Guía de procedementos e servizos

SA202F

Autorización de inclusión dun almacén por contrato na autorización dunha entidade de distribución de medicamentos de uso humano

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Sobre o procedemento

Autorización de inclusión dun almacén por contrato na autorización dunha entidade de distribución de medicamentos de uso humano

Entidades de distribución de medicamentos de uso humano domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios

Servizo de Inspección Farmacéutica

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542702

Email: servizo.inspeccion.farmaceutica@sergas.es

Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O Decreto 22/2023, do 16 de febreiro entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 11 de abril de 2023.

No suposto de que un almacén grosista utilice un almacén por contrato para a distribución de medicamentos, deberá solicitar que se inclúa na súa autorización. Na solicitude, farase  constar as actividades de distribución que o terceiro contratado vai realizar y deberá achegar o contrato asinado entre as partes.

  • Autorización de modificacións relevantes que afecten aos locais, equipos ou actividades de entidades de distribución de medicamentos de uso humano ( 31.11.04)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitude segundo o Anexo VI.

Carta de solicitude na que consten as actividades contratadas ao almacén por contrato proposto para ser incluído na autorización da entidade de distribución solicitante.

Copia do contrato entre a entidade de distribución solicitante e o almacén contratado.

Autorización do almacén por contrato emitida pola autoridade sanitaria competente.

Certificado de Boas Prácticas de Distribución de Medicamentos de Uso Humano en vigor emitido pola autoridade sanitaria competente.

Documento acreditativo do abono das taxas correspondentes segundo o cambio. Taxa 31.11.04 “Autorización de modificacións relevantes que afecten aos locais, equipos ou actividades de entidades de distribución de medicamentos de uso humano”.

Outra documentación que se considere pertinente.

Documentación acreditativa do representante legal.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa representante da entidade.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

30 días hábiles

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 782/2013, do 11 de outubro, sobre distribución de medicamentos de uso humano (BOE nº 251 do 19 de outubro de 2013).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios (BOE nº 177 de 25 de xullo de 2015).

    • Corrección de erros do Real Decreto Lexislativo 1/2015, de 24 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios (BOE nº 306 de 23 de decembro de 2015).

  • Ámbito Europeo
    • Directrices do 5 de novembro de 2013 sobre prácticas correctas de distribución de medicamentos para uso humano (2013/C 343/01).

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 22/2023, do 16 de febreiro, polo que se regulan os procedementos de autorización e comunicación relativos ás entidades de distribución de medicamentos de uso humano (DOG nº 57 do 22 de marzo de 2023).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR553C

Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano