Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR471A - Admisión ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Obxecto
O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG nº 78, do 27 de abril).
A quen vai dirixido?
Poderán participar nas probas aquelas persoas que pretendan realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Requisitos
Para ser admitidos/as á realización das probas, os/as aspirantes, deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes prevista en cada convocatoria, os seguintes requisitos exixidos polo artigo 5 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas:
a) Ser maior de idade.
a) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender ao público en calquera delas.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Avda. da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206110
Fax: 886206122
Email: formacion.agasp@xunta.gal
Órgano responsable
Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).
Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 de 27 de abril de 2010).
Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).
Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).
Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).
Resolución do 29 de outubro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 212 del 7 de novembro de 2018).
Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 244 do 24 de decembro de 2018).
Resolución do 11 de febreiro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas (DOG nº 35 do 19 de febreiro de 2019).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
08/11/2018 00:00 - 05/12/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Información de taxas
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación. (Código taxa: 30.48.01)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
Documentación para a presentación
- Solicitude segundo o Anexo I da Resolución do 29 de outubro de 2018.
- As persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:
- a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.
- b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.
- c) Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso.
- d) Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1, 2, 3 e 4) cando non fose expedido directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Comprobación de datos.
Para a tramitación do procedemento PR471A (anexo I) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
- b) Situación de desemprego.
- c) Discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.
- d) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.
- e) Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1, 2, 3 e 4) sempre que fose expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Taxa
Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación será de 50.90 euros que serán ingresados mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.
Poden acceder a el desde a páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital, de forma presencial presentándose na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe pública nesa mesma páxina web, ou telemáticamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telemáticamente mediante cargo en conta ou con tarxeta.
As/os aspirantes deberán cubrir, nos puntos habilitados para o efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora, como telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:
Conselleria de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Código: 04.
Delegación de Pontevedra.
Código: 40.
Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública.
Código: 19.
Taxa: denominación: Participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación.
Código: 30.48.01.
Total: 50,90 euros.
Ademais as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nos puntos reservados para tal fin no dito modelo.
Están exentos do pagamento desta taxa:
1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregados no Instituto Nacional de Emprego.
2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de que a situación de discapacidade fose expedida pola Xunta de Galicia.
A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.
- As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medio electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"