Guía de procedementos e servizos

PR949A

Subvencións a federacións deportivas galegas, clubs e sociedades anónimas deportivas galegas, para a adquisición de equipamentos deportivos.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 06/06/2025 00:00 - 07/07/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A concesión de axudas para a adquisición de equipamentos deportivos por federacións deportivas, clubs e sociedades anónimas deportivas.

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas.

2. Estas entidades, ademais dos requisitos xerais establecidos na normativa de subvencións, deberán reunir os seguintes requisitos:

– Figurar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia á data de publicación da convocatoria anual de subvencións.

– Ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva.

3. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Servizo de Fomento e Xestión Deportiva

Rúa Madrid 2-4 2ª planta Edificio EGAP

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996362/ 881996364/ 881996360/ 881996337

Email: subdireccion-plans-programas.pr@xunta.gal

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: ABERTO

06/06/2025 00:00 - 07/07/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o rexistro electrónico de cada Administración ou organismo rexerase, para efectos de cómputo dos prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar de modo accesible e visible.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III), segundo o disposto na base 7ª, a seguinte documentación:

a) Certificación do acordo do órgano colexiado competente da entidade deportiva (anexo IV), en que conste a relación de equipamento para o que se solicita a subvención e o orzamento de gasto.

b) Memoria xustificativa (anexo V).

c) Acreditación da representación, de ser o caso (anexo X).

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 106 do 5 de xuño de 2025).

    • Extracto da Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 106 do 5 de xuño de 2025).

    • Información da convocatoria de Deporte Galego.

Outros procedementos relacionados

DE001B

Modificación ou baixa no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE402B

Subvencións a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do plan corresponsables a través da realización de actividades de animación socio deportiva.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 11/07/2025 23:59

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano