Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR603A - Subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade para o período 2016-2018 en polígonos industriais.
Obxecto
Investimentos e gastos subvencionables.
1. As subvencións destinaranse a cofinanciar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos despregamentos subvencionados, de acordo co estipulado nas presentes bases e na convocatoria, e que se materialicen no período fixado en cada convocatoria.
2. Segundo a súa tipoloxía, considéranse investimentos e gastos potencialmente subvencionables, na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos, os seguintes conceptos asociados ao despregamento:
b) Subministración e instalación de equipamento, software e outros elementos asociados.
c) Planificación, enxeñaría e dirección facultativa de obra, incluíndo os custos directos imputables por gastos de persoal propio asignado ao proxecto. Os conceptos recollidos nesta alínea c) poderán considerarse ata un máximo do 12 % da cantidade subvencionable e, máis concretamente, os custos por gastos de persoal propio, ata un máximo do 7 % da cantidade subvencionable.
3. Independentemente da súa natureza, só se poderán considerar subvencionables os conceptos vinculadas a elementos ou redes que cumpran os requisitos de servizos por xunto recollidos nas presentes bases e nas convocatorias ditadas ao seu abeiro, así como os fixados polas autoridades nacionais de regulamentación.
4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. O beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, da prestación do servizo ou da entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os realicen, presten ou fornezan, ou que xa se levou a cabo con anterioridade un proceso de selección de provedores que garanta a elección das mellores propostas técnico-económicas.
5. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na fase de xustificación dos investimentos, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente a elección na memoria económica da conta xustificativa, referida no artigo 29 das presentes bases, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
6. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables o imposto sobre o valor engadido (IVE) ou outros impostos indirectos, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda. Tampouco se considerará subvencionable o gasto en material funxible.
7. Os importes da subvención asociados a cada un dos conceptos subvencionables que figuren na resolución de concesión representan os límites máximos de subvención, sen prexuízo do disposto no artigo 25 das presentes bases.
A quen vai dirixido?
Requisitos
2. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias, as unións temporais de empresas (UTE) en que polo menos unha das integrantes posúa a condición de operadora segundo se establece no número anterior.
De conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro, terán igualmente a consideración de beneficiarios.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias:
a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso en ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.
b) As empresas en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co Mercado Común.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Área de Sociedade Dixital
Edificio CINC, Cidade da Cultura de Galicia, Monta Gaiás, s/n,
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545535
Fax: 981544706
Email: sociedade-dixital.amtega@xunta.es
Órgano responsable
Área de Sociedade Dixital
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (DOG nº 77 do 22 de abril de 2016).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
23/04/2016 - 23/05/2016
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
Documentación para a presentación
- Xunto coa solicitude deberá presentarse, nas formas determinadas no artigo 12 desta Resolución, a seguinte documentación complementaria:
- a) Número de identificación fiscal (NIF) do solicitante. Só será preciso presentar este documento no caso de que o solicitante lle denegue expresamente ao órgano competente a súa consulta, por aplicación do artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- b) DNI do representante que asine a solicitude, sen prexuízo do dereito a non presentar este documento segundo o Decreto 255/2008 (DOG núm. 221, do 13 de novembro), no caso de que o interesado autorice expresamente o órgano competente para a súa consulta a traves do sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. A autorización cubrirase no recadro previsto no formulario de solicitude. Os estranxeiros residentes presentarán o NIE.
- c) Poder de representación: á solicitude citada xuntarase acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo o sinalado no artigo 13 das presentes bases.
- d) Condición de operador: deberase achegar a acreditación de que o solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado. Esta acreditación deberase realizar achegando certificación de estar inscrito no correspondente Rexistro de Operadores regulado no artigo 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, ou ben indicando o nome, o servizo e a data de resolución que figura no dito rexistro para a súa comprobación por parte do órgano instrutor.
- e) Unión temporal de empresas (UTE): no caso de que se presenten proxectos subscritos conxuntamente por varios solicitantes como futura unión temporal de empresas (UTE), incorporarase un compromiso dos solicitantes para constituír unha UTE no caso de que lle sexa concedida a subvención. En todo caso, os empresarios que desexen concorrer integrados nela deberán indicar na proposta os nomes e as circunstancias dos que a constitúan, a participación de cada un deles e que asumen o compromiso de que se constitúa formalmente en unión temporal, caso de resultaren beneficiarios. O escrito deberá estar asinado polos representantes das diversas empresas promotoras. A UTE deberá constituírse nun prazo máximo dun (1) mes contado desde a notificación da resolución de concesión da subvención e non poderá disolverse ata que transcorra o prazo a que se estendan as obrigas derivadas da subvención.
- f) Cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social: a presentación da solicitude de concesión de subvención por parte da persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano instrutor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Con todo, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento; nese caso, deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.
- g) Memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:
- 1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento.
- 2º. Alcance, que inclúa os seguintes puntos: cobertura final da proposta e servizos a usuarios finais.
Especificarase a porcentaxe de cobertura por cada entidade obxectivo nas condicións establecidas nas presentes bases.
Para cada un dos servizos a usuarios finais incluirase, cando menos, as características que confirmen o cumprimento dos aspectos mencionados no artigo 5 das presentes bases. - 3º. Solución tecnolóxica proposta, en que se expoña, polo menos, un resumo xeral da arquitectura de rede e a relación de todos os puntos de presenza da rede de acceso.
No resumo xeral da arquitectura de rede describiranse as principais tecnoloxías e medios de transmisión empregados, tanto na rede de transporte como na rede de acceso. Deberase facer especial enfase en demostrar que a capacidade de transmisión e efectiva ao longo de toda a rede, así como os metodos de aseguramento da continuidade dos servizos (dimensionamento da rede, redundancia, escalabilidade ).
Na relación dos puntos de presenza da rede de acceso indicarase a súa localización e a súa asociación ás entidades obxectivo. - 4º. Plan de despregamento, en que se detalle na fin de cada semestre os obxectivos que se van acadar para cada entidade obxectivo. Deberanse especificar obxectivos que supoñan un avance significativo indicar polo menos aspectos relativos á finalización da rede de transporte, a instalación de equipamento da rede de acceso, ao inicio de cobertura en cada entidade (posibilidade de primeiras contratacións de servizo) e á cobertura total proposta de cada entidade.
O Plan de despregamento deberá cumprir os prazos e obxectivos establecidos na convocatoria. - 5º. Plan de negocio que abarque, como mínimo, dez (10) anos desde o inicio da prestación do servizo empregando o metodo do valor actual neto (VAN) e indique a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.
- 6º. Plan de seguimento e control incluíndo unha proposta para o seguimento económico (con indicadores de Capex, Opex e ingresos), seguimento do despregamento (incluíndo polo menos os obxectivos indicados no Plan de despregamento), seguimento e control operativo (incluíndo informes de incidencias e operacións de mantemento) e seguimento e control comercial (incluíndo indicadores da penetración de servizos).
- 7º. Plan de comercialización e difusión, que inclúa unha proposta de plan de comercialización e difusión co obxectivo de dar a coñecer o proxecto entre as empresas das entidades obxectivo. Este plan de comercialización e difusión deberá ter o seguinte contido mínimo: canles de comercialización, plans de publicidade, campañas de márketing, material publicitario e portal web informativo.
Respecto das canles de comercialización que se propón empregar (tendas físicas, comercialización en liña, etc.), indicaranse expresamente os puntos de venda físicos dos servizos do solicitante, tanto propios como de terceiros, existentes na Comunidade Autónoma.
Nos plans de publicidade que se propoñan realizar, indicarase a súa planificación e as canles para utilizar (medios audiovisuais, prensa, redes sociais, soportes publicitarios, etc.), así como os recursos económicos que o solicitante compromete. Entre estas canles de difusión deberanse incluír, cando menos, medios audiovisuais e prensa escrita.
Respecto das campañas de márketing que se propoñan realizar, indicarase a súa planificación e natureza (telemárketing, venda a domicilio, reparto de publicidade, etc.), así como os recursos económicos que o solicitante compromete.
Na proposta de material publicitario que se vai empregar (carteis, folletos, etc.) nas actuacións anteriores, deberá figurar a referencia ao proxecto Plan de banda larga de Galicia 2020, á subvención da Xunta de Galicia e ao cofinanciamento con fondos Feader, conforme o disposto no artigo 27.
Os solicitantes deberanse comprometer a facer referencia no seu portal web a este proxecto.
En todo caso, os beneficiarios da subvención deberán acordar coa Amtega todas as mensaxes relativas ao proxecto Plan de banda larga de Galicia 2020, así como as condicións de uso da súa imaxe. Será preciso obter a validación da Amtega de forma previa ao lanzamento de cada unha das actuacións de difusión do proxecto. - Os solicitantes non estarán obrigados a presentar os documentos ou informacións que xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, os solicitantes poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.
- Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves dos formularios normalizados que, en cada convocatoria ditada ao abeiro das presentes bases, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. - A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente empregando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas. - No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Na sede electrónica atópanse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"