Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR486A - Subvencións a concellos para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, que se indican a seguir:
1. Obras de instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública.
2. Obras de pavimentación de camiños públicos municipais.
3. Obras de construción, mellora e ampliación de parques infantís, cubrición de parques infantís ou construción de novos parques infantís cubertos.
4. Obras de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais, obras de adaptación para garantir que resulten accesibles e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.
Para os efectos desta orde, terán a consideración de edificio ou dependencia destinada á prestación dos servizos municipais aqueles relacionados co exercicio de calquera das competencias referidas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ou coa prestación dos servizos incluídos no artigo 26.1 da mesma lei.
1. Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter menos de 30.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Ter remitido a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2022, ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
No caso das agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir ambos os requisitos todos os concellos agrupados ou asociados, polo que o incumprimento por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.
2. As solicitudes presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Cada concello poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre que unha delas sexa individual e a outra sexa unha conxunta de agrupacións ou asociacións de concellos. En todo caso, ambas as solicitudes deberán ser para actuacións diferentes.
A inclusión dun concello nunha solicitude de xestión compartida dunha asociación ou agrupación exclúe a posibilidade de participar noutra solicitude conxunta e só é compatible coa presentación doutra individual.
Cando o órgano tramitador observe que un concello participa en máis dunha solicitude individual e/ou en máis dunha solicitude de agrupacións ou asociacións de concellos, poñerao de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo.
De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.
b) Cada solicitude corresponderase cun único proxecto, aínda que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación. Malia o anterior, nas solicitudes para investimentos presentadas por agrupacións ou asociacións de concellos, cada proxecto deberá corresponderse cunha única actuación e constituirá causa expresa de inadmisión a presentación de solicitudes conxuntas para a realización dun proxecto de investimento que inclúa máis dunha actuación.
Para os efectos desta orde, considerarase proxecto aquela actuación ou conxunto de actuacións, susceptibles de definición individualizada, para as cales se solicita subvención.
Cada actuación virá definida no documento que corresponda segundo a súa tipoloxía:
a. Equipamento: memoria detallada e valorada.
b. Obras: proxecto/s ou anteproxecto/s.
O orzamento total da solicitude e, xa que logo, do proxecto, é o resultado da suma dos orzamentos parciais das actuacións que o integran, incluído o imposto sobre o valor engadido.
c) Que a entidade solicitante teña a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou predios en que se pretende realizar as actuacións.
Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante a certificación emitida pola persoa secretaria do concello solicitante, no modelo do anexo II, ou do concello representante, no modelo do anexo III, segundo proceda. Neste último caso, a certificación realizarase con base na emitida pola persoa secretaria do concello en que se localicen os terreos ou predios en que se vaia desenvolver cada unha das actuacións que integran o proxecto.
Para os efectos desta orde, entenderase que existe plena dispoñibilidade cando as actuacións para as cales se solicita subvención non estean pendentes de ningunha autorización ou licenza urbanística ou sectorial tanto municipal como por parte doutros organismos ou administracións públicas en materia de dominio público hidráulico, patrimonio cultural ou estradas, entre outras, ben por dispoñer dela ou por non ser preceptiva.
d) Que existe acordo do concello polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde con base no proxecto, anteproxecto ou memoria detallada ou valorada, segundo o caso, e se aceptan expresamente as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.
Este acordo deberá estar adoptado antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante certificación emitida pola secretaría do concello solicitante, no modelo do anexo II ou pola secretaría do concello representante, no modelo do anexo III. Neste último caso, emitirase a certificación con base nos acordos adoptados, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, por cada un dos concellos que integran a asociación ou agrupación, e incluirá a designación dun/dunha alcalde/alcaldesa como persoa representante única, que actuará como coordinadora e interlocutora ante a Dirección Xeral de Administración Local e será quen reciba e xustifique a subvención.
e) Sen prexuízo doutros supostos en que proceda a inadmisión da solicitude, para as formuladas por agrupacións ou asociacións de concellos establécese expresamente a inadmisión daquelas solicitudes en que non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.
3. Os concellos que desexen formular unha solicitude conxunta deberán regular a agrupación ou asociación mediante un convenio de colaboración que achegarán xunto coa solicitude e que terá o contido mínimo obrigatorio que se establece no artigo 7.6 desta orde.
4. O incumprimento de calquera das condicións ou requisitos establecidos neste artigo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes constituirá causa de inadmisión da solicitude, sen prexuízo de calquera outra que poida derivar da normativa aplicable.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais
Rúa Madrid, nº 2-4, 2º. As Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546579
Fax: 981546569
Email: administracionlocal@xunta.gal
Dirección Xeral de Administración Local
Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).
Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
13/01/2024 00:00 - 12/02/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Forma de presentación de solicitudes .
1. Os concellos, tanto individualmente como asociados ou agrupados, que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local, segundo o modelo que figura como anexo I destas bases reguladoras. Esta solicitude deberá ir acompañada da documentación que se establece no artigo 6 ou no artigo 7 desta orde, segundo proceda.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria á solicitude individual .
Os concellos interesados deberán achegar co anexo I de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:
1. Declaración responsable asinada electronicamente pola persoa representante do concello solicitante, incluída no anexo I desta orde, na cal se faga constar:
a) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
b) Que o concello non está incurso en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.
Esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nin é debedor por resolución de procedemento de reintegro, para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, incluídos os relativos á conta bancaria en que se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso.
2. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello solicitante, no modelo do anexo II, na cal se faga constar:
a) O acordo do concello polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.
Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde.
b) A remisión da conta xeral do concello ao Consello de Contas de Galicia, correspondente ao exercicio orzamentario de 2022, á cal fai referencia o artigo 3.1.b) desta orde.
No certificado quedará acreditado que esta remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de envío ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas en que non se faga constar esta data de remisión.
c) A plena dispoñibilidade do concello sobre os terreos e predios en que se van desenvolver as actuacións. Deberá quedar acreditado que o concello, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa ten a dispoñibilidade sobre eles, nos termos establecidos no segundo parágrafo do artigo 3.2.c) desta orde.
d) Os dereitos recoñecidos netos (capítulos I, II e III do estado de ingresos) do orzamento liquidado da entidade do ano 2022, para o cálculo do esforzo fiscal do concello.
3. Memoria xustificativa da necesidade das obras ou equipamentos para as cales se solicita a subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade local. Esta memoria deberá conter as razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales solicitan a subvención, para os efectos da súa valoración de acordo co criterio establecido no artigo 11.3 destas bases reguladoras.
4. Ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, nas solicitudes de subvención para obras, deberá achegarse o proxecto ou o anteproxecto da obra que se vai realizar, asinado electronicamente polo técnico ou pola técnica que o redacte, co seguinte contido mínimo:
– Memoria explicativa.
– Orzamento detallado, desagregado no nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.
– Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.
– Planos do Sixpac en que se indiquen as coordenadas UTM de cada unha das actuacións que integran a solicitude.
No caso de parques infantís, será obrigatoria a súa adaptación á normativa europea para este tipo de instalacións.
5. Nas solicitudes de subvención para equipamento, ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, deberá achegarse unha memoria detallada e valorada do equipamento para o cal se solicita subvención, asinada electronicamente pola persoa representante do concello solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.
Documentación complementaria á solicitude conxunta .
As agrupacións ou asociacións de concellos interesados deberán achegar co anexo I de solicitude, debidamente cuberto, a seguinte documentación:
1. Declaración responsable asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa representante da asociación ou agrupación de concellos, incluída no anexo I, na cal se faga constar, con base nas declaracións responsables emitidas polos alcaldes e/ou alcaldesas de cada un dos concellos asociados ou agrupados participantes na solicitude, canto segue:
a) O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
b) Que ningún dos concellos integrantes da solicitude está incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.
Esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nin é debedor por resolución de procedemento de reintegro, para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos, incluídos os relativos á conta bancaria en que se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso.
As declaracións orixinais emitidas polos concellos integrantes da asociación ou agrupación deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
2. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello representante, no modelo do anexo III, na cal se faga constar, con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados ou agrupados e/ou nas certificacións emitidas polas persoas secretarias dos concellos participantes na solicitude, canto segue:
a) Que todos os concellos integrantes acordaron solicitar subvención para as obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, mediante a fórmula de xestión compartida, e que aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.
No referido acordo, que deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde.
b) O nomeamento do alcalde ou da alcaldesa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación ou asociación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a, perceptor/a e xustificador/a da axuda.
c) O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.
d) Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron a conta xeral do exercicio orzamentario 2022 ao Consello de Contas, segundo exixe o artigo 3.1.b) desta orde. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que a data de sinatura do certificado implicará que a data de remisión ao Consello de Contas se efectuou, en todo caso, nunha data anterior á emisión do certificado.
e) A plena dispoñibilidade dos concellos sobre os terreos e predios en que se van desenvolver as actuacións. Deberá quedar acreditado que os concellos, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, xa teñen a dispoñibilidade sobre eles, nos termos establecidos no segundo parágrafo do artigo 3.2.c) desta orde.
f) Os dereitos recoñecidos netos (capítulos I, II e III do estado de ingresos) dos orzamentos liquidados dos concellos do ano 2022, para o cálculo do esforzo fiscal da entidade solicitante.
g) O importe total dos capítulos de gasto de capital (V a IX) dos orzamentos vixentes dos concellos participantes na solicitude.
Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta de referencia expresa ao contido determinado en calquera das alíneas deste número 2, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas ou asociadas, determinará a inadmisión da solicitude conxunta.
Os acordos orixinais emitidos polos concellos integrantes da asociación ou agrupación, así como as certificacións emitidas polas persoas secretarias destes concellos, entre as cales se atopará, en todo caso, a certificación de plena dispoñibilidade dos terreos emitida pola persoa secretaria do concello en que se van desenvolver as actuacións, deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
3. Memoria xustificativa da necesidade das obras ou equipamentos para as cales se solicita a subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da entidade solicitante, para os efectos da súa valoración de acordo co criterio establecido no artigo 11.3 destas bases reguladoras.
Esta memoria xustificativa conterá unha memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante. Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.
4. Ademais da documentación indicada nos puntos anteriores, nas solicitudes de subvención para obras deberá achegarse o proxecto ou o anteproxecto da obra que se vai realizar, asinado electronicamente polo técnico ou pola técnica que o redacte, co seguinte contido mínimo:
– Memoria explicativa.
– Orzamento detallado, desagregado no nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.
– Planos a escala e detalle suficientes para describir a actuación.
– Planos do Sixpac en que se indiquen as coordenadas UTM da actuación.
No caso de parques infantís, será obrigatoria a súa adaptación á normativa europea para este tipo de instalacións.
5. Nas solicitudes de subvención para equipamento, ademais da documentación indicada nos puntos anteriores deberá achegarse unha memoria detallada e valorada do equipamento para o cal se solicita subvención, asinada electronicamente pola persoa representante da agrupación ou asociación solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.
6. Convenio de colaboración que regule a asociación ou agrupación de concellos, co seguinte contido mínimo obrigatorio:
a) Concellos que subscriben o convenio e capacidade xurídica con que actúa cada unha das partes.
b) Obxecto do convenio, obxectivos e actuacións que acorden desenvolver para o cumprimento da actuación subvencionada, de ser o caso.
c) Designación de alcalde ou alcaldesa como representante único que actuará como persoa coordinadora e interlocutora ante a Dirección Xeral de Administración Local e será quen reciba e xustifique a subvención.
d) Os compromisos de execución asumidos por cada membro da asociación ou agrupación de concellos, que incluirán unha referencia expresa ás porcentaxes e/ou importes de financiamento do proxecto que achegará cada un dos concellos participantes.
e) En ningún caso a participación de cada un dos concellos poderá ser inferior ao 25 % do orzamento total do proxecto. En agrupacións ou asociacións de catro ou máis concellos, as porcentaxes de participación deberán ser a partes iguais.
f) O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.
g) O compromiso de non disolver a agrupación ou asociación mentres non transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 65 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Forma de presentación da documentación complementaria para a tramitación do procedemento .
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas achega a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia dun documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento en cuestión ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.
Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a Concellos asociados ou agrupados.
Distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.
Distribución do fondo adicional ao fondo de cooperación local destinado a concellos para participación en comunidades enerxéticas.