sector público no ano 2026, así como as dos pacientes e as súas asociacións. Os premios pretenden potenciar as ideas innovadoras nas cales os seus profesionais traballan, para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego, e tamén aquelas propostas achegadas por persoas físicas (pacientes, coidadores/as, etc.), organizacións ou asociacións de pacientes sen ánimo de lucro.

Características dos Premios de innovación en saúde

1. En cada modalidade galardoaranse dous proxectos gañadores que se clasificarán como primeiro e segundo premio:

• Modalidade de idea de profesionais. Os premios consistirán na:

a) Adquisición de material e pequeno equipamento inventariable, subcontratación de servizos de I+D+i ou gastos similares vencellados ás actividades das ideas seleccionadas; e/ou

b) Asistencia a cursos de formación, a congresos relacionados coa innovación, a un centro innovador de ámbito internacional ou actividades relacionadas cun límite de 812,5 euros por persoa para aloxamento, viaxe e axudas de custo de manutención no caso de resultar gañador do segundo premio, e de 1.625 euros por persoa nos mesmos conceptos para o proxecto gañador do primeiro premio desta modalidade.

A dotación económica máxima na modalidade de profesionais é de 3.250 euros para o proxecto gañador do segundo premio, e 6.500 euros para a candidatura gañadora do primeiro premio.

• Modalidade de idea de pacientes. Os premios consistirán na:

a) Adquisición de material e pequeno equipamento inventariable ou subcontratación de servizos de I+D+i vencellado ás actividades das ideas seleccionadas; e/ou

b) Formación en aspectos relacionados cos fins fundacionais da asociación ou organización sen ánimo de lucro relacionada coa saúde que os premiados desta modalidade seleccionen.

A dotación económica máxima na modalidade de pacientes é de 1.000 euros para o proxecto gañador do segundo premio, e 2.000 euros para o gañador do primeiro premio.

2. As persoas gañadoras recibirán o premio en especie e a ACIS encargarase de contratar e/ou pagar os gastos correspondentes ao premio de cada modalidade. Para ambas modalidades a xustificación do gasto efectuado deberá realizarse dentro da mesma anualidade orzamentaria.

No caso da modalidade de idea de profesionais a execución do premio poderá efectuarase mediante a contratación e pagamento do destino do premio por parte da ACIS; ou través da área sanitaria / Fundación pública de investigación sanitaria da súa área de influencia que deberá non obstante xustificar os gastos efectuados ante a ACIS.

Na modalidade de idea de pacientes a execución do premio poderá efectuarse mediante a contratación e pagamento do destino do premio por parte da ACIS ou directamente mediante o pagamento a entidade gañadora do premio que deberá non obstante xustificar os gastos efectuados ante a ACIS.

3. Todas as persoas premiadas das diferentes categorías do premio gozarán de recoñecemento público a través do acto de entrega, entrevistas para publicación e diploma acreditativo de tal condición.

4. Todos os gañadores poderán facer uso de tal circunstancia no material promocional da súa actividade, sempre que nel se faga constar ano e organismo que convoca os premios.

5. As candidaturas que sexan galardoadas co premio deberán continuar no proceso de innovación aprobado pola Administración na Plataforma de innovación sanitaria para a seu posible desenvolvemento ou implantación no Servizo Galego de Saúde. O Servizo Galego de Saúde impulsará as ideas galardoadas para a súa implantación no sistema.

Tamén poderán continuar no proceso de innovación aprobado pola Administración na Plataforma de innovación sanitaria para o seu acompañamento as catro ideas preseleccionadas e non galardoadas en cada unha das modalidades.

6. O Servizo Galego de Saúde poderá promover, de acordo cos gañadores dos premios, o desenvolvemento posterior das súas ideas nas súas instalacións e coa súa colaboración. No caso de que no marco destes desenvolvementos posteriores xurda un resultado susceptible de protección mediante un título de propiedade industrial ou intelectual, o Servizo Galego de Saúde tería o dereito, pero non a obriga, de protexelo, e o Servizo Galego de Saúde sería o único titular deste, respectándolles a todos os seus participantes o dereito a seren recoñecidos como autores intelectuais e inventores seus.

1. Respecto á modalidade de idea de profesionais: persoal ao servizo do Sistema público de saúde de Galicia que desenvolva unha idea innovadora no sistema sanitario galego. As persoas físicas que presenten unha idea poden representar un equipo (máximo 4 persoas, incluído o representante), que se deberá describir tal e como se recolle no artigo 6 destas bases.

2. Respecto á modalidade de idea de pacientes: poderá presentar a súa idea calquera persoa física (pacientes, coidadores/as, etc.), organización ou asociación de pacientes sen ánimo de lucro. Tamén poderán presentarse varias persoas físicas, organizacións ou asociacións de pacientes representadas por unha delas (máximo 4, incluído o representante).

3. Non poden optar ao premio os membros do xurado ou persoas vinculadas a eles por parentesco de consanguinidade ou afinidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Avda. Fernando de Casas Novoa nº 37 - 1º

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981568055

Email: innovacion.acis@sergas.es

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

08/04/2026 00:00 - 08/06/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

 En la modalidad de idea de profesionales, tanto la persona firmante como, en su caso, las personas que conformen el equipo que presenten la candidatura, deberán ser personal al servicio de la consellería competente en materia de sanidad, del Servicio Gallego de Salud o de las restantes entidades instrumentales del sector público autonómico pertenecientes al Sistema público de salud de Galicia.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público e, en concreto, para os/as profesionais do Servizo Galego de Saúde e as organizacións e asociacións de pacientes sen ánimo de lucro.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude (anexo I), no cal debe figurar a seguinte información:

a) Modalidade de idea de profesionais:

– Datos da persoa ou do grupo de traballo solicitante.

– Nome da idea.

– Necesidade detectada.

– Descrición da idea/solución.

– Contorno de desenvolvemento ou aplicación e escalabilidade.

– Impacto positivo esperado.

– Obxectivos e prioridades con que se aliña.

– Aspectos innovadores/tipo de innovación.

– Análise da situación (estado da arte).

– Fase da tecnoloxía ou produto.

– Factores críticos de éxito e barreiras/viabilidade.

– Descrición da participación de cidadáns ou pacientes no desenvolvemento da idea.

– Recursos necesarios para o seu desenvolvemento.

b) Modalidade de idea de pacientes:

– Datos da persoa, organización ou asociación solicitante.

– Nome da idea.

– Necesidade detectada.

– Descrición da idea/solución.

– Contorno de desenvolvemento ou aplicación.

– Impacto positivo esperado.

– Obxectivos e prioridades con que se aliña.

– Aspectos innovadores/tipo de innovación.

– Viabilidade.

2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) O formulario de descrición do equipo de traballo (anexo II), no caso de ideas que representen un equipo, no cal deberán figurar os seguintes datos:

– Datos da persoa ou do grupo de traballo solicitante.

– Membro representante do equipo (só 1 membro).

– Membros do equipo (máximo 3 membros).

3. As persoas interesadas poderán presentar, de forma opcional, xunto co formulario de solicitude (anexo I), unha memoria en formato libre que achegue máis información sobre a súa candidatura, así como un breve curriculum vitae (CV) dos membros do equipo.

4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Todos os anexos deberán estar asinados polo representante da idea. Só se admitirán aquelas candidaturas que estean debidamente asinadas.

6. A documentación presentada non será devolta nin se manterá correspondencia sobre ela. Non se poderá presentar documentación adicional unha vez finalizado o prazo de admisión de candidaturas, salvo que sexa requirida polo órgano instrutor durante o período de emenda.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presenta de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas á Axencia Estatal da Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento á Axencia Tributaria de Galicia.

f) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

g) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.

h) Vinculación dos/das participantes na modalidade de idea de profesionais co Sistema público de saúde de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

 Trámites administrativos posteriores 

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 23 de marzo de 2026 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da VI edición dos Premios de innovación en saúde 2026 no Sistema público de saúde de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 63 do 07 de abril de 2026).

    • Extracto da Resolución do 23 de marzo de 2026 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da VI edición dos Premios de innovación en saúde 2026 no Sistema público de saúde de Galicia, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 63 do 07 de abril de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR505A

Autorización de veterinario/a para expedición de autorizacións de traslado de animais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR513A

Fusións de agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR514A

Integración de explotacións pertencentes a un concello diferente daquel onde unha ADSG estea recoñecida.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano