Guía de procedementos e servizos

PR949A

Subvencións a federacións deportivas galegas, clubs e sociedades anónimas deportivas, para a adquisición de equipamentos deportivos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 29/10/2022 00:00 - 28/11/2022 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

1. Por esta orde procédese á segunda convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2022.

2. As bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria de subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos, son as aprobadas a través da Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A), que se publicou no DOG núm. 3, do 5 de xaneiro.

3. En todo o non disposto expresamente nesta orde, para os efectos do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, observarase o disposto na  Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas que non resultasen beneficiarias da concesión da subvención a través da Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar

Rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996362

Email: secretaria.deporte@xunta.gal

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: PECHADO

29/10/2022 00:00 - 28/11/2022 23:59

Para esta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

1. Estas entidades, ademais dos requisitos xerais establecidos na normativa de subvencións, deberán reunir os seguintes requisitos.

– Figurar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia na data de publicación da convocatoria anual de subvencións..

– Ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva.

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non obstante, non será necesaria a presentación dunha nova solicitude por parte das entidades solicitantes ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2021, cuxa solicitude fose desestimada con base na non dispoñibilidade de crédito desa convocatoria. Neste suposto, a Administración incorporará e tramitará de oficio aquelas solicitudes á presente convocatoria, notificándolles esta circunstancia ás entidades afectadas.

Dentro do prazo de presentación de solicitudes, as mencionadas entidades poderán manifestar a súa desistencia ou modificar as solicitudes incorporadas de oficio pola Administración. Neste suposto será necesaria a presentación dunha nova solicitude de acordo co anexo III.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do órgano colexiado competente da entidade deportiva (anexo IV).

b) Memoria xustificativa (anexo V).

c) Acreditación da representación, de ser o caso (anexo X).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que for realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 3 do 5 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Resolución do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 3 do 5 de xaneiro de 2022).

    • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2022).

    • Extracto da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2022).

    • Orde do 24 de novembro de 2022 pola que se acorda a tramitación de urxencia no procedemento de concesión de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos ao abeiro da Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 228 do 30 de novembro de 2022).

    • Resolución do 30 de novembro de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 230 do 2 de decembro de 2022).

    • Resolución do 16 de decembro de 2022 pola que se publica a relación definitiva das entidades beneficiarias, as entidades desestimadas e as entidades inadmitidas, ao abeiro da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 239 do 19 de decembro de 2022).

Outros procedementos relacionados

DE400A

Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano