Guía de procedementos e servizos

SA202I

Subvencións de carácter intramural destinadas á investigación e á formación.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Prazo pechado: Consultar as datas

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

O obxectivo destas subvencións é facilitar ao persoal investigador que forme parte de grupos de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) a realización de estadías en centros de investigación especializados e de recoñecido prestixio, diferentes aos que constitúen o IISGS, permitindo o seu acceso a novos coñecementos e formación complementaria en técnicas ou procedementos novidosos, ademais de fomentar a creación de sinerxias e colaboracións futuras con outros grupos e centros.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas que, no momento de presentación da solicitude, teñan a condición de persoas investigadoras adscritas ao IISGS, a través dunha das seguintes modalidades de vinculación:

a) Persoal que preste servizos na Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur.

b) Persoal contratado polo Servizo Galego de Saúde, pertencente ás áreas sanitarias de Vigo ou de Pontevedra e O Salnés.

c) Persoal contratado pola Universidade de Vigo.

2. Nos supostos das alíneas b) e c) a concesión da subvención non suporá vinculación laboral ou funcionarial entre a persoa beneficiaria e a Fundación, manténdose a súa vinculación de orixe.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur

Estrada Clara Campoamor (Hospital Álvaro Cunqueiro), 341

36312  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986 217 468

Email: fundacion.biomedica@iisgaliciasur.es

https://www.fundacionbiomedica.es/

https://www.iisgaliciasur.es/

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria e méritos, de acordo cos anexos que acompañarán á correspondente resolución de convocatoria, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

As persoas beneficiarias non poderán estar incursas nas prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que se incluirá como anexo na correspondente resolución de convocatoria e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nas bases reguladoras e na resolución de convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo improrrogable de 10 días, e indicaralle que, de non facelo así, se terá por desistida da súa solicitude, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Na solicitude, que constará como anexo da correspondente resolución de convocatoria, incluiranse as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se presentan son certos.

b) Declaración responsable de non estar a persoa incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Declaración de non atoparse a persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

e) Declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia de conformidade co artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Declaración responsable de non percibir ningunha compensación económica doutras entidades polos conceptos acreditados ante a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur.

Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude a persoa interesada debe achegar a documentación complementaria que se indica a seguir:

a) Carta de aceptación do centro receptor.

b) Autorización da Dirección/Xerencia do centro con que a persoa candidata teña vinculación laboral no momento da estadía. No caso de persoal residente en formación, este documento substituirase pola autorización da Comisión de Docencia do hospital. No caso do persoal contratado pola Fundación, coa presentación da solicitude debidamente asinada polo seu responsable funcional, enténdese autorizado.

c) Curriculum vitae do/da candidato/a no modelo CVA da FECYT.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Lei 4/2024, de 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (DOG nº 251 do 31 de decembro de 2024).

    • Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se autoriza a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para conceder subvencións de carácter intramural destinadas á investigación e á formación no seu ámbito fundacional e se aproban as súas bases reguladoras (DOG nº 252 do 31 de decembro de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 276 de 18 de novembro de 2003)

    • Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

    • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administraciones Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR516C

Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA200A

Reintegro de gastos de prestación farmacéutica ao abeiro do artigo 4 do real decreto lei 16/2012, do 20 de abril, que engade un novo artigo 94.bis á lei 29/2006, do 26 de xullo.

SA201A

Autorización de depósito especial de medicamentos estupefacientes veterinarios para o seu uso clínico en establecementos veterinarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA202A

Autorización previa de funcionamento dunha entidade de distribución de medicamentos de uso humano.

Aberto todo o ano