Guía de procedementos e servizos

PR930C

Conecta Voluntariado Galicia

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 31/05/2024 00:00 - 01/07/2024 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Aprobar as bases reguladoras polas  que se rexerá a concesión de axudas correspondentes ao programa Conecta Voluntariado Galicia para o ano 2024, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega dunha forma diferente e o encontro cos seus familiares.

Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

Basquiños, 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Secretaría Xeral da Emigración

Prazo de presentación: PECHADO

31/05/2024 00:00 - 01/07/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

a) Ter, o 15.7.2024, unha idade comprendida entre os 21 e os 30 anos.

b) Non ter participado en ningún programa convocado pola Secretaría Xeral da Emigración.

c) Ter nacido en Galicia ou ser descendente dunha persoa emigrante galega.

d) Posuír a nacionalidade española.

e) Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.

f) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 12 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

g) Carecer de discapacidades que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

Solicitudes

1. Cada persoa que pretenda participar só poderá presentar unha solicitude e nela fará constar os seus datos e a preferencia para o regreso.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 18 da Lei reguladora do procedemento administrativo común, entre os que se contan os rexistros das delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo e as oficinas consulares de España no estranxeiro.

As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a seguir, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:

• No Brasil:

– Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

– Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.

– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.

– Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía.

• En Venezuela:

– Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.

• En Cuba:

– Federación de Sociedades Galegas.

A utilización desta vía requirirá que a persoa participante autorice a persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude por vía electrónica, incluída no modelo normalizado de solicitude.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación da persoa solicitante:

a) Documentación acreditativa do seu nacemento en Galicia ou da ascendencia galega que inclúa a documentación acreditativa do parentesco, cando proceda.

b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade: documento de identidade do país de residencia e pasaporte español ou outro documento en que consten os datos persoais e a nacionalidade, ademais do libro de familia ou documentación equivalente.

c) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

d) Unha fotografía recente tamaño carné.

e) Un informe médico, conforme o modelo oficial que figura como anexo III, que acredite que carece de discapacidades que lle impidan participar con normalidade en actividades recreativas e deportivas.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) Datos do Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), para acreditar que a persoa participante se atopa vinculada cun concello galego no último día do prazo de presentación das solicitudes.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 20 de maio de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta Voluntariado Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 104 do 30 de maio de 2024).

    • Extracto da Resolución do 20 de maio de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta Voluntariado Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 104 do 30 de maio de 2024).

Outros procedementos relacionados

PR935A

Axudas de emerxencia social.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59

PR937A

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

BS310Q

Xuventude Crea.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 11/09/2024 00:00 - 10/10/2024 23:59

PR923C

Obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 18/02/2025 00:00 - 17/03/2025 23:59