Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR471A
Admisión ao curso para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O obxecto do procedemento é a realización dun curso de formación para habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recretativas.
Este curso vai destinado ás persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público no que se realicen.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
Servizo de Coordinación, Planificación e Selección
Avda. da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206116/ 886206109
Email: seleccion.agasp@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
24/01/2025 00:00 - 02/01/2026 23:59
O prazo para a presentación das devanditas solicitudes, vinculada co procedemento PR471A, abrirase ao día seguinte de que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata a entrada en vigor da resolución correspondente ao exercicio 2026.
As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso, segundo o calendario das edicións do curso para o ano 2025, que se publica como anexo II a esta resolución.
Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a Agasp programará a súa realización e publicará na súa páxina web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición que se realice e, ademais, as persoas interesadas recibirán un correo electrónico e un sms, indicándolles toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).
Os requisitos para participar neste curso son os seguintes:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter a aptitude psicolóxica necesaria acreditada consonte o que dispón o artigo 8.4 do Decreto 48/2021, do 11 de marzo.
Presentación de solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal que figura como anexo I desta resolución.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
As persoas interesadas na realización do curso de formación deberán achegar coa solicitude o certificado de aptitude psicolóxica. Este certificado poderá ser expedido por un centro médico-psicotécnico debidamente autorizado consonte o disposto no Real decreto 170/2010, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de centros de recoñecemento destinados a verificar as aptitudes psicofísicas dos condutores, ou por persoal colexiado coa titulación de Psicoloxía ou Medicina.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos devanditos datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os referidos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 48/2021, do 11 de marzo, polo que se regula a actividade de control de acceso aos espectáculos públicos e actividades recreativas, así como aos establecementos ou espazos abertos ao público en que se realicen (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2021).
-
Resolución do 10 de xaneiro de 2025 pola que se fixan os criterios reguladores do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2025, e se convoca a súa realización (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de persoal voluntario.
Aberto todo o ano
Rexistro de Protección Civil: sección de entidades colaboradoras.
Aberto todo o ano