Guía de procedementos e servizos

PR461D

Inscrición proceso de provisión por mobilidade na categoría de policía local.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 06/08/2026 00:00 - 02/09/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convocar proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

Funcionarios aspirantes a outros Corpos da Policia Local.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Coordinación, Planificación e Selección

Rúa da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206109

Email: seleccion.agasp@xunta.gal

https://agasp.xunta.gal/es

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/08/2026 00:00 - 02/09/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O anuncio desta convocatoria será publicado tamén nos boletíns provinciais das catro provincias galegas.


a) Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de policía.

b) Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de policía.

c) Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

d) Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, salvo os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

e) Estar en posesión da titulación académica exixida para a categoría ou en condicións de obtela.

f) No suposto regulado no artigo 40 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, en relación coa participación simultánea en varios procesos de mobilidade, establecese como obriga a comunicación desta situación á Agasp e ao/aos concello/s interesado/s.

Nos supostos de que o persoal solicitante ocupe con carácter definitivo un posto obtido polo sistema de mobilidade anterior, debe permanecer no mesmo e acreditar un mínimo de tres anos de antigüidade no dito posto para poder participar neste proceso.

Os requisitos enumerados neste artigo, tanto para o acceso por oposición libre como provisión por mobilidade, deberán acreditarse na data da presentación da solicitude, dentro do prazo fixado nesta convocatoria e deberanse manter ata que remate o proceso selectivo, e no suposto de acceso por oposición libre, tanto na fase de oposición como no desenvolvemento do curso selectivo, incluído o período de prácticas nos concellos de procedencia.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, que é o anexo II desta orde.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de participación no proceso vincularán as persoas solicitantes unha vez finalizado o prazo de presentación destas.

Poderase renunciar a participar neste proceso en calquera momento e como máximo ata a publicación da lista que conteña a baremación definitiva realizada polo tribunal.

No suposto de estaren interesados/as en varias prazas ofertadas no anexo III desta orde, deberanas solicitar por orde de preferencia.

Taxas

1. Aboamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar dentro do prazo de presentación de solicitudes, en concepto de dereito de inscrición, o importe de 33,13 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes.

O pagamento da taxa poderá facerse:

a. Electronicamente: con cargo a unha tarxeta de crédito ou débito e, no caso de que se teña certificado dixital, poderase tamén facer con cargo a unha conta bancaria do titular. No momento de facer o pagamento obterase un xustificante (modelo 730).

b) Presencialmente: neste caso deberase imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle deberá selar o xustificante coa data do pagamento.

Os códigos para cubrir as taxas son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Deportes. Código 04.

Delegación: Servizos Centrais. Código 13.

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública. Código 19.

Taxa: denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos da Policía Local de Galicia. Código 30.03.04.

A falta de pagamento da taxa correspondente ou a falta de xustificación desta en prazo determinará a exclusión no proceso da persoa aspirante, e non será posible a súa corrección fóra do prazo de presentación de solicitudes.

A presentación do xustificante do aboamento das taxas non supoñerá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

2. Exención e bonificación no aboamento da taxa. Sempre que se cumpra o resto de requisitos.

a) Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

• Persoas membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

• Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

b) Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

• Ás persoas membros de familias numerosas de categoría xeral.

• Ás persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

• Ás vítimas do terrorismo, tal e como se describe no artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a documentación que se especifica no punto 3.4 desta orde.

Documentación complementaria

a) Solicitude (anexo II) debidamente cuberto e asinado.

b) Xustificante do pagamento da taxa (código 30.03.04), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.

c) Certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial, ou carné familiar en que conste o devandito carácter, sempre que non fose expedido pola Xunta de Galicia, xa que nese caso poderase consultar, sempre que a persoa non se opoña á súa consulta no anexo II da solicitude.

d) Resolución administrativa pola que se recoñeza a condición de vítima de terrorismo, de ser o caso.

e) Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido polo órgano competente na materia, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia.

f) Relación dos méritos que se acrediten, por cada un dos puntos de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo VI.

g) Copia da documentación acreditativa dos méritos alegados. A documentación acreditativa dos méritos deberase presentar na orde en que figura cada un dos méritos na relación de méritos do anexo.

Non é preciso remitir documentación acreditativa da epígrafe 3 do anexo VI relativa a formación profesional e docencia.

h) Certificado acreditativo en que conste que se compren os requisitos recollidos no punto 2.2 desta convocatoria de:

– Atoparse na situación administrativa de servizo activo na categoría de policía.

– Ter unha antigüidade mínima de tres anos na categoría de policía, desde a data de nomeamento como funcionario de carreira.

– Levar máis de tres anos de tempo efectivo e continuado no actual destino.

– Non atoparse en situación administrativa de segunda actividade, agás os casos de segunda actividade por embarazo ou lactación.

i) Documentación acreditativa da representación

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Comprobación de datos

Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais non universitarios.

d) Títulos oficiais universitarios.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Administración autonómica.

b) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

Nos dous procedementos (libre e mobilidade), no caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios da solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Para o proceso de provisión por mobilidade todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixiantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixiantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009)

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Lei 4/2007,do 20 de abril, de coordinación de policías locais. (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).

    • Orde do 21 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG nº 143 do 31 de xullo de 2026).

  • Ámbito Estatal
    • Resolución de 31 de julio de 2026, de la Dirección General de la Academia Gallega de Seguridad Pública, de la Consejería de Presidencia, Justicia y Deportes, por la que se publica la convocatoria de proceso selectivo para acceso por oposición libre y proceso de provisión por movilidad, en los Cuerpos de Policía Local de Galicia, Escala Básica, categoría de Policía («BOE» núm. 190, de 5 de agosto de 2026)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR467A

Medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia e outras condecoracións.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR468A

Rexistro de Protección Civil: sección de persoal colaborador.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR469A

Rexistro de Protección Civil: sección de agrupacións de persoal voluntario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano