Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR486E
Distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a entidades locais para investimentos de carácter estratéxico.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, destinada a entidades locais de Galicia para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos.
1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia a letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos ten como destinatarios os concellos que realicen investimentos en infraestruturas municipais que supoñan un desenvolvemento estratéxico desde o punto de vista económico, social ou territorial do concello.
2. Os concellos poderán presentar proxectos de forma individual ou proxectos conxuntos, a través de asociacións ou agrupacións reguladas por convenio ou mediante mancomunidades.
3. Para poder acceder ás achegas do fondo adicional, as entidades solicitantes deben acreditar a remisión da conta xeral do exercicio que corresponda ao Consello de Contas de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546579
Email: administracionlocal@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
24/07/2024 00:00 - 23/08/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Forma de presentación de proxectos estratéxicos.
1. Para poder recibir a asignación regulada nesta orde, as entidades deberán presentar unha solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, dirixida á Dirección Xeral de Administración Local, segundo o modelo que figura como anexo I a esta orde.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. Os concellos interesados deberán achegar co anexo I da solicitude, debidamente cuberta, a seguinte documentación:
a. Proxecto para o cal se solicita a asignación do fondo adicional.
b. Memoria xustificativa do carácter estratéxico do investimento.
c. Memoria económica do proxecto.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas achega a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia dun documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento en cuestión ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de xullo de 2024 pola que se establecen os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, previsto na letra i) do artigo 59.catro da Lei de orzamentos xerais para 2024 (DOG nº 142 do 23 de xullo de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Aberto todo o ano