Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR947B
Auditorías das contas anuais e operativas das federacións deportivas galegas
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A presente orde ten por obxecto aprobar o Plan de auditorías das federacións deportivas de Galicia para o período 2025-2028, correspondente ás anualidades 2024 a 2027, e establecer o procedemento para a presentación dos informes de auditoría.
Serán obxecto de auditoría as contas anuais correspondentes ao exercicio inmediatamente anterior ao da presentación.
Poderá acordarse tamén a realización de auditorías operativas ou de xestión, dirixidas a analizar a actividade federativa no relativo á eficacia e eficiencia na administración dos seus recursos. Nestas auditorías serán analizados a racionalidade dos procedementos empregados, os sistemas de control interno, a transparencia e os restantes ámbitos da xestión da federación deportiva, co fin de detectar campos de mellora e propoñer as recomendacións que se consideren necesarias para a óptima utilización dos recursos e o mellor desempeño das funcións federativas.
O Plan de auditorías das federacións deportivas galegas será de aplicación obrigatoria para todas as federacións deportivas galegas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, nos termos e co detalle que se establecen nesta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Subdirección Xeral de Plans e Programas
Servizo de Fomento e Xestión Deportiva
Rúa Madrid, 2 - 4, 2º (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996362
Email: subdireccion.plans.programas-pr@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
24/12/2020 00:00 - 30/11/2021 23:59
13/01/2022 00:00 - 31/01/2022 23:59
02/06/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59
24/03/2023 00:00 - 29/11/2023 23:59
23/04/2024 00:00 - 29/11/2024 23:59
20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
De conformidade co artigo 7 da Orde do 16 de xaneiro de 2025 (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2025) o prazo de presentación do informe de auditoría das contas anuais nos termos establecidos nesta orde virá determinado pola data de aprobación das contas anuais, segundo o disposto no artigo 37.2 do Decreto 85/2014, do 3 de xullo, e terá como data límite para a presentación do informe de auditoría das contas anuais a do 30 de xullo de cada ano; este prazo poderase ampliar por causas xustificadas.
O prazo de presentación do informe de auditoría operativa ou de xestión será dun mes a partir da data en que conclúan os traballos de auditoría. Non obstante, o prazo máximo de presentación do informe de auditoría será de seis meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da Resolución do 8 de maio de 2025 (artigo 5.2) pola que se determinen as federacións que deberán de someterse á auditoría.
1. Están obrigadas á presentación do informe de auditoría das contas anuais en todos os exercicios comprendidos no período 2025-2028 as federacións deportivas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Federacións deportivas que obtivesen axudas públicas ou subvencións da Administración autonómica por contía igual ou superior aos 100.000 euros no exercicio que se vai auditar, ou nas cales a subvención, axudas ou outro tipo de ingresos da Administración autonómica represente o 60 % ou máis do total de ingresos do exercicio que se vai auditar.
b) Federacións deportivas que teñan en vigor un plan de viabilidade aprobado polo departamento autonómico con competencias no ámbito deportivo.
c) Federacións deportivas que obtivesen, no informe de auditoría inmediatamente anterior, unha opinión con salvidades, desfavorable ou denegada.
2. De conformidade co artigo 37.2 do Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, aprobado mediante o Decreto 85/2014, do 3 de xullo, durante a vixencia do presente plan todas as federacións deportivas galegas deberán auditar, polo menos unha vez, as súas contas. Para estes efectos, o departamento autonómico con competencias en materia de deporte incorporará anualmente ao Plan de auditorías aquelas federacións deportivas que, a pesar de non estaren comprendidas nas circunstancias definidas no número un, resulten obrigadas a presentar un informe de auditoria das contas anuais do exercicio correspondente.
3. A resolución anual pola que se acorde a incorporación de novas federacións deportivas ao presente Plan de auditorías, así como as federacións que deban de someterse a auditorías operativas ou de xestión, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
4. Non obstante o disposto no punto 1.a) deste artigo, na resolución anual pola que se determinen as federacións deportivas que teñan que presentar informe de auditoría das súas contas anuais, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá exceptuar desta obriga cando concorran causas motivadas.
Presentación solicitudes
As comunicacións do informe de auditoría das contas anuais presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo normalizado que se inclúe como anexo I.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación
1. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:
a) Informe de auditoría das contas anuais do exercicio corresponde, se é o caso.
b) Informe de auditoría operativa ou de xestión, se é o caso.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade comunicante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de xaneiro de 2025 pola que se aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2025-2028, correspondente ás anualidades 2024 a 2027, e se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2025).
-
Corrección de erros. Orde do 16 de xaneiro de 2025 pola que se aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2025-2028, correspondente ás anualidades 2024 a 2027, e se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2025).
-
Resolución do 8 de maio de 2025, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que deberán presentar informe de auditoría das contas anuais de 2024 e auditorías operativas (DOG nº 94 do 19 de maio de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro de Instalacións Deportivas de Galicia.
Aberto todo o ano
Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.
Aberto todo o ano
Revogación do recoñecemento.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro da galeguidade.
Aberto todo o ano