Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR960A
Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A posta en marcha da XVII edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2025/2026 – 2ª fase
Entidades galegas que contan con equipos que compiten en modalidades/especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta/senior e/ou previa á absoluta.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Fundación Deporte Galego
Rúa Madrid, nº 2-4, Edificio EGAP, 2ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996377
Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
14/05/2026 00:00 - 20/05/2026 23:59
O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais, contados desde a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.
Solicitude segundo o Anexo I.
A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación primeiro prazo
- Xustificación gráfica 1º prazo (Anexo II)
- Fase de xustificación segundo prazo
- Xustificación gráfica 2º prazo (Anexo III)
- Fase de xustificación
- Memoria de actividade (Anexo IV)
- Declaración doutras axudas (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Plan de Patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2025/2026 – 2ª fase.
-
Anuncio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia, tempada 2025/26, segunda fase.
-
Outros procedementos relacionados
Voto por correspondencia a membro da asemblea xeral. Procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.
Prazo aberto: 01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59
Plan de patrocinio dos equipos de alta competición deportiva profesional de Galicia
Prazo aberto: 09/06/2026 00:00 - 15/06/2026 23:59
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano