Guía de procedementos e servizos

PR461J

Inscrición proceso de provisión por mobilidade. Categoría inspector de Policia Local.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 14/09/2026 00:00 - 09/10/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto do proceso selectivo é a provisión por mobilidade das prazas dos corpos de Policía local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, subgrupo A2 que se relacionan na base primeira da orde da convocatoria.

Aspirantes por mobilidade dos corpos de Policía Local, escala executiva, categoría de inspector, subgrupo A2.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Rúa da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206127

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

14/09/2026 00:00 - 09/10/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da orde de modificación da Orde do 11 de agosto de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso de provisión por mobilidade no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén nos boletíns provinciais.



Non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.


Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461J):

a) Ter en propiedade a categoría de inspector noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de inspector.

c) Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de inspector.

d) Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino. No suposto de que obtivese o posto nun proceso de provisión por mobilidade, acreditar esta antigüidade de tres anos nese posto.

e) Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

f) Estar en posesión do título oficial de grao universitario ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais.

Os requisitos enumerados neste artigo, tanto para o acceso por promoción interna como provisión por mobilidade deberán acreditarse na data da presentación da solicitude, dentro do prazo fixado nesta convocatoria e deberanse manter ata que remate o proceso.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461J):

A solicitude é o anexo II desta orde (código de procedemento PR461J).

As solicitudes de participación no proceso vincularán as persoas solicitantes unha vez finalizado o prazo de presentación destas.

Poderase renunciar a participar neste proceso en calquera momento ata os dez días hábiles seguintes ao da publicación da relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

As prazas que non se cubran polo procedemento de mobilidade acrecentarán as de promoción interna. Isto só operará nos concellos que convocan ambos os procesos.

Taxas

1. Aboamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar dentro do prazo de presentación de solicitudes, en concepto de dereito de inscrición, o importe de 33,13 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes.

O pagamento da taxa poderá facerse:

a) Electronicamente: con cargo a unha tarxeta de crédito ou débito e, no caso de que se teña certificado dixital, poderase tamén facer con cargo a unha conta bancaria do titular. No momento de facer o pagamento obterase un xustificante (modelo 730).

b) Presencialmente: neste caso deberase imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle deberá selar o xustificante coa data do pagamento.

Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Deportes. Código 04.

Delegación: Servizos Centrais. Código 13.

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública. Código 19.

Taxa: Denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos da Policía Local de Galicia. Código 30.03.04.

A falta de pagamento da taxa correspondente ou a falta de xustificación desta, en prazo, determinará a exclusión no proceso da persoa aspirante e non será posible a súa corrección fóra do prazo de presentación de solicitudes.

A presentación do xustificante do aboamento das taxas non supoñerá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

2. Exención e bonificación no aboamento da taxa. Sempre que se cumpra o resto de requisitos.

a) Estarán exentas do pagamento desta taxa por dereito de inscrición as persoas membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo o artigo 11.3 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa ás:

• Persoas membros de familias numerosas de categoría xeral.

• Vítimas do terrorismo, tal e como se describe no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a documentación que se especifica no punto 3.4 desta orde.

Documentación a presentar para participar no proceso

Para o proceso de provisión por mobilidade (PR461J), xunto coa solicitude (anexo II), deberá achegarse:

a) Xustificante do pagamento da taxa con código 30.03.04 dentro do prazo establecido, agás que este proceso se inicie e finalice electronicamente, dado que o xustificante da taxa se xeraría de forma automática ao realizar o pagamento na sede electrónica.

b) Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o devandito carácter, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso poderase consultar, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo II da solicitude.

c) Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso poderase consultar, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo II da solicitude.

d) Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e) Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos puntos de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo IV.

f) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados que se deberán presentar na orde en que figura cada un dos méritos na relación de méritos do anexo IV citada no punto anterior.

g) Certificado acreditativo en que conste que se cumpren os requisitos recollidos nos números 2.2.a), 2.2.b), 2.2.c), 2.2.d) e 2.2.e) desta convocatoria de:

a) Ter en propiedade a categoría de inspector noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de inspector.

c) Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de inspector. Para o seu cómputo non se terán en conta os períodos durante os cales a persoa funcionaria tivese a consideración de persoal funcionario en prácticas.

d) Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

e) Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

h) Documentación acreditativa da representación

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais universitarios.

d) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Administración autonómica.

b) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario da solicitude e anexar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007,do 20 de abril, de coordinación de policías locais. (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009)

    • Corrección de errores.-Orden de 28 de enero de 2009 por la que se determinan las pruebas de selección, temarios y baremos de méritos para el ingreso, promoción interna y movilidad en los cuerpos de policías locales, para la integración de los vigilantes y auxiliares de policía o interinos, para el acceso como vigilantes municipales y la contratación de auxiliares de policía de temporada (DOG nº 31 del 13 de febrero de 2009).

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).

    • Orde do 11 de agosto de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461F) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461J) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (DOG nº 158 do 21 de Agosto de 2026).

    • Orde do 27 de agosto de 2026 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461F) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461J) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (DOG nº 166 do 2 de setembro de 2026).

    • Resolución do 2 de setembro de 2026, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a convocatoria de proceso selectivo de acceso por promoción interna e proceso de provisión por mobilidade, nos Corpos de Policía Local de Galicia, Escala Executiva, categoría de Inspector (BOE núm. 225, do 11 de setembro de 2026)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469A

Rexistro de Protección Civil: sección de agrupacións de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano