Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR606A - Subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural galego e a súa preservación e difusión no recolector de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.
Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia
O proceso de creación dos recursos dixitais, tanto para a dixitalización do fondo documental como para a do fondo bibliográfico, deberá seguir o establecido nesta páxina.
Mediante a presente resolución convócanse para os exercicios 2020 e 2021 as axudas a proxectos para a dixitalización do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, conforme o disposto no artigo 5 das bases reguladoras.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. As persoas beneficiarias deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nas presentes bases reguladoras, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases reguladoras e de cada convocatoria, poidan ser aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.
2. As persoas beneficiarias deberán comunicarlle á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
3. As persoas beneficiarias estarán obrigadas a manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos realizados ao abeiro da subvención concedida de acordo co disposto no artigo 140 do Regulamento (CE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
4. As persoas beneficiarias declararán, no momento da presentación da solicitude, contar coa capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se concede a axuda. Para os efectos do diposto no artigo 125.3.d) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 os beneficiarios deberán someterse ás actuacións de comprobación que efectuase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
5. As persoas beneficiarias deberán someterse ás actuacións de comprobación que efectuase a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, así como a calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Ademais, e posto que a convocatoria está dotada con fondos comunitarios, toda persoa beneficiaria se someterá ás verificacións que levará a cabo a autoridade de xestión sobre a base do disposto nos números 4 e 5 do artigo 125 do Regulamento (CE) nº 1303/2013, polo que se fixan as disposicións comúns relativas ao Feder, FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347, do 20.12.2013), así como ás comprobacións pertinentes dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.
Asemade, segundo o artigo 4 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a subministrar á Amtega, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aqueles das obrigas previstas no título I desta lei. Esta obriga extenderase aos adxudicatarios de contratos do sector público nos termos previstos no respectivo contrato.
6. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a persoa beneficiaria deberá recoñecer, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como entidade xestora, da Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto que incluira a imaxe institucional da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Xunta de Galicia e mostrará o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea, e unha referencia ao Fondo, que dá apoio á operación, o lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web (https://amtega.xunta.gal).
Durante a realización dunha operación, o beneficiario informará o público do apoio obtido dos fondos Feder:
a) Facendo unha breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.
b) Colocando, para as operacións non previstas nos puntos 4 e 5, polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que mencionará a axuda financeira da Unión, nun lugar ben visible para o público, por exemplo a entrada dun edificio.
7. As persoas beneficiarias deberán proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
8. A comunicación da aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx
9. Con carácter específico, as persoas beneficiarias deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención antes da data límite establecida para a execución dos investimentos subvencionables que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.
b) Xustificar ante a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ou ante quen esta determine, o cumprimento dos requirimentos e condicións, así como a realización do proxecto e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
c) As entidades beneficiarias que xestionen un repositorio OAI-PMH deberán cargar os recursos xerados coa axuda desta subvención no seu propio repositorio e permitir a súa recolección por parte de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. A URL base do devandito repositorio proporcionarase na memoria que se presente para solicitar as axudas que se convocan nesta resolución.
d) Axustarse á normativa técnica especificada nos «Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia», que poden consultarse na páxina web https://amtega.xunta.gal
1. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións, sen prexuízo da obriga de reuniren os requisitos establecidos nas presentes bases reguladoras, as entidades e organizacións, públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que dispoñan de activos do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, en concreto:
a) Os órganos estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As entidades locais de Galicia (incluídas as agrupacións e asociacións de concellos, consorcios e mancomunidades) e entidades delas dependentes.
c) As universidades públicas galegas e o Consello Galego de Universidades.
d) As entidades privadas sen fins de lucro que dispoñan de activos do patrimonio bibliográfico e documental de Galicia susceptibles de ser incorporados e difundidos a Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.
e) As reais academias e as academias de Galicia, oficialmente establecidas e recoñecidas.
2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as organizacións en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada recollida no formulario normalizado para a presentación das solicitudes que figura no anexo I desta resolución, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.
Os requisitos específicos para obter a condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións son:
a) O material bibliográfico e documental que sirva de base aos recursos dixitais deberá estar en dominio público. Poderanse dixitalizar bens que non estean en dominio público a condición de que as entidades solicitantes das axudas estean en posesión dos dereitos de explotación necesarios que permitan desenvolver as actuacións descritas no punto primeiro desta resolución. Esta circunstancia acreditarase segundo o anexo III desta resolución.
b) As persoas solicitantes deben presentar unha relación das obras para dixitalizar como requisito imprescindible para ser avaliados pola Comisión de Valoración. Esta relación cubrirase seguindo o anexo II desta resolución. Se nesta listaxe se presentan obras que xa se atopan dixitalizadas, a entidade solicitante terá que xustificar no punto correspondente dese anexo o interese e a necesidade desa redixitalización.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Área de Administración Dixital
Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957938
Email: memoria.dixital@xunta.gal
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 46 do 9 de marzo de 2020).
Extracto da Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 46 do 9 de marzo de 2020).
Resolución do 16 de abril de 2021 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 87 do 10 de maio de 2021).
Resolución do 24 de maio de 2021 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2021).
Resolución do 20 de xullo de 2021 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade da preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2021).
Resolución do 14 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade da subvención concedida ao abeiro da Resolución do 27 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 189 do 30 de setembro de 2021).
Resolución do 26 de abril de 2022 pola que se modifica a Resolución do 27 de febreiro de 2020, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa segunda convocatoria para os anos 2020-2021, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 82 do 29 de abril de 2022).
Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia
O proceso de creación dos recursos dixitais, tanto para a dixitalización do fondo documental como para a do fondo bibliográfico, deberá seguir o establecido nesta páxina.
Modelo de oposición á consulta de datos
Prazo de presentación: PECHADO
10/03/2020 00:00 - 13/04/2020 23:59
01/06/2020 00:00 - 29/06/2020 23:59
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes dende o 01-06-2020 ata o 29-06-2020 en virtude do disposto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 ( BOE núm.145 de 23 de maio de 2020).
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o seguinte a aquel en que publique a presente convocatoria no DOG.
Presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (formulario normalizado que figura no anexo I desta resolución).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación de solicitudes será o que se determine nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases reguladoras.
3. As solicitudes serán presentadas directamente polas persoas interesadas ou pola persoa que acredite a súa representación. O órgano instrutor poderá requirir en calquera momento ás persoas asinantes a acreditación da representación que posúan. A falta de representación suficiente da persoa solicitante ou beneficiaria en cuxo nome se presentou a documentación, determinará que o documento en cuestión se dea por non presentado, cos efectos que diso deriven para a continuación do procedemento.
4. Só se admitirá a presentación dunha única solicitude por cada persoa interesada e convocatoria. No caso de que foran presentadas varias solicitudes polo mesmo interesado no prazo de presentación de solicitudes, tan só se terá en conta a última solicitude presentada.
5. Se a solicitude non reúne os requirimentos establecidos nesta convocatoria, requirirase a persoa interesada para que no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días emende as faltas detectadas ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixese, se dará por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido nos artigos 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación complementaria:
a) Documento que acredite fidedignamente as facultades de representación do asinante da solicitude. O asinante da solicitude de subvención deberá posuír representación suficiente da organización solicitante para o inicio deste procedemento. Se o solicitante actuase como mandataria, deberá xustificar, mediante poder notarial, a dita calidade e representación.
b) Relación de documentos para dixitalizar, segundo o anexo II desta resolución.
c) Declaración responsable de estar en posesión dos dereitos de difusión, segundo o anexo III de esta resolución.
d) Opcionalmente, documentación complementaria á memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude, que incluirá gráficos, ilustracións ou calquera outra información adicional que a persoa interesada queira achegar para completar a súa solicitude. A valoración do proxecto realizarase atendendo a información recollida na memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude. Polo tanto, esta documentación complementaria opcional tan só ten fins aclaratorios da memoria do proxecto recollida no formulario de solicitude.
e) As entidades privadas sen fins de lucro, reais academias e as academias de Galicia deberán achegar, ademais, no caso de que non teñan traballadores ao seu cargo, unha certificación administrativa da Seguridade Social de inexistencia de inscrición como empresario no Sistema da Seguridade Social.
O certificado de non inscrición como empresario no Sistema da Seguridade Social deberá ir acompañado dunha declaración responsable do interesado de que non ten traballadores ao seu cargo.
f) No caso de institucións privadas sen fins de lucro, deberán achegar, ademais, copia dixitalizada da escritura de inscrición no rexistro público correspondente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Amtega poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo interesado, para o cal poderá requirirse a exhibición do documento orixinal.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
3. A documentación complementaria poderá presentarse utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, e utilizando os formatos, protocolos e tamaño máximo admitidos na sede electrónica. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
4. A comprobación da existencia de datos non axustados á realidade, tanto na solicitude como na documentación achegada, poderá comportar, en función da súa importancia, a inadmisión da solicitude da subvención, sen prexuízo das restantes responsabilidades que puidesen derivarse.
5. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderase requirir a persoa solicitante que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
6. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
7. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir a persoa solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
9. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE/NIF da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia ou incidencia técnica imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo a Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Requirimentos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia
O proceso de creación dos recursos dixitais, tanto para a dixitalización do fondo documental como para a do fondo bibliográfico, deberá seguir o establecido nesta páxina.
Modelo de oposición á consulta de datos
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"