Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR940C - Inscrición no rexistro da galeguidade.
O Rexistro da Galeguidade ten por obxecto a inscrición de oficio, na correspondente sección, das entidades a que lles sexa recoñecida a condición de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade, conforme o establecido na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, así como a inscrición e depósito dos actos e documentos relativos a elas.
As demais entidades poderán solicitar a súa inscrición na correspondente sección do Rexistro da Galeguidade.
As entidades galegas teñen a obriga de comunicar ao Rexistro da Galeguidade todas aquelas circunstancias relativas ás ditas entidades que requiran inscrición segundo o que se establece neste decreto.
2. A inscrición no rexistro das entidades a que, conforme a lei, lles sexa recoñecida a condición de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade é obrigatoria. O resto das entidades poderán solicitar a súa inscrición no rexistro.
3. A inscrición no Rexistro da Galeguidade será requisito indispensable para acceder ás axudas e subvencións públicas do órgano competente en materia de emigración da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral do Retorno
Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno
R/ Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957162/ 981957157
Fax: 981547296
Email: rexistro.emigracion@xunta.es
Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno
Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2013).
Corrección de erros. Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 159 do 22 de agosto de 2013).
Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2014).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes empezará o 1 de xullo de 2014.
- Solicitude segundo o Anexo III deste Decreto.
- Documentación específica para as Federacións:
- Acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e da súa representación.
- Acta o acordo de constitución da federación, na que deberán figurar as entidades que a conformen, o seu domicilio social, o número de inscrición no Rexistro da Galeguidade así como os datos de identificación dos representantes de cada unha destas.
- O acordo dos órganos competentes das entidades da súa vontade de se federaren.
- Os estatutos da federación nos que recolla algún dos fins que se determinan no artigo 13.1 da Lei da galeguidade e o seu funcionamento.
- Documentación acreditativa de recoñecemento da entidade de conformidade co ordenamento xurídico do Estado no que estea establecida, así como da súa inscrición no rexistro correspondente.
- A documentación pola que se determine o carácter temporal ou indefinido da federación.
- Número de identificación fiscal da entidade ou equivalente.
- Documentación acreditativa da composición dos seus órganos de goberno.
- Símbolo da federación.
- Documentación específica para os centros de estudo e difusión da cultura galega:
- Acreditación da identidade da persoa que asina a solicitude e da súa representación.
- Acta fundacional e estatutos nos que deberá constar como obxectivo fundamental, o estudo e difusión da cultura galega e a súa lingua.
- Documentación acreditativa da composición dos seus órganos de goberno.
- Certificación nominal das persoas integrantes da entidade conforme ao establecido no artigo 3 deste decreto.
- Símbolo da entidade.
- Memoria das actividades desenvolvidas pola entidade, ao menos, dos últimos dous anos e a relación destas co obxectivo fundamental da entidade tal e como se define no artigo 15.1 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
- Documentación específica para as redes sociais:
- Certificación do administrador que acredite a data na que comezaron a operar na rede.
- Acreditación de que levan polo menos dous anos operando na comunidade virtual cuns fins destinados á difusión e fortalecemento da galeguidade e á promoción da comunicación daqueles que compartan intereses comúns co pobo galego e a súa colaboración coa Comunidade Autónoma de Galicia.
- As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
- Cando a persoa solicitante non dispoña de mecanismos de identificación e sinatura recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá cubrir o formulario electrónico normalizado accesible desde a sede e enviar, ademais, en soporte papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, documento acreditativo de que cubriu o dito formulario.
Recibido o dito documento, o órgano competente en materia de emigración procederá a acreditar a identidade da persona solicitante e a dotala dun mecanismo de identificación e sinatura electrónica baseado en datos coñecidos por ambas as partes. Este mecanismo poderá ser empregado en todos aqueles procedementos para os cales o órgano competente en materia de emigración así o estableza. - Cando a documentación complementaria se presente electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos.
- No suposto de que a solicitude non reúna os requisitos formais esixidos ou a documentación presentada fose incompleta, requirirase á entidade, para que no prazo de 10 días, subsane a falta na que incorran ou acheguen os documentos preceptivos, indicándose que se non o fixera se lle terá por desistido da súa petición de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, previa resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Seis meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"