Guía de procedementos e servizos

PR483B

Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos asociados ou agrupados.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva destinadas aos concellos cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, polos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V da orde, mediante asociacións ou agrupacións.

Aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V desta orde, que formulen:

1. Petición de maneira individual.

2. Petición de maneira conxunta mediante agrupación ou asociación de concellos nos termos do artigo 9.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Administración Local

Rúa Madrid, nº 2-4, 2º. As Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546579

Email: administracionlocal@xunta.gal

Dirección Xeral de Administración Local

Prazo de presentación: PECHADO

07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Para poderen ser beneficiarios destas subvencións, os concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia deben cumprir o requisito de ter remitida a conta xeral do exercicio orzamentario 2023 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de agrupamentos de concellos ou solicitude conxunta para a xestión compartida, deberán cumprir con este requisito todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación deste requisito por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención suporá a inadmisión desta.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal:

Anexo II: subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos agrupados ou asociados (PR483B).

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 30/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. Os concellos que presenten solicitude conxunta segundo o establecido no artigo 9 desta orde deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación xeral:

a) Declaración responsable asinada electronicamente polo/a alcalde/sa representante da asociación ou agrupación de concellos incluída no anexo II ou IV desta orde, segundo proceda, na cal se faga constar, con base nas declaracións responsables emitidas polos/as alcaldes/sas de cada un dos concellos asociados ou agrupados participantes na solicitude:

1. O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas soliciten e/ou obteñan doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

De haber outros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, deberá incluírse unha relación detallada de tales ingresos ou subvencións, con indicación do importe e da súa procedencia.

2. Que ningún dos concellos integrantes da asociación ou agrupación está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que os concellos están ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedores por resolución de procedemento de reintegro.

3. Os datos de estimación directa e indirecta do número de empregos creados ou mantidos coas actuacións solicitadas, con especificación do número de contratos e da duración de cada un.

4. Que todos os datos contidos na solicitude, incluídos os relativos á conta bancaria en que se realizará o pagamento da subvención, de ser o caso, e nos documentos que se achegan son certos.

As declaracións orixinais emitidas polos concellos integrantes da asociación ou agrupación deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

b) Certificación emitida pola persoa secretaria do concello representante no modelo do anexo VII e asinada electronicamente, na cal se faga constar, segundo os acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados ou agrupados e/ou nas certificacións emitidas polas persoas secretarias dos concellos participantes na solicitude:

1. Que acordan solicitar subvención para os gastos de funcionamento, obras ou equipamentos concretos que se pretenden executar ao abeiro desta orde, e aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

O acordo estará referido a todas as actuacións que integran o proxecto, polo que deberá consignarse a denominación e o orzamento de cada unha, así como o orzamento total.

O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

2. O nomeamento do/da alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación ou asociación e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a, perceptor/a e xustificador/a da axuda.

3. O compromiso solidario de execución e de aplicación solidaria da subvención.

4. Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron a conta xeral do concello ao Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio orzamentario 2023, segundo exixe o artigo 8.1. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números 1, 2, 3 e 4 anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas ou asociadas, determinará a inadmisión da solicitude conxunta.

Os acordos orixinais emitidos polos concellos integrantes da asociación ou agrupación, así como as certificacións emitidas polas persoas secretarias destes concellos, entre as cales estará, en todo caso, a certificación de plena dispoñibilidade dos terreos emitida pola persoa secretaria do concello en que se van executar as obras, deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

c) Memoria xustificativa: a entidade solicitante deberá achegar unha memoria xustificativa das actuacións para as cales solicita subvención, asinada electronicamente polo alcalde ou alcaldesa representante, co seguinte contido:

1. Xustificación da adecuación das actuacións para as cales se solicita subvención aos criterios de subvencionabilidade establecidos no artigo 4 desta orde.

2. Memoria de aforro de custos, na cal se fará constar en cadro comparativo a diferenza dos custos da execución compartida respecto da execución individual por cada concello participante.

Neste cadro comparativo consignaranse o importe do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a execución individual da actuación produciría para cada un dos concellos.

Na liña en concorrencia competitiva, esta memoria deberá redactarse co grao de concreción adecuado para facilitar a súa valoración segundo os criterios establecidos no artigo 24.3, para o cal conterá as razóns que xustifican a necesidade das actuacións para as cales se solicita subvención.

2. Ademais da documentación xeral indicada no número 1 do artigo 20, as agrupacións ou asociacións de concellos solicitantes deberán presentar a seguinte documentación específica, segundo proceda:

a) Solicitudes para gastos de funcionamento. Nas solicitudes para gastos de funcionamento, a entidade solicitante deberá xuntar:

1. Unha memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa representante, que conterá a descrición e o orzamento detallado dos gastos de funcionamento para os cales se solicita subvención.

2. Certificación a que se refire o artigo 6, emitida e asinada electronicamente pola secretaría do concello representante da entidade solicitante no modelo do anexo VII, relativa á vinculación do gasto co servizo ou servizos municipais que teñan asignadas as funcións de protección do ambiente e do espazo natural.

b) Solicitudes para obras. Nas solicitudes para obras deberá presentarse a seguinte documentación:

1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria do concello representante, no modelo do anexo VII, referida á plena dispoñibilidade da entidade solicitante sobre os terreos e predios onde a agrupación/asociación de concellos pretende realizar as actuacións. Deberá quedar acreditado que todos os concellos en que se vaian realizar as actuacións, antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, teñen a plena dispoñibilidade sobre os terreos ou predios. O incumprimento destes requisitos, aínda que afecte unha soa das entidades participantes, constituirá causa de inadmisión da solicitude da agrupación de concellos.

2. O proxecto ou anteproxecto da obra que se vaia realizar, co seguinte contido mínimo:

– Memoria explicativa.

– Orzamento detallado, desagregado a nivel de partida, con indicación das unidades e prezos de cada unha. En ningún caso se admitirán orzamentos a tanto global.

– Planos a escala e detalle suficientes para describir as actuacións.

c) Solicitudes para equipamento. Nas solicitudes para equipamento deberá presentarse unha memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada electronicamente polo alcalde ou pola alcaldesa representante da entidade solicitante, que conterá a descrición e o orzamento detallado do equipamento solicitado.

3. Xunto coa solicitude de subvención poderá presentarse o convenio de colaboración subscrito entre as partes, cos requisitos e contido obrigatorio establecidos no artigo 12. De optar por presentalo xunto coa solicitude, xa non será preceptivo achegalo no prazo determinado no artigo 12.4.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de xaneiro de 2025 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2025, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D) (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2025).

    • Extracto da Orde do 23 de xaneiro de 2025 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2025, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (códigos de procedemento PR483A, PR483B, PR483C e PR483D) (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

PR485A

Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

PR486B

Distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 13/03/2025 00:00 - 14/04/2025 23:59

PR483A

Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59

PR483C

Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 07/02/2025 00:00 - 06/03/2025 23:59