Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR486B
Distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
A distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes para o financiamento de investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal.
Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do Padrón municipal de habitantes en 2024, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais
Servizo de Xestión e Cooperación Económica
Rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546212
Email: administracionlocal@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
13/03/2025 00:00 - 14/04/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Para poderen acceder ás achegas do fondo adicional que se regulan nesta orde, os concellos deben ter remitido a conta xeral do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia.
Solicitudes.
1. Para poder recibir a achega regulada nesta orde, os concellos relacionados no anexo II presentarán unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local segundo o modelo que figura como anexo I.
2. Cada concello poderá presentar unha única solicitude que se corresponderá cun só proxecto, ben que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación.
Xa que logo, se o órgano tramitador observa que un concello presentou dúas ou máis solicitudes, poñerallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo. De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. Os concellos interesados deberán achegar co anexo I de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:
a) Certificado da persoa secretaria do concello, no cal faga constar o acordo do órgano competente da entidade local en virtude do cal se solicita a achega para as obras concretas que se pretenden executar ao abeiro desta orde e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.
Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e os demais requisitos establecidos na orde.
b) Memoria explicativa da actuación, asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa, que conterá toda a información necesaria para a valoración do proxecto conforme os criterios establecidos no artigo 10.
c) O proxecto das obras co seguinte contido mínimo:
a. Memoria do proxecto.
b. Orzamento detallado, desagregado no nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a prezo global.
c. Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas achega a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia dun documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento en cuestión ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto na letra h) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (DOG nº 49 do 12 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
Axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos.
Prazo aberto: 25/02/2025 12:00 - 31/03/2025 23:59