Guía de procedementos e servizos

PR949A

Subvencións a federacións deportivas galegas, clubs e sociedades anónimas deportivas, para a adquisición de equipamentos deportivos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 28/09/2019 00:00 - 28/10/2019 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Por esta resolución do 24 de setembro de 2019, procédese á segunda convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2019.

Equipamentos deportivos subvencionables.

1. Só resultará susceptible de ser subvencionada a adquisición de equipamento deportivo inventariable, para ser destinado á participación en competicións deportivas oficiais ou á realización de adestramentos de acordo co disposto no anexo II.

2. Os equipamentos deportivos subvencionables serán os que figuran no anexo II, relación de equipamento.

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas que non resultasen beneficiarias da concesión da subvención a través da Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR949A) .

Obrigas das persoas beneficiarias.

Son obrigas do beneficiario:

1º. Cumprir o obxectivo que fundamenta a concesión da subvención.

2º. Xustificar, ante o órgano concedente, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a adquisición do equipamento deportivo e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3º. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4º. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia estas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

5º. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de dous anos desde a súa concesión.

6º. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7º. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

8º. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

9º. Segundo o disposto no artigo 11.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pago ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

10º. Outorgar premios, trofeos ou outros recoñecementos nas mesmas condicións, categorías e contías aos practicantes de ambos sexos nas competicións e eventos que organicen nos dous anos seguintes a data de concesión da axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar

Rúa Madrid, 2-4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996362

Email: secretaria.deporte@xunta.gal

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: PECHADO

28/09/2019 00:00 - 28/10/2019 23:59

Para a segunda convocatoria do exercicio económico do 2019, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

1. Estas entidades, ademais dos requisitos xerais establecidos na normativa de subvencións, deberán reunir os seguintes requisitos.

– Figurar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia á data de publicación da convocatoria anual de subvencións..

– Ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva.

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365.

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Certificación do órgano colexiado competente da entidade deportiva (anexo IV).

    • b) Memoria xustificativa e méritos (anexo V).

  • A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) DNI/NIE da persoa representante.

  • c) NIF da entidade representante.

  • d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

  • e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

  • g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

  • h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

  • i) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2 Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

  • Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).

    • Extracto da Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2019).

    • Corrección de erros. Resolución do 22 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 107 do 7 de xuño de 2019).

    • Resolución do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2019).

    • Extracto da Resolución do 24 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2019 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2019).

    • Resolución do 14 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 24 de setembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos (DOG nº 223 do 22 de novembro de 2019).

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano