Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR815A
Axudas ás universidades galegas para proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Convocar as subvencións con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2025 e 2026 para:
a) A realización de proxectos de investigación que teñan como obxectivo a promoción do desenvolvemento humano e sostible, consonte a axenda nacional e internacional de desenvolvemento e en particular aliñados cos ODS da Axenda 2030 de Nacións Unidas.
É necesario que os proxectos sexan relevantes para a cooperación para o desenvolvemento, e que o seu contido estea claramente relacionado con este área, non sendo financiables nesta convocatoria as colaboracións científicas sen esta dimensión.
b) A creación de grupos de investigación, uni ou multidisciplinares, interuniversitarios ou non, no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, que teñan como obxectivo principal a especialización na investigación en cooperación para o desenvolvemento, que consolide liñas de investigación nesta materia no SUG.
1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións as universidades do Sistema universitario de Galicia, as súas entidades dependentes e os seus centros de investigación públicos, e serán destinatarios/as os/as investigadores/as individuais ou equipos e grupos de investigación do Sistema universitario de Galicia (SUG).
2. As persoas investigadoras ou os grupos de investigación destinatarios destas axudas deberán realizar as actuacións planificadas para a consecución dos resultados esperados coa maior dilixencia, facer un seguimento adecuado destas e elaborar os informes xustificativos intermedios e finais, así como permitir e favorecer a obtención de información necesaria por parte da Administración concendente.
3. As persoas investigadoras ou grupos de investigación destinatarios destas axudas disporán de liberdade de pensamento e expresión, dentro das prácticas e principios éticos recoñecidos, e poderán exercer os dereitos de propiedade intelectual e dereitos de autor derivados dos resultados das actividades de investigación desenvolvidas, tendo en conta que os citados resultados están ao servizo dos obxectivos da cooperación para o desenvolvemento. As publicacións científicas resultantes da subvención outorgada deberán ser enviadas á Administración concedente cando sexan obxecto de difusión, respectando en todo caso os dereitos de propiedade intelectual mencionados.
4. Para os efectos destas axudas enténdese por equipo ou grupo de investigación o conxunto do persoal investigador que baixo a dirección dun deles desenvolven un proxecto de investigación concreto. Os seus membros deben pertencer ao SUG ou as súas entidades dependentes ou os seus centros de investigación públicos, coa excepción dos considerados nas liñas d) e e) do punto seguinte.
5. O equipo e o grupo de investigación poderase constituír co seguinte tipo de membros:
a) Persoal investigador doutor con vinculación estatutaria ou contractual estable no SUG ou as súas entidades dependentes ou os seus centros de investigación públicos. Considéranse dentro desta categoría catedráticos e profesores titulares de universidades ou escolas universitarias, profesores contratados doutor ou axudantes doutor, contratados dos programas Ramón y Cajal, Juan de la Cierva, Marie Curie outros similares (sempre que teña adscrición a unha universidade do SUG durante toda a vixencia da axuda).
b) Persoal investigador non doutor con vinculación estatutaria ou contractual no SUG ou as súas entidades dependentes ou os seus centros de investigación públicos, ou mantida polo menos durante a vixencia do proxecto.
c) Persoal investigador en formación: persoal con vinculación ao SUG ou as súas entidades dependentes, ou os seus centros de investigación públicos en figuras específicas de formación investigadora, nomeadamente axudantes, persoal contratado en formación, contratados predoutorais ou con cargo a proxecto e bolseiros predoutorais de convocatorias públicas.
d) Investigadores asociados: persoal investigador doutor vinculado a outro organismo de investigación que se considera relevante para o correcto desenvolvemento do proxecto. Inclúese nesta categoría ao persoal docente doutor dos centros de ensino non universitario.
e) Persoal de apoio: persoal técnico ou calquera outro persoal contratado para a realización de tarefas de apoio á investigación no desenvolvemento de proxectos concretos de investigación e persoal sen vinculación a un organismo de investigación que pertenza a unha das entidades agrupadas ao proxecto, ou a unha contraparte se xustifica que aporta unha visión da zona e do tema de traballo imprescindible para a consecución dos obxectivos do proxecto.
6. O/a investigador/a principal que exerce a dirección dun proxecto e/ou grupo de investigación deberá ser doutor/a e pertencer a algunha das categorías incluídas na liña a) do punto 5 deste artigo.
7. Ningún/ha investigador/a individual e/ou membro dos equipos e grupos de investigación poderá presentar máis dun proxecto, aínda que si poderá estar incorporado/a en máis dun equipo ou grupo de investigación no ámbito desta convocatoria.
8. Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados en agrupación con calquera das entidades definidas como axentes de cooperación segundo o disposto na Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, e no Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Subdirección Xeral de Cooperación Exterior
Servizo de Fomento da Cooperación ao Desenvolvemento
Rúa do Hórreo nº 61 - 2º andar
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541015
Fax: 881999029
Email: cooperacion.exterior@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
29/05/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Non pasarán á fase de valoración as solicitudes presentadas que non cumpran algún dos requisitos seguintes:
1. Requisitos que deben reunir as entidades solicitantes:
a) Ser unha universidade do SUG ou unha das súas entidades dependentes ou centros de investigación públicos.
b) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Requisitos que deben reunir os destinatarios:
Ter correctamente xustificadas as axudas recibidas por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos en materia de Investigación para o desenvolvemento para a anualidade 2023 antes da data de presentación da solicitude para esta convocatoria. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos en que, sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas, recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.
3. Requisitos que deben reunir as entidades agrupadas:
a) Estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento con, polo menos, un ano de antelación ao día de publicación da convocatoria, agás no caso de ser unha universidade ou unha das súas entidades dependentes ou centros de investigación públicos.
b) Non incorrer en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Ter correctamente xustificadas as axudas recibidas por parte da Xunta de Galicia a outros proxectos en materia de Investigación para o desenvolvemento para a anualidade 2023 antes da data de presentación da solicitude para esta convocatoria. Así mesmo, é necesario que se efectuase o correspondente ingreso nos casos nos que, sobre as entidades beneficiarias de axudas económicas, recaese resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro. Así mesmo, non terá a condición de entidade agrupada aquela que non participe economicamente na xestión do proxecto, ben con cargo á subvención ou ben con aportes propios.
d) Ter asinado un contrato ou acordo de colaboración coa entidade líder da agrupación, polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se é o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade ou ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os que se lle concedeu a subvención.
4. Requisitos dos proxectos:
a) Non estar iniciada a execución do proxecto antes do 1 de xaneiro de 2025, sendo necesario que o seu inicio sexa no propio ano 2025. Nos supostos en que o proxecto teña carácter anual, deberá executarse antes do 30 de decembro do ano de concesión da subvención. No caso de proxectos con carácter plurianual, deberán executarse antes do 30 de decembro do ano seguinte ao de concesión da subvención.
b) Que se leven a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante, os proxectos poderán considerar traballo fóra de Galicia (resto de España, Europa e países prioritarios da Cooperación Galega, consonte ao establecido no V Plan director 2023-2026), sempre que os gastos destas actividades sexan realizados para achegar ás intervencións información e perspectiva dos países do sur.
c) Ser relevantes para a cooperación para o desenvolvemento, non sendo financiables nesta convocatoria as colaboracións científicas sen esta dimensión, e atoparse aliñados coa Axenda 2030.
d) O orzamento dos proxectos deberá cumprir co que establece o artigo 8. Gastos do proxecto desta convocatoria, en especial o relativo aos límites máximos establecidos nalgunha das partidas e a imputación adecuada dos gastos.
e) O cofinanciamento do proxecto correspondente á entidade solicitante e a outros financiadores diferentes á Xunta de Galicia é necesario, non pode ser o 100 % valorizado, ten que existir nalgún caso achega financeira ao proxecto.
f) O emprego dos documentos de formulación normalizados (tanto o técnico como o económico) adaptados á presente convocatoria.
g) Será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de especialización de Galicia (RIS3).
Solicitudes
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
Carpeta 1: información relativa á entidade solicitante.
a) Certificados emitidos pola universidade ou polas súas entidades dependentes ou os seus centros de investigación públicos a que pertence a persoa destinataria ou o equipo de destinatarios, que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 2 destas bases e autorice a participación no proxecto e o compromiso de gasto correspondente. No caso de que os membros do equipo de destinatario pertenzan a diferentes universidades, o cumprimento dos requisitos do artigo 2 e a autorización de participación, acreditarase por cada unha delas.
b) Curriculum vitae normalizado acreditativo dos méritos alegados pola persoa investigadora, equipo ou grupo de investigación.
c) Estratexia ou traxectoria de investigación do persoal investigador e/ou equipo de investigación de cara aos vindeiros anos (dous como mínimo) na que se inclúa a proposta presentada.
Carpeta 2: información relativa á/ás entidade/s agrupada/s.
a) Anexo III: declaración do artigo 10 da Lei de subvencións para entidades agrupadas distintas da solicitante.
b) Memoria da organización en Galicia en que se inclúan as accións da entidade nos últimos dous anos e na cal consten, se é o caso, as investigacións en que teñen colaborado.
c) Plan/estratexia de cooperación para o desenvolvemento ou educación para o desenvolvemento en Galicia, e/ou plan/estratexia específica nas áreas de educación, formación, sensibilización, investigación ou incidencia e mobilización social da organización en Galicia para os seguintes anos (dous como mínimo), na cal se enmarca o proxecto presentado.
d) No caso de agrupación, contrato ou acordo de colaboración asinado entre as persoas que posúan a representación legal das entidades, polo que se obrigan solidariamente ante a Xunta de Galicia polas posibles responsabilidades derivadas da execución do proxecto e, se é o caso, ao reintegro total ou parcial das subvencións nos supostos de falsidade, ocultación de datos ou incumprimento pleno ou parcial dos fins para os que se lle concedeu a subvención.
No contrato ou acordo de colaboración entre as entidades agrupadas designarán unha persoa que exerza a representación legal, que necesariamente pertencerá á entidade solicitante e líder da agrupación á que se lle transferirá a subvención de ser concedida, e un enderezo único para os efectos de notificacións. Así mesmo, deberán facer constar, como mínimo, os seguintes aspectos:
– Compromisos de execución asumidos por cada entidade membro da agrupación, así como os importes da subvención e as achegas propias que executará cada unha delas en cada anualidade.
– Compromiso da entidade solicitante de responsabilizarse do control financeiro e contable unificado do proxecto e de comunicación perante a Xunta de Galicia de todos os ingresos e gastos do proxecto.
e) Os axentes de cooperación que pola súa natureza xurídica posúan ánimo de lucro achegarán documento de compromiso de non obter ningún beneficio da operación. O devandito documento estará asinado pola persoa que exerza a representación legal da entidade.
Carpeta 3: información relativa ao proxecto.
A información sobre o proxecto presentarase nos seguintes documentos normalizados que poderán descargarse da páxina web da Cooperación Galega https://cooperacion.xunta.gal/:
– Formulario de presentación do proxecto en formato PDF, Word ou o correspondente en Libre Office.
– Orzamento do proxecto en formato Excel, ou o correspondente en Libre Office.
Calquera problema, dúbida ou aclaración poderá formularse directamente ante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou a través do enderezo electrónico cooperacion.exterior@xunta.gal
2. A falta de documentación relativa ás carpetas 1 e 2 e de información nalgunha delas impedirán a avaliación do proxecto, se non se procede á súa emenda dentro do prazo establecido no artigo 10 da presente orde. Quedará excluído de emenda o non envío ou envío noutro formato dos documentos normalizados de formulación técnica e económica da carpeta 2.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo comúndas administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número do expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
Para a tramitación deste procedemento poderán consultarse automaticamente, tanto da entidade solicitante como da/das entidade/s agrupada/s se é o caso, os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante ou agrupada, se é o caso.
b) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante ou agrupada.
c) Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións.
d) Certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de estar ao día nos pagamentos.
e) Certificación da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia de non ter débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Vixencia dos datos depositados no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.
g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
h) Concesión de subvencións e axudas.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo II e III, de ser o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Non obstante o anterior, e en aplicación do establecido no artigo 31.7.i) da Lei 9/2007, do 30 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, de desenvolvemento da anterior, no caso de entidades sen fins lucrativos, bastará coa declaración responsable da persoa solicitante de non estar incursa/s en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento, e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, para acreditar atoparse ao día nas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e non ser debedor por resolución de procedencia de reintegro, declaración que se considerará suficiente para os efectos de concesión e pagamento da subvención, de ser o caso.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de pagamento do anticipo (Anexo IV)
- Xustificación económica final (Anexo VII)
- Presentación da xustificación da 1ª anualidade (Anexo V)
- Declaración artigo 10 Lei de Subvencións para entidades agrupadas distintas da solicitante. Xustificación (Anexo III)
- Presentación da xustificación técnica final (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 101 do 28 de maio de 2025).
-
Extracto da Orde do 15 de maio de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 101 do 28 de maio de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 23/06/2025 23:59
Convocatoria pola Axencia Galega de Innovación de cinco postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius.
Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 26/06/2025 23:59
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano