Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR701A - Convocatoria pública en réxime de concorrencia para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados a tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra.
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria pública en réxime de concorrencia para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais que se van destinar a tal fin no edificio administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra.
As asociacións e entidades sen ánimo de lucro deberán presentar as súas solicitudes de xeito individual, aínda que poderán optar polo uso compartido de locais mediante agrupación destas.
a) Que, consonte os seus estatutos, na data da publicación desta orde, o seu domicilio se atope no concello de Pontevedra, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra; tamén se admitirán aquelas que, fóra destes casos, acrediten realizar a meirande parte da súa actividade no municipio de Pontevedra, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra.
b) Que non teñan ánimo de lucro e que os seus fins sexan de interese social, cultural, deportivo, sanitario ou outros de relevancia social.
c) Que se atopen legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Que se atopen ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.
e) No caso de estar obrigadas, ter depositado as contas no rexistro público correspondente. Este requisito deberá ser cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43, 9ª Planta
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805488/ 986805493
Email: xt.cpapx.pontevedra@xunta.gal
Dirección Xeral de Administración Local
Orde do 31 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados para tal fin no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2023).
Resolución do 19 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se adxudica a autorización de uso dos locais solicitados no procedemento con código PR701A, ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 103, do 1 de xuño), pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados para tal fin no edificio administrativo da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal de Pontevedra. (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2023).
Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE nº 272 do 11 de novembro de 2011).
Corrección de erros da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE nº 272 do 11 de novembro de 2011).
Prazo de presentación: PECHADO
02/06/2023 00:00 - 03/07/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo cardinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, htps://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (htps://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Solicitude no modelo normalizado que se xunta como anexo I (código de procedemento PR701A).
b) Certificación emitida polo/pola secretario/a da asociación ou entidade (anexo II) en que se faga constar o acordo do órgano competente da asociación ou entidade para tramitar, ante a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en Pontevedra, a solicitude de autorización de uso de locais que se pretenden tramitar ao abeiro desta orde. No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións establecidas na orde e deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O acordo estará referido a todas as actuacións que se recollen na memoria xustificativa que se menciona na alínea c). O incumprimento deste requisito constituirá causa de non admisión da solicitude. Neste documento tamén certificará:
– Que a asociación ou entidade ten o seu domicilio, na data de publicación desta orde, no concello de Pontevedra, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra ou ben que desenvolven a meirande parte da súa actividade no municipio de Pontevedra, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra.
– Que consonte os seus estatutos, a asociación ou entidade non ten ánimo de lucro e que os seus fins son de interese social, cultural, deportivo, sanitario o outros de relevancia social.
– De ser o caso, que ten a obriga de ter depositado as contas no rexistro público correspondente e que cumpre con este requisito na data de presentación desta solicitude.
c) Memoria xustificativa da necesidade do local que se solicita, asinada electronicamente polo/a representante da asociación ou entidade. Nesta memoria recolleranse os seguintes datos:
– Local que se solicita. Por cada solicitude poderase pedir:
a) Ou un local tipo A.
b) Ou un local tipo B.
Os locais tipo A teñen entre 20 e 27 metros cadrados aproximadamente de superficie e os locais tipo B teñen 40 metros cadrados aproximadamente de superficie.
– Adecuación do uso ao cal se vai destinar o local e previsión de actividades da asociación ou entidade para o ano en curso e o seguinte: deberá definirse claramente a necesidade do local que se solicita, os obxectivos para o ano en curso e o seguinte, a descrición das actividades que se van realizar e o orzamento desagregado para o dito período e un cronograma. No citado cronograma definiranse claramente a previsión de actividades que se van realizar cada mes do ano en curso e o seguinte, e engadirase tamén o orzamento de cada mes para realizar as ditas actividades.
– Relevancia social: deberá indicarse o carácter do/dos proxecto/s que se desenvolverá/n no local solicitado, que poderán ser: de igualdade de mulleres e homes; risco de exclusión ou marxinación e a súa integración social; saúde; para proxectos dirixidos a persoas con discapacidade ou dependentes; iniciativas sociais, culturais e xuvenís; deportes; outros. Para que se poida aplicar correctamente a puntuación que se recolle no artigo 11 desta orde, a redacción deste punto na memoria, deberá ser o máis concreta e ampla posible, para a súa mellor interpretación pola Comisión de Valoración.
– Número de beneficiarios e incidencia na participación: indicarase o número previsto de persoas ao ano que serán beneficiarias da atención no local asignado. Deberase indicar o número aproximado de persoas que se prevé atender ao ano, non un dato xeneralista ou poboacional.
Para determinar o número de beneficiarios deberán achegar a memoria de actividades, o plan de actuación ou unha declaración responsable do representante da asociación ou entidade solicitante.
– A asociación ou entidade sen ánimo de lucro deberá xustificar que desenvolve, maioritariamente, a súa actividade no ámbito territorial do concello de Pontevedra e indicar o ano de implantación da entidade no concello de Pontevedra, ou nos concellos limítrofes ou na súa bisbarra. No caso daquelas que teñan a súa sede social fóra do concello de Pontevedra e dispoñan dunha delegación ou establecemento neste, deberán desagregar, por anos, a atención prestada nesa delegación.
– Atención da asociación ou entidade no desenvolvemento das actividades previstas. Indicarase o horario de atención ás persoas beneficiarias da asociación no local que se solicita.
– Opcionalmente, compromiso expreso da entidade solicitante para a utilización da lingua galega na documentación presentada e na realización das actividades para as cales se solicita o local.
– Opcionalmente, epígrafe en que se recollan as actuacións previstas pola entidade solicitante que incentiven a igualdade de mulleres e homes no desenvolvemento diario das súas actividades ou achegar unha certificación de excelencia en igualdade ou similar.
– De ser o caso, documentación que acredite a declaración de utilidade pública.
– De ser o caso, documentación que acredite a recepción de premios dentro do eido local.
d) No caso de que se opte polo uso compartido de locais, achegarase o acordo asinado polos/as representantes das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro solicitantes que recolla, de xeito expreso, a súa conformidade coa tramitación da súa solicitude mediante a opción de uso compartido de locais, así como o nomeamento do/da representante único/a e a porcentaxe prevista de utilización por parte de cada unha das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, do espazo solicitado e a aceptación das condicións establecidas nesta orde (anexo III).
No caso de optar polo uso compartido de locais, presentarase toda a documentación anterior por cada unha das entidades participantes, de xeito individual. O anexo III deberá estar asinado electronicamente por todos os representantes das asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desexen participar na opción de uso compartido dos locais, pero unicamente será presentando coa solicitude da asociación ou entidade sen ánimo de lucro cuxo representante fose nomeado representante único, segundo o disposto no segundo parágrafo do artigo 5.1 desta orde.
Todos os documentos anexados serán arquivos do formato PDF.
2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1.Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.
f) Certificado de inscrición no correspondente rexistro da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Certificado de ter presentado as últimas contas no rexistro correspondente, no suposto de que teñan a obriga de presentalas.
No caso de que se opte polo uso compartido de locais, a consulta realizarase por cada unha das entidades solicitantes.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"