Guía de procedementos e servizos

PR450A

Equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos programa Galicia Feder 2021-2027

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 14/08/2026 00:00 - 14/09/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2026.

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Rúa Roma, nº 25-27. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981526024

Email: emerxencias.interior@xunta.gal

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

14/08/2026 00:00 - 14/09/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento, non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.


  1.  Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e ao Decreto 56/2000, do 3 de marzo, ou que presentase oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC nel. Neste caso a concesión da subvención queda condicionada á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como máis tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.

  2.  Ter presentado as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2024 no Consello de Contas de Galicia.

  3. Que non recibisen o mesmo equipamento por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ou organismos e entidades adscritas a esta nos últimos 5 anos.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Os concellos, individualmente, mancomunados ou agrupados, que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán a solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior segundo o modelo que figura como anexo I desta orde. A solicitude deberá ir acompañada da documentación complementaria que se establece no artigo 6 desta norma, segundo proceda.

Cada solicitante, en función das súas necesidades, deberá pedir por orde de preferencia o equipamento das liñas, tendo en conta o dito na alínea c) do artigo 3 desta orde e, se é o caso, concederáselle o solicitado ata o límite de existencia de acordo co seguinte criterio:

Na primeira quenda de adxudicación, cada solicitante só poderá obter equipamento dunha liña entre a 1 e a 2; unha vez resolta e, de seguiren quedando existencias, poderían acceder ao equipamento da outra liña, seguindo os criterios xa establecidos.

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificado da compañía aseguradora das pólizas subscritas (accidentes e responsabilidade civil) en que conste o número de asegurados que é persoal voluntario de protección civil. No caso de estaren incluídos dentro das pólizas de seguro do concello, mancomunidade ou agrupación de concellos, remitirase unha certificación ou declaración do órgano competente do concello ou mancomunidade, en que se indique o número de persoal voluntario de protección civil incluído dentro das pólizas.

b) Certificado ou declaración dos servizos de emerxencia provinciais ou das entidades locais a que se refire o artigo 10.2 desta orde.

c) Certificado do/da secretario/a da entidade solicitante da presentación das contas da entidade no Consello de Contas de Galicia, a que fai referencia o artigo 3.b) desta orde. No caso de agrupación de concellos, un certificado por cada concello.

d) Certificado do órgano competente da mancomunidade ou agrupación de concellos en que se indique a prestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil.

e) No caso de realizar a petición conxunta como agrupación de concellos, a certificación de cada pleno ou xunta de goberno aprobatorio de tal acordo e condicións deste.

f) No caso de realizar a petición como mancomunidade ou agrupación de concellos, terán que presentar a memoria de aforros de custo e os últimos orzamentos publicados e aprobados, para os efectos da aplicación do artigo 10, número 3.c).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. A presentación da solicitude leva implícita a autorización para a publicidade, inscrición no rexistro procedente e o tratamento necesario dos datos persoais das persoas beneficiarias para esas finalidades, así como a especificada no artigo 11, por exixencia normativa, segundo se establece no artigo 16 desta orde.

6. O defecto na solicitude ou a falla de documentos complementarios e obrigatorios seralles notificado por medios telemáticos aos interesados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que é o órgano competente para a instrución do procedemento e, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo improrrogable de dez días para emendar os erros ou omisións.

Transcorrido este prazo e de non producirse a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Comprobación dos datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

c) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

d) NIF da entidade solicitante.

e) Consulta de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

f) Consulta de estar ao día no pagamento coa AEAT para subvencións e axudas.

g) Consulta de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, para o ano 2026, para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60 %, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (DOG nº 152 do 13 de Agosto de 2026).

    • Extracto da Orde do 3 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, para o ano 2026, para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados pola Unión Europea nun 60 %, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (DOG nº 152 do 13 de Agosto de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR451A

Equipamento de vehiculos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con Corpo de Policía Local (Fondos Feder 2007-2013).

Tramitar en liña

Prazo pechado: 10/02/2015 00:00 - 09/03/2015 23:59

PR452A

Procedemento para determinar a asociación profesional de policía local máis representativa para participar na Comisión de Coordinación de Policías Locais.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 21/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59