Guía de procedementos e servizos

PR461B

Inscrición no proceso selectivo unitario policia local.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 23/07/2020 00:00 - 19/08/2020 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. O obxecto do proceso selectivo é cubrir 73 prazas dos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda de oposición libre, e 18 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1.

2. As prazas non cubertas pola quenda de concurso acumularanse á quenda de oposición libre e serán publicadas a través de resolución da persoa que ocupe a Dirección Xeral da Agasp.

3. O número, denominación e características das prazas que se convocan a este proceso selectivo especificase no anexo III desta orde.

Ata a data final en que se publique a listaxe definitiva de persoas admitidas a este proceso, logo de publicación no DOG a través de resolución da Dirección Xeral da AGASP, pode ser modificado o anexo III desta orde, relativo ao número, denominación e características das prazas que se convocan.

4. O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto estarase ao disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais; no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve, e na Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos da policía local, e o Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

Persoas aspirantes aos Corpos da Policia Local.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Secretaría Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

Servizo de Formación en Seguridade Pública

Avenida da Cultura, s/n

36680  Estrada, A  (Pontevedra)

Teléfono: 886206110

Email: formacion.agasp@xunta.gal

http://agasp.xunta.gal

Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/07/2020 00:00 - 19/08/2020 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Requisitos das persoas aspirantes.

1. As persoas interesadas en participar neste proceso, na quenda de oposición libre, deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española.

b) Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima establecida no artigo 56.1c) do Real decreto lexislativo 5/2015.

c) Ter unha estatura mínima de 1.65 metros para os homes e 1.60 metros para as mulleres.

d) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, estarase ao establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título a efectos profesionais.

e) Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B.

f) Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que o/a aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

g) Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidas.

h) Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da Policía Local.

  • Inscrición nos procesos selectivos para a selección dos membros dos corpos da policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local derivada da cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos ( 30.03.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que é o anexo I desta orde.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de inscrición o importe de 32.48 euros (Código da taxa: 30.03.04) e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VII cos códigos para a súa formalización facilitados nel.

A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberá figurar a data e selo da entidade bancaria, co formulario de solicitude no proceso selectivo determinará a exclusión no dito proceso da persoa aspirante, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

Poderase tamén realizar o pagamento pola Internet nas entidades financeiras autorizadas. Para isto, deberán acceder a oficina tributaria, a través da Web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal). Neste suposto, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de ter abonado a taxa (modelo 730) que será o que se presente coa solicitude.

En ambos os supostos, a presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición.

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

a) As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación serán comprobadas pola Administración, e deberán ser acreditadas, presentando coa solicitude a documentación que a continuación se indica, só no caso de opoñerse á dita comprobación.

– Copia do título oficial de familia numerosa, de carácter común ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

As persoas interesadas na quenda de oposición libre deste proceso deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.

b) Copia do título, de ser o caso, de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

d) Declaración responsable de portar armas, e, de ser o caso, de chegar a utilizalas e de que non está inhabilitado ou en situación equivalente nin foi sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público, conforme o modelo que figura como anexo VIII desta convocatoria.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

- A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximo establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento, na quenda de oposición libre, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Títulos non universitarios oficiais (bacharelato, técnico ou equivalente).

e) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

f) Situación de desemprego.

g) Titulo de familia numerosa, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

h) Certificado Celga 4 ou equivalente só cando sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística .

i) Permisos de conducir das clases B e A2.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 85 do 3 de maio de 2007).

    • Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 211 do 30 de outubro de 2008).

    • Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais, para a integración dos vixilantes e auxiliares de policía ou interinos, para o acceso como vixilantes municipais e a contratación de auxiliares de policía de tempada (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2009)

    • Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 89 do 12 de maio de 2010).

    • Corrección de erros.-Decreto 77/2010, do 29 de abril, polo que se modifica o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 98 do 26 de maio de 2010).

    • Decreto 60/2010, do 8 de abril, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos (DOG nº 75 do 22 de abril de 2010)

    • Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2016)

    • Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2017).

    • Orde do 8 de xullo de 2020 pola que convoca o proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (DOG nº 137 do 10 de xullo de 2020).

    • Orde do 26 de novembro de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos da policía local, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (DOG nº 249 do 11 de decembro de 2020).

    • Resolución do 23 de setembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quenda libre (DOG nº 200 do 2 de outubro de 2020).

    • Resolución do 12 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Resolución de 19 de xuño de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, referente á convocatoria de prazas de Policía Local de distintos Concellos (BOE nº 152 do 26 de xuño de 2019).

    • Resolución de 10 de xullo de 2020, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, referente á convocatoria de prazas de Policía Local en distintos Concellos (BOE nº 199 do 22 de xullo de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN690A

Habilitación - Modificación de entidades de certificación de conformidade municipal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR204D

Queixa ou denuncia de asistencia xurídica gratuíta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR461D

Inscrición proceso de provisión por mobilidade. Categoría de policía.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/07/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano