Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR947B - Auditorías das federacións deportivas galegas.
A presente resolución ten por obxecto aprobar o Plan de auditorías das federacións deportivas de Galicia para o período 2021-2024 e establecer o procedemento para a presentación dos informes de auditoría.
Serán obxecto de auditoría as contas anuais correspondentes ao exercicio inmediatamente anterior ao da presentación.
O Plan de auditorías das federacións deportivas galegas será de aplicación obrigatoria para todas as federacións deportivas galegas incluídas no ámbito de aplicación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, nos termos e co detalle que se establecen nesta resolución.
1. Están obrigadas á presentación do informe de auditoría das contas anuais en todos os exercicios comprendidos no período 2021-2024 as federacións deportivas en que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a) Federacións deportivas que obtivesen axudas públicas ou subvencións da Administración autonómica por contía igual ou superior aos 100.000 euros no exercicio que se vai auditar, ou nas cales a subvención, axudas ou outro tipo de ingresos da Administración autonómica represente o 60 % ou máis do total de ingresos do exercicio que se vai auditar.
b) Federacións deportivas que teñan en vigor un plan de viabilidade aprobado polo departamento autonómico con competencias no ámbito deportivo.
c) Federacións deportivas que obtivesen, no informe de auditoría inmediatamente anterior, unha opinión con salvidades, desfavorable ou denegada.
2. De conformidade co artigo 37.2 do Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, aprobado mediante o Decreto 85/2014, do 3 de xullo, durante a vixencia do presente plan todas as federacións deportivas galegas deberán auditar, polo menos unha vez, as súas contas. Para estes efectos, o departamento autonómico con competencias en materia de deporte incorporará anualmente ao Plan de auditorías aquelas federacións deportivas que, a pesar de non estaren comprendidas nas circunstancias definidas no número un, resulten obrigadas a presentar un informe de auditoria das contas anuais do exercicio correspondente.
3. A resolución anual pola que se acorde a incorporación de novas federacións deportivas ao presente Plan de auditorías, así como as federacións que deban de someterse a auditorías operativas ou de xestión, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
4. Non obstante o disposto no punto 1.a) deste artigo, na resolución anual pola que se determinen as federacións deportivas que teñan que presentar informe de auditoría das súas contas anuais, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá exceptuar desta obriga cando concorran causas motivadas.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para o Deporte
Rúa Madrid 2-4 Fontiñas, 2ª andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996362
Secretaría Xeral para o Deporte
Resolución do 5 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2021-2024 e pola que se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (DOG nº 208 do 15 de outubro de 2020).
Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a Resolución do 5 de outubro de 2020 pola que se aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2021-2024 e pola que se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
Resolución do 15 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2020 (DOG nº 257 do 23 de decembro de 2020).
Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a Resolución do 15 de decembro de 2020 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2020 (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
Resolución do 23 de maio de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2021 e auditorías operativas (DOG nº 104 do 1 de xuño de 2022).
Orde do 17 de novembro de 2022 pola que se modifican a Resolución do 5 de outubro de 2020 pola que aproba o Plan de auditoría das federacións deportivas de Galicia para o período 2021/2024 e pola que se establece o procedemento para a presentación do informe de auditoría das contas anuais (código de procedemento PR947B), e a Resolución do 23 de maio de 2022, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2021 e auditorías operativas (DOG nº 225 do 25 de novembro de 2022).
Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2022 e auditorías operativas (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2023).
Corrección de erros. Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2022 e auditorías operativas (DOG nº 62 do 29 de marzo de 2023).
Orde do 27 de abril de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo do 2023 pola que se determinan as federacións deportivas que teñen que presentar informe de auditoría das contas anuais de 2022 e auditorías operativas (DOG nº 88 do 9 de maio de 2023).
Prazo de presentación: ABERTO
24/12/2020 00:00 - 30/11/2021 23:59
13/01/2022 00:00 - 31/01/2022 23:59
02/06/2022 00:00 - 30/11/2022 23:59
24/03/2023 00:00 - 29/11/2023 23:59
De conformidade co artigo único da Orde do 27 de abril de 2023 (DOG nº 88 do 9 de maio de 2023) pola que se modifica a Orde do 15 de marzo do 2023 (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2023): o prazo de presentación dos informes de auditoría, abrirase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e terá como data límite para a súa presentación a do 30 de xullo de 2023 para as auditorías das contas anuais de 2022, e a do 29 de novembro de 2023 para as auditorías operativas.
Presentación solicitudes .
As comunicacións do informe de auditoría das contas anuais presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo normalizado que se inclúe como anexo I.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:
a) Informe de auditoría das contas anuais do exercicio corresponde, se é o caso.
b) Informe de auditoría operativa ou de xestión, se é o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade comunicante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da comunicación .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"