Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR410A - Acceso ás bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas.
1. Efectúase a presente convocatoria para a ampliación e actualización das tres bolsas de ámbito autonómico que entraron en vigor o 10 de maio de 2018, para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia en cada unha das seguintes subescalas:
a) Secretaría-intervención.
b) Intervención-tesouraría.
c) Secretaría.
2. A presente convocatoria réxese polas disposicións contidas na Orde do 30 de novembro de 2017 da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG núm. 229, do 1 de decembro), en especial polo disposto no seu capítulo II que establece as «bases das bolsas para a selección de persoal interino».
3. Non teñen obriga de presentar nova solicitude as persoas que xa forman parte de calquera das listas correspondentes ás subescalas de secretaría-intervención, secretaría e intervención-tesouraría en virtude da Resolución do 7 de maio, da Dirección Xeral de Administración Local publicada no DOG do 9 de maio de 2018, que se así o consideran, poderán presentar solicitude de actualización de méritos de conformidade co disposto no artigo 6 desta resolución.
Non obstante, aqueles que en virtude de chamamento polas bolsas convocadas no ano anterior, estean excluídas das listas definitivamente por renunciar ao destino adxudicado sen a conformidade da entidade local, para volver a formar parte das bolsas terán que presentar nova solicitude de inclusión dentro dos prazos establecidos nesta convocatoria.
4. Este procedemento habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia co código PR410A para a presentación de solicitudes de novas inclusións e co código PR410B para a presentación de solicitudes de actualización de méritos, estando dispoñibles os formularios correspondentes no enderezo https://sede.xunta.gal
Este procedemento habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia co código PR410A para a presentación de solicitudes de novas inclusións, estando dispoñibles os formularios correspondentes no enderezo https://sede.xunta.gal
Persoas aspirantes a formar parte de calquera das bolsas para a selección de persoal interino do corpo de persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.
1. Os novos aspirantes que vaian formar parte de calquera das tres bolsas que se amplían pola presente convocatoria deberán reunir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes os requisitos xerais establecidos no punto 1 do artigo 3 da Orde do 30 de novembro de 2017, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG núm. 229, do 1 de decembro).
2. Respecto da titulación exixida, as persoas candidatas deberán posuír, ou estar en condicións de obter á data de finalización do prazo de presentación de instancias, da titulación universitaria exixida para o ingreso nos corpos ou escalas clasificados no subgrupo A1. De acordo co previsto no texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente homologación do título. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local
Rúa Madrid 2-4 Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546579
Dirección Xeral de Administración Local
Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional (DOG nº 229 do 1 de decembro de 2017).
Resolución do 28 de decembro de 2017 pola que se modifica a Resolución do 1 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para o acceso ás bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).
Resolución do 26 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se efectúa a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional das entidades locais galegas (DOG nº 71 do 11 de abril de 2019).
Resolución do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións provisionais de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e de galego no procedemento de selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019 (DOG nº 91 do 14 de maio de 2019).
Resolución do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional. (DOG nº 92 do 15 de maio de 2019),
Resolución do 11 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019 e se convocan as correspondentes probas selectivas (DOG nº 114 do 18 de xuño de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
12/04/2019 00:00 - 07/05/2019 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Inscrición para a inclusión nas bolsas para a selección de persoal funcionario interino para ocupar postos reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional (Código taxa: 30.03.03)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
-
Para ser admitidas na presente convocatoria, as persoas interesadas en solicitar nova inclusión presentarán a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado PR410A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que se incorpora a esta resolución como anexo I así como aboar as taxas ou xustificar a súa exención de conformidade co disposto no artigo 4 desta resolución.
A titulación e formación exixidas para participar neste procedemento permite aos aspirantes acceder e dispoñer dos medios necesarios para a presentación de solicitudes e realización doutros trámites regulados nesta resolución utilizando só medios electrónicos, dando así cumprimento á previsión do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
-
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación de solicitude aquela en que fose realizada a dita emenda.
-
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 ).
-
As persoas solicitantes para nova inclusión nas listas terán que cubrir debidamente todos os campos obrigatorios exixidos no formulario anexo I, Solicitude, no procedemento PR410A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e indicarán necesariamente a subescala ou subescalas en que solicitan a súa inclusión, así como a zona de preferencia en que desexen estar incluídas. No caso de haber solicitudes que non indiquen todo o anterior, serán rexeitadas sen máis trámites.
-
As solicitudes conterán, ademais, unha declaración responsable de que cumpre cos requisitos xerais sinalados no artigo 3.1 da citada Orde do 30 de novembro de 2017, de que ten acreditado o coñecemento do idioma galego segundo o disposto no artigo 3.2.b) desa mesma orde, se for o caso, e da veracidade da relación de méritos que alega dos sinalados no artigo 5 tamén nesa mesma orde.
-
Teranse en conta unicamente aqueles requisitos e méritos que as persoas interesadas fagan constar expresamente na súa solicitude de incorporación á bolsa e que queden debidamente acreditados.
-
Pagamento de taxas para solicitudes de novas inclusións .
1. Para o pagamento das taxas, a persoa solicitante de nova inclusión nas listas, deberá seguir os pasos descritos nos seguintes puntos, segundo estea ou non exenta total ou parcial das taxas.
2. Exenta de pagamento: consonte o artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentos do pagamento:
Do importe total da taxa:
– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Do 50 % do importe:
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da publicación desta convocatoria no DOG e que na data de presentación da solicitude non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
A persoa solicitante deberá facer constar na súa solicitude a circunstancia pola que está en situación de exención ou bonificación do pagamento da taxa, e a Administración consultará os datos sobre discapacidade, familia numerosa ou desemprego, agás que se opoña á consulta en cuxo caso terá que presentar copia dos documentos xustificativos da exención do pagamento na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) xunto coa solicitude e demais documentación dentro do prazo de presentación de instancias.
3. Non exenta de pagamento: a persoa solicitante deberá aboar 17,60 euros que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Os impresos de autoliquidación para os solicitantes non exentos ou exentos do aboamento do 50 %, cubriranse indicando os seguintes códigos:
– Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: código: 04.
– Delegación de servizos centrais: código: 13.
– Servizo de Administración Local: código: 18.
– Denominación: inscrición para a inclusión nas bolsas para a selección de persoal funcionario interino para ocupar postos reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter nacional (código 30.03.03).
Forma de pagamento:
O pagamento da taxa poderase efectuar de dous xeitos diferentes:
• A través do impreso de autoliquidación –A ou AI–, en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
• De forma telemática, podendo optar por: un pagamento telemático que xeraría un modelo 730, ou presencial que xeraría un modelo 731, para ingresar na entidade bancaria.
Os modelos válidos que se deberán presentar como xustificante de pagamento de taxas son os modelos A, AI, 730 e 731.
Procedemento para aboar as taxas:
Nas entidades bancarias:
• Co impreso de autoliquidación de taxas «A». Tamén pode xerar o impreso modelo AI autoliquidación de taxas desde a Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal/).
Por internet:
• Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Axencia tributaria de Galicia e siga a ruta cidadáns > pago telemático de taxas e prezos > iniciar taxa.
Desde aquí optará por realizar o pagamento telemático xerando o modelo 730 ou presencial en que xeraría un modelo 731.
Tanto no caso do pagamento presencial como no caso do pagamento electrónico, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, debendo presentar o xustificante do pagamento na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) xunto coa solicitude e demais documentación.
5. Para a devolución da taxa aboada as persoas solicitantes deberán figurar como excluídas nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola cal se aproben.
Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación de solicitudes de novas inclusións .
-
As solicitudes de novas inclusións virán acompañadas dos documentos acreditativos dos méritos que no seu caso sexan alegados, así como do xustificante de aboamento total ou parcial de taxas.
-
Respecto dos méritos alegados, a persoa solicitante deberá presentar copia dos seguintes documentos acreditativos:
-
a) Certificado da Secretaría da corporación local correspondente sobre os servizos prestados en postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional en virtude de nomeamento accidental ou interino.
-
b) Certificación acreditativa emitida polo órgano competente dos exercicios superados da oposición de acceso á escala de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, onde conste a orde de convocatoria a que corresponden, así como os exercicios superados en cada caso.
-
c) Título oficial, equivalente ao nivel Celga 4, cando non sexa expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-
-
Respecto das taxas, en caso de obriga de pagamento total ou parcial, terá que xuntar obrigatoriamente o xustificante do pagamento.
En caso de exención total ou parcial, se a persoa solicitante se opón expresamente á consulta dos datos sobre discapacidade, familia numerosa ou desemprego nos recadros habilitados para estes efectos no anexo I, deberá presentar copia dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen xunto coa solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento PR410A.
-
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar na solicitude en que momento e ante que órgano administrativo os presentou.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código (PR410A) e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro e entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
-
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación do procedemento de novas inclusións, consultaranse automaticamente os datos relativos á nacionalidade, idade e titulación das persoas participantes, ademais dos datos sobre discapacidade, familia numerosa ou desemprego, para os casos de exención total ou parcial de taxas, e incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) DNI da persoa solicitante e DNI/NIE da persoa representante, se for o caso.
-
b) Título oficial universitario que conste no Rexistro Central do Ministerio de Educación e que dean acceso á subescala en que se inscriba.
-
c) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
-
d) Certificado de discapacidade.
-
e) Título de familia numerosa de carácter xeral ou especial.
-
f) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que figura como demandante de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
-
g) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
2. No caso de que as persoas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos xunto coa solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia no procedemento PR410A.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
ANO 2021
Listaxes refundidas
Aptos curso de formación
Puntuacións definitivas: notas da proba tipo test e valoración de méritos
Puntuacións provisionais: notas da proba tipo test e valoración de méritos
Resultados provisionais da proba tipo test do 25.9.2021
Exame de galego
Exame tipo test
Repartición de aulas para as probas do 25 de setembro
Aula 5 (preséntanse a 2 subescalas)
- Secretaría-Intervención / Secretaría de Entrada
- Secretaría-Intervención / Intervención-Tesourería
- Secretaría de Entrada / Intervención-Tesourería
Aula 7 (preséntanse a 1 subescala)
- Intervención-Tesourería
Aula 11 (preséntanse a 1 subescala)
- Secretaría-Intervención
- Secretaría de Entrada
Salón de actos (preséntanse ás 3 subescalas)
Listaxes definitivas
Listaxes provisionais
Resolucións
- Resolución do 14 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas
- Resolución do 5 de novembro de 2021, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, pola que se se fan públicas as puntuacións definitivas da proba tipo test e dos méritos baremados das persoas aspirantes no procedemento para novas inclusións (procedemento PR410A)
- Resolución do 27 de outubro de 2021 pola que se convocan os cursos de formación práctica do persoal interino que desempeñe os postos reservados a funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia con habilitación de carácter nacional
- Resolución do 11 de outubro de 2021, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado pola Resolución do 14 de maio de 2021, pola que se dá publicidade de diversos acordos
- Resolución do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a relación das persoas convocadas para a realización da proba de coñecemento do idioma galego no procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado mediante Resolución de 14 de maio de 2021 e se fan públicos a data, a hora e o lugar da realización da devndita proba
- Resolución do 1 de outubro de 2021 do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado por Resolución do 14 de maio de 2021, pola que se dá publicidade a diversos acordos
- Resolución do 13 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións definitivas de admitidos e excluídos no procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado mediante a Resolución do 14 de maio de 2021, e se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test
- Resolución do 13 de setembro de 2021 do tribunal cualificador da proba test e da proba de galego para a selección de persoal interino
- Resolución do 28 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional
- Resolución do 21 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións provisionais de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e de galego no procedemento de selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado mediante a Resolución de 14 de maio de 2021
ANO 2019
Listaxes refundidas
Curso de formación
- Notas e méritos. Intervención-Tesourería
- Notas e méritos. Secretaría de Entrada
- Notas e méritos. Secretaría-Intervención
Exame tipo test
- Notas e méritos. Intervención-Tesourería
- Notas e méritos. Secretaría de Entrada
- Notas e méritos. Secretaría-Intervención
- Cadro de respostas
- Exame proba tipo test realizada o 20.6.2019
Repartición de aulas para as probas do 20 de xuño
- Aula 1. Intervención-Tesourería
- Aula 2. Secretaría-Intervención / Secretaría de Entrada
- Aula 5. Secretaría-Intervención / Secretaría de Entrada
- Aula 6. Secretaría-Intervención / Intervención-Tesourería
- Salón de actos. Todas as subescalas
Listaxes definitivas
Listaxes provisionais
Resolucións
- Resolución do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións provisionais de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e de galego no procedemento de selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019
- Resolución do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional
- Resolución do 19 de maio de 2019, do tribunal cualificador da proba test e da proba de galego para a selección de personal interino
- Resolución do 11 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado mediante a Resolución do 26 de marzo de 2019 e se convocan as correspondentes probas selectivas
- Resolución do 26 de xuño de 2019, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado por Resolución de 26 de marzo de 2019 e pola que se lle dá publicidade a diversos acordos
- Resolución da Dirección Xeral de Administración Local, do 30 de xullo de 2019, pola que se fan públicas as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional
ANO 2018
Listaxes definitivas de persoal interino
- Listaxe definitiva de Secretaría de Entrada
- Listaxe definitiva de Secretaría de Intervención
- Listaxe definitiva de Subescala Intervención-Tesourería
Puntuacións definitivas
- Puntuacións definitivas de Secretaría de Entrada
- Puntuacións definitivas de Secretaría de Intervención
- Puntuacións definitivas de Subescala Intervención-Tesourería
- Resolución sobre as listas definitivas
Resultados
- Méritos provisionais das probas selectivas
- Notas provisionais de Secretaría de Entrada
- Notas provisionais de Secretaría de Intervención
- Notas provisionais de Subescala Intervención-Tesourería
- Proba de galego
Exame tipo test
Exame de galego
- Relación de persoas convocadas ao exame de galego
- Lugares de celebración do exame, distribución das persoas convocadas e horario:
Relacións de persoas admitidas (listas provisionais)
Relacións de persoas admitidas (listas definitivas)
Relacións de persoas excluídas (listas provisionais)
Relacións de persoas excluídas (listas definitivas)
Resolucións
- Resolución do 24 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2017, para as subescalas de secretaría-intervención e secretaría, categoría de entrada
- Resolución do 6 de febreiro de 2018 pola que se nomea o tribunal cualificador da proba tipo test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional
- Resolución do 5 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións provisionais de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución de 1 de decembro de 2017 para a subescala de Intervención-Tesourería
- Resolución do 16 de febreiro de 2018, do tribunal cualificador da proba test e da proba de galego para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do 1 de decembro de 2017 (DOG núm 237 do 15 de decembro), pola que se fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación da proba tipo test e de coñecemento do idioma galego
- Resolución do 16 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por Resolución de 1 de decembro de 2017 para ás subescalas de secretaría-intervención e secretaría, categoría de entrada, e se convocan as correspondentes probas selectivas
- Resolución do 22 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2017, para a subescala de intervención-tesouraría, e se convocan as correspondentes probas selectivas
- Resolución do 9 de marzo de 2018, do tribunal designado para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional no proceso convocado por Resolución de 1 de decembro de 2017 (DOG número 234, do 15 de decembro) e pola que se lle dá publicidade a diversos acordos
- Resolución do 21 de marzo de 2018 pola que se convocan os cursos de formación práctica do persoal interino que desempeñe postos reservados a funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia con habilitación de carácter nacional
- Resolución do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a relación de persoas declaradas aptas para formar parte das bolsas para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións a concellos galegos para a mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público. Feder 2014-2020
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Autorización de alleamento, permuta ou cesión de bens municipais.
Autorización para a desafectación de bens municipais.