Guía de procedementos e servizos

PR461N

Inscrición no proceso de acceso por promoción interna na categoría de Intendente principal de Policía Local

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 23/09/2025 00:00 - 20/10/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convocatoria do proceso selectivo de acceso por promoción interna a escala técnica, categoría de intendente principal, dos Corpos da Policía Local de Galicia

 Funcionario/a de carreira e ter en propiedade unha praza da categoría de intendente da Policía Local no Concello de Vigo.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

RUA DA CULTURA, S/N (ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE)

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206127

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/09/2025 00:00 - 20/10/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos, que deberán manter ata a toma de posesión como persoal funcionario:

a) Ter nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder, se é o caso, a idade de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión da titulación exixible para o acceso á categoría de intendente principal (grupo A, subgrupo A1), consonte a normativa de función pública.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de emprego ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario da cal a persoa fose separada ou inhabilitada. Será aplicable, porén, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que a persoa aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

f) Carecer de antecedentes penais por delito doloso.

g) Ser funcionario/a de carreira e ter en propiedade unha praza da categoría de intendente da Policía Local no Concello de Vigo.

h) Estar en situación de servizo activo na categoría de intendente no corpo da Policía Local no Concello de Vigo.

i) Ter unha antigüidade mínima de tres anos continuados na categoría de intendente. Para o seu cómputo teranse en conta os períodos durante os cales a persoa funcionaria tivo a consideración de persoal funcionario en prácticas, así como os períodos durante os que se atopou en situación de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude é o anexo I desta orde (código de procedemento PR461N).

Así mesmo, toda a documentación complementaria que se presente xunto coa solicitude de presentación deberá presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia,  e non se admitirá outra forma de presentación.

Poderase renunciar a participar neste proceso en calquera momento ata os dez días hábiles seguintes ao da publicación da relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas no Diario Oficial de Galicia.

Documentación complementaria

As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán anexar coa solicitude (anexo I) e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa con código 30.03.04 dentro do prazo establecido, agás que este proceso se inicie e finalice electronicamente, dado que o xustificante da taxa se xeraría de forma automática ao realizar o pagamento na sede electrónica.

b) Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o devandito carácter, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso se poderá consultar de oficio, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo I da solicitude.

c) Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso se poderá consultar de oficio, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo I da solicitude.

d) Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e) Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos puntos de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo II.

f) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados correspondentes ás epígrafes 1, 2, 4, 5, 6 e 7 do anexo II.

g) Certificado acreditativo de cumprir os requisitos recollidos nesta convocatoria nos puntos 2.1.g), 2.1.h) e 2.1.i):

• Ser funcionario/a de carreira e ter en propiedade unha praza da categoría de intendente da Policía Local no Concello de Vigo.

• Estar en servizo activo na categoría de intendente no corpo da Policía Local do Concello de Vigo.

• Ter unha antigüidade mínima de tres anos continuados na categoría de intendente. Para o seu cómputo teranse en conta os períodos durante os cales a persoa funcionaria tivo a consideración de persoal funcionario en prácticas, así como os períodos durante os que se atopou en situación de segunda actividade por causa de embarazo ou lactación.

h) Documentación acreditativa de representación.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais universitarios.

d) Títulos oficiais non universitarios.

e) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Administración autonómica.

b) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario da solicitude e anexar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores a presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Orde do 1 de setembro de 2025 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala técnica, categoría de intendente principal (DOG nº 174 do 10 de setembro de 2025).

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).

    • Resolución do 15 de setembro de 2025, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a convocatoria do proceso selectivo de acceso por promoción interna nos Corpos da Policía Local de Galicia, Escala Técnica, categoría de Intendente Principal (BOE núm. 228, de 22 de septiembre de 2025 ).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR460A

Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/01/2026 00:00 - 02/03/2026 23:59

PR460D

Subvencións a entidades locais para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento en espazos e instalacións acuáticas

Tramitar en liña

Prazo aberto: 05/02/2026 00:00 - 04/03/2026 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano