Guía de procedementos e servizos

PR460E

Subvencións a concellos para a elaboración e implantación de Plans de protección civil para risco de incendios forestais

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 06/03/2026 09:00 - 06/04/2026 20:00

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, destinadas ao financiamento dos gastos que realicen os municipios cunha poboación inferior a 10.000 habitantes, na elaboración, revisión e implantación do plan de actuación municipal para o risco de incendios forestais.

Poderán ser beneficiarios os municipios galegos de menos de 10.000 habitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter obriga de contar con Plan de actuación municipal ante o risco de incendios forestais, conforme se determina no plan Peifoga.

2. Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2024 no Consello de Contas de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil

Servizo de Prevención e Análise de Riscos

rúa Roma, 25-27

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546007

Email: proteccioncivil.emerxencias@xunta.gal

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/03/2026 09:00 - 06/04/2026 20:00

 O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes e comezará a computarse transcorridos cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a partir das 9.00 horas. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte, tamén ás 9.00 horas. O día de finalización do prazo poderán presentarse as solicitudes ata as 20.00 horas.

Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non existe día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación sen condicións das presentes bases reguladoras.

5. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de inadmisión da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación complementaria

1. Os municipios interesados deberán anexar co anexo III da solicitude, debidamente cumprimentado, a seguinte documentación:

a) Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da secretaría do municipio solicitante, no modelo do anexo IV, na cal se faga constar:

i. O acordo do órgano municipal competente do municipio polo cal se solicita a subvención para actuacións concretas que se pretenden desenvolver ao amparo desta orde e acéptanse as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela.

Este acordo deberá estar adoptado antes o vencemento do prazo de presentación de solicitudes e nel constará expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde.

ii. A remisión da conta xeral do municipio ao Consello de Contas de Galicia, correspondente ao exercicio orzamentario de 2024, á cal fai referencia o artigo 3.2 desta orde.

No certificado quedará acreditado que esta remisión efectuouse antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de envío ao Consello de Contas e non se admitirán aquelas en que non se faga constar esta data de remisión.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias anexadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaian a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a concellos, para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 9 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a concellos, para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN229A

Declaración de concello emprendedor.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT200A

Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT811A

Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/12/2025 00:00 - 11/09/2026 23:59

PR402A

Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano