Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

PR420A - Premios coopera Galicia entidades locais.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 14/09/2016 - 14/11/2016.

Dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • As entidades solicitantes deberán xuntar á solicitude a seguinte documentación:
    • a) Proxecto piloto de xestión compartida de servizos co seguinte contido mínimo, concretado adecuadamente para facilitar a valoración consonte os criterios establecidos no artigo 8 e coa estrutura que se indica a continuación:
      • Sección 1. Relación e descrición dos servizos cuxa xestión compartida se pretende establecer ou mellorar e cifra de poboación atendida por cada servizo. As categorías de servizos serán as derivadas da xestión das competencias establecidas no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do rexime local.
      • Sección 2. Situación actual da prestación dos servizos nos concellos integrados na agrupación, mancomunidade, consorcio ou área metropolitana, poboación total, número de núcleos de poboación da área e extensión territorial en km2.
      • Sección 3. Obxectivos que se establecen para a implantación ou mellora do modelo de xestión compartida.
      • Sección 4. Procedemento de implantación, xestión e supervisión do proxecto.
      • Sección 5. Orzamento detallado do proxecto.
      • Sección 6. Estudo económico comparativo da estimación dos custos de xestión individual por cada concello fronte á estimación de custos da súa xestión compartida, en relación cos recursos materiais, persoais e económicos necesarios para a prestación dos servizos que integran o proxecto piloto, con especial incidencia na aplicación de criterios de eficacia e eficiencia e racionalización de actuacións e o aforro de custos sen perda de calidade na prestación.

        Este estudo económico deberá incluír, en todo caso, un cadro comparativo de aforro de custos en que se consignarán os datos da diferenza dos custos da execución compartida do proxecto piloto respecto da execución individual da prestación dos servizos por cada concello participante.

        Neste cadro comparativo consignaranse o importe total do orzamento da actuación conxunta e os importes en euros que representen o cálculo do custo que a prestación individual dos servizos produciría para cada un dos concellos de non optaren pola xestión compartida.
      • Sección 7. Cronograma da implantación do proxecto piloto. Os proxectos presentados deberán axustarse a un teórico prazo máximo de implantación de 12 meses.
    • b) Declaración responsable asinada polo representante da agrupación de concellos, consorcio, mancomunidade ou área metropolitana, segundo o modelo do anexo I desta orde, en que se faga constar:
      • O conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas para o proxecto que se presenta á convocatoria do premio Coopera Galicia Entidades Locais, de calquera outra administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional e, se e o caso, as contías solicitadas ou concedidas.
      • Que nin a entidade solicitante nin, se e o caso, ningún dos concellos integrantes da agrupación que participan na solicitude, están incursos en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

        Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que a entidade está ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non e debedora por resolución de procedemento de reintegro.

        No caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
    • c) No caso das mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, achegarase unha certificación emitida pola secretaría da mancomunidade, consorcio ou área metropolitana, no modelo do anexo II desta orde, na cal se faga constar:
      • c.1. O acordo do órgano competente da entidade local polo cal se aproba o proxecto piloto de xestión compartida do servizo ou servizos e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta orde.

        No referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

        O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
      • c.2. A remisión das contas da entidade local ao Consello de Contas de Galicia, correspondentes ao exercicio orzamentario de 2014, a que fai referencia o artigo 3.3 desta orde. No certificado quedará acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes, polo que se consignará a data de remisión ao Consello de Contas de Galicia e non se admitirán aquelas en que non se faga constar a data de remisión.

        O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
    • d) No caso das agrupacións de concellos, achegarase a seguinte documentación:
      • Unha certificación emitida pola secretaría do concello representante no modelo do anexo III desta orde, na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos asociados ou agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:

        d.1. Que todos os concellos integrantes da agrupación aprobaron o proxecto piloto de xestión compartida do servizo ou servizos e aceptaron as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta orde.

        Nos referidos acordos deberá constar expresamente que se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, e os acordos deberán estar adoptados antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

        d.2. O nomeamento do/a alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a do premio.

        d.3. Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia correspondentes ao exercicio orzamentario 2014, segundo exixe o artigo 3.3. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

        Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas ou asociadas, determinará a inadmisión da solicitude.

        Os acordos orixinais emitidos polos concellos integrantes da agrupación, así como as certificacións emitidas polos/as secretarios/as destes concellos deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
      • O instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos que integran o proxecto piloto, o cal deberá incluír, en todo caso, a designación do/a alcalde/sa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
    • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño,de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA COAS EE.LL.

SERVIZO DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA
Praza de Europa, 5A, 4º - Polígono de Fontiñas
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981546211 / 881997171 Fax: 981546569
Email: administracionlocal@xunta.es
Información web: http:///xunta.es/vicepresidencia-cpapx

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Coopera Galicia Entidades Locais 2016, instituídos para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos mellores proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia, para a mellora dos sistemas xa implantados ou para novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo os derivados da xestión das competencias municipais recollidas no artigo 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

A concesión dos premios realizarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Beneficiarios:

Poderán optar a estes premios as agrupacións de concellos de Galicia, as mancomunidades de concellos de Galicia, os consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas, se as houber, que presenten un proxecto piloto de xestión compartida de servizos para a mellora dos sistemas xa implantados ou para novos proxectos de establecemento e organización da xestión compartida de servizos.

Para os efectos desta orde, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.

Requisitos:

Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que se dean algunhas das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Todas as entidades participantes deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas do exercicio orzamentario de 2014. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberá acreditalo cada un dos concellos integrantes da agrupación.

- Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forma parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

AUTONÓMICA

Orde do 23 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais 2016 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2016).

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (14/09/2016 - 14/11/2016)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional