Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR930B
Aventúrate con Galicia 2026
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Regular as axudas correspondentes ao programa Aventúrate con Galicia para o ano 2026, que ten por finalidade facilitarlles a 30 mozas e mozos de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no estranxeiro, a participación en determinadas actividades de verán convocadas pola Xunta de Galicia para a xuventude galega, así como o encontro cos seus familiares residentes na Comunidade Autónoma.
Mozos e mozas de orixe galego ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais
Praza Mazarelos,15
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545882
Email: accion.social.emigracion@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
05/05/2026 09:00 - 05/06/2026 20:00
O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes e iniciarase ás 9.00 horas do quinto día natural seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, comezará o día hábil seguinte.
O prazo finalizará ás 20.00 horas do día en que se cumpra un mes desde a data de inicio do prazo. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata ás 20.00 horas do primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata ás 20.00 horas do último día do mes.
Con carácter xeral, poderán optar a unha praza para participar neste programa os mozos e mozas con residencia habitual no estranxeiro que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 10 a os 17 anos o día 15 de xullo de 2026.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega residente no exterior.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Carecer de enfermidades transmisibles con risco de contaxio, discapacidades e outros impedimentos que lles imposibiliten participar con normalidade nas actividades recreativas e deportivas do campamento que soliciten.
Solicitudes
1. A solicitude deberá ser asinada polo/a menor que solicita a axuda para participar na actividade e pola persoa proxenitora ou titor/a que actuarán en calidade de representante, e deberá estar completamente cuberta.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, que inclúen os Consulados de España no exterior.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas solicitantes de América que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a seguir, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:
• No Brasil:
– Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
– Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.
– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.
– Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía.
• En Venezuela:
– Irmandade Galega en Venezuela.
– Irmandade Galega de Valencia.
– Centro Galego de Maracaibo.
– Centro Galego de Puerto La Cruz.
– Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara.
• En Cuba:
– Federación de Sociedades Galegas.
A utilización desta vía requirirá que a persoa solicitante autorice a persoa responsable da entidade colaboradora que se detalle no modelo normalizado de solicitude para que remita a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e non exime as persoas solicitantes e representantes da obriga de cubrir e asinar persoalmente a solicitude segundo o anexo I.
Para o caso de utilizar esta vía, é recomendable que as solicitudes se presenten cunha antelación suficiente respecto ao do remate do prazo de presentación das solicitudes.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación da persoa solicitante:
a) Documentación acreditativa do seu nacemento en Galicia ou da ascendencia galega que inclúa a documentación acreditativa do parentesco, cando proceda.
b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade: documento de identidade do país de residencia e pasaporte español en vigor ou, no caso de residir en países membros da Unión Europea, outros documentos en que consten os datos persoais e a nacionalidade.
c) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.
d) Unha fotografía recente tamaño carné.
e) Copia do certificado de nacemento ou libro de familia. De ser o caso, copia da resolución xudicial na cal se lle designe titor/a da persoa solicitante.
f) Informe médico, segundo o modelo que figura como anexo II, no cal se faga constar que a persoa solicitante non padece enfermidade infecto-contaxiosa nin ten discapacidades e outros impedimentos que lle imposibilite participar con normalidade nas actividades do campamento que solicita.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI da persoa solicitante.
– DNI da persoa representante.
2. Para o caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, para o caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos ditos datos, poderá solicitárselles ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- Informe médico (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 80 do 30 de abril de 2026).
-
Extracto da Resolución do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 80 do 30 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas de emerxencia social
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 16/02/2026 09:00 - 05/10/2026 20:00
Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega.
Prazo aberto: 09/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
Axudas económicas individuais.
Prazo pechado: 06/02/2026 09:00 - 13/04/2026 20:00
Conecta con Galicia. Actividades de aire libre.
Prazo pechado: 18/04/2024 00:00 - 20/05/2024 23:59