Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR403B
Inscrición doutras entidades locais.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
- No caso de Áreas metropolitanas: denominación, número e denominación dos municipios que a integran, capitalidade, órganos de goberno e administración e competencias.
- No caso de mancomunidades de municipios: denominación, nº e denominación dos municipios mancomunados, sede da entidade, provincia ou provincias ás que pertence, órganos de goberno e obras e servicios da súa competencia.
- No caso de consorcios locais: denominación, nº e denominación das entidades locais consorciadas, administracións públicas distintas das entidades locais consorciadas, entidades privadas consorciadas, sede da entidade, órganos de goberno e xestión e obras e/ou servicios da súa competencia.
- No caso de entidades locais menores: denominación, capitalidade, municipio e provincia a que pertence, extensión superficial e límites, poboación e réxime de funcionamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Administración Local
Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Local
Rúa Madrid, 2-4, edificio EGAP
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540096
Fax: 881997599
Email: administracionlocal@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Certificación do texto íntegro do acta da sesión constitutiva da entidade local de que se trate.
- A documentación complementaria, que figura no anexo de solicitude de cada procedemento, deberá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
- As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante, de forma electrónica, superase os tamaños límites ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia .
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
-
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149 do 5 de agosto de 1997).
-
Decreto 371/1998, do 10 de decembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades Locais de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 1999).
-
Orde do 8 de marzo de 2000 de desenvolvemento do Decreto 371/1998, do 10 de decembro, polo que se regula o Rexistro de Entidades Locais de Galicia (DOG nº 58 do 23 de marzo de 2000).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás entidades locais.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59
Declaración urxente de ocupación de bens de expropiación.
Aberto todo o ano