Guía de procedementos e servizos

PR960A

Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Tempada 2025/2026 - 2ª Fase - Prazo pechado: 14/05/2026 00:00 - 20/05/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

A posta en marcha da XVII edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2025/2026 – 2ª fase

Entidades galegas que contan con equipos que compiten en modalidades/especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta/senior e/ou previa á absoluta.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid, nº 2-4, Edificio EGAP, 2ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996377

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal/

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

14/05/2026 00:00 - 20/05/2026 23:59

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais, contados desde a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio, ao email correspondente facilitado pola respectiva Federación Deportiva Galega, cursando invitación para a presentación da solicitude de patrocinio acompañando o texto do Plan. A Entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A, presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Plan de Patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2025/2026 – 2ª fase.

    • Anuncio do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia, tempada 2025/26, segunda fase.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE200A

Voto por correspondencia a membro da asemblea xeral. Procesos electorais das Federacións Deportivas Galegas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2026 00:00 - 31/12/2026 23:59

DE400B

Plan de patrocinio dos equipos de alta competición deportiva profesional de Galicia

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/06/2026 00:00 - 15/06/2026 23:59

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano